-
Period: to
S. XIX: A Idade Contemporánea
-
Invasión Napoleónica
Napoleón cruza España para invadir Portugal co permiso de Carlos IV e o primeiro ministro Manuel Godoy. -
Motín de Aranjuez
Foi un levantamento militar motivado pola mala xestión do ministro Godoy. Algunhas das causas máis destacadas son a escaseza de materias primas que proviñan de América ou o descontento da nobreza e o clero. -
Guerra da Independencia
España, Reino Unido e Portugal uniron as súas forzas para loitar contra o exército napoleónico. Pretendían acabar co avance de Napoleón, que quería nomear ao seu irmán Xose como o novo rei de España. -
Abdicacións de Baiona
Foron unha serie de abdicacións forzadas nas que Carlos IV e Fernando VII renunciaron aos seus dereitos á coroa a favor de Napoleón, que pretendía establecerse na península ibérica. -
Redación da Constitución Española
As Cortes abriron as súas portas para recibir a uns trescentos deputados cuxos principios eran a soberanía nacional, a igualdade ante a lei e a defensa da propiedade privada. -
Aprobación da Constitución Española
As Cortes Xerais de Cádiz aproban finalmente a chamada Constitución de Cádiz ou Pepa, dado a que se asinou o día de San Xosé. É unha das constitucións españolas máis liberais. -
Sexsenio absolutista
O rei Fernando VII volve a ocupar o trono en España tras a expulsión de Xosé Bonaparte e as tropas francesas. Durante os primeiros seis anos do seu reinado, restableceu o absolutismo anterior ao periodo constitucional. -
Trienio Liberal
O pronunciamento do Coronel Rafael del Riego propiciou que Fernando VII fose obligado a xurar pola Constitución Española de 1812 e a suprimir a Inquisición. Os liberais toman o poder. -
Década Ominosa
Foi un período no que Fernando VII restaurou o absolutismo e se perseguiu ferozmente a todos os liberais. -
Cen Mil Fillos de San Luis
Francia interviu militarmente en España para apoiar a Fernando VII na súa loita co liberalismo para poder así restablecer o rexime absolutista. -
Rexencia de María Cristina de Borbón
María Cristina ocupou o trono español mentres a súa filla, Isabel, era menor de idade. Tivo que facer fronte á Guerra Carlista aliándose cos liberais. -
Primeira Guerra Carlista
Foi unha guerra civil entre os carlistas, partidarios do infante Carlos de Borbón e o seu réxime absolutista, e os isabelinos, defensores de Isabel II e o seu goberno liberal. Estes últimos contaban co apoio de Portugal, Francia e Reino Unido. -
Desamortización de Mendizábal
Mendizábal puxo en marcha un proceso de expropiación forzosa aos bens da Igrexa católica, co obxectivo de facer fronte aos custos da guerra contra os carlistas e alimentar as arcas públicas do estado. -
Constitución Progresista do 37
Foi unha iniciativa do Partido Progresista para aprobar unha constitución de consenso co Partido Moderado que permitise a alternancia dos dous partidos liberais sen que cada vez que cambiase o goberno houbese que cambiar a Constitución. -
Rexencia de Espartero
Tras unha revolución, María Cristina de Borbón ten que abandonar o país. Por este motivo, o xeneral Baldomero Espartero sucédea na rexencia. -
Coroación de Isabel II
Con tan só trece anos, Isabel II foi declarada maior de idade e tivo que xurar a Constitución ante as Cortes. -
Década Moderada de Narváez
Durante dez anos os liberais conservadores do Partido Moderado detentaron en exclusiva o poder grazas ao apoio da Coroa, sen que os liberais progresistas tivesen a máis mínima oportunidade para acceder ao goberno. -
Constitución Moderada do 45
Foi a norma suprema durante o reinado de Isabel II. Estivo vixente ata a proclamación da Constitución Española de 1869, aínda que houbo varios intentos para substituíla. -
Segunda Guerra Carlista
Foi un conflito bélico que tivo lugar fundamentalmente en Cataluña debido ao fracaso dos intentos de casar a Isabel II co pretendente carlista, Carlos Luís de Borbón. -
Primeira construción do ferrocaril en España
Inaugúrase o ferrocarril coa línea Barcelona - Mataró . O ferrocarril foi un éxito total e contribuíu a facilitar o crecemento e a prosperidade do país. -
Inauguración do Congreso dos Deputados
O proxecto do Palacio das Cortes foi elaborado e executado polo arquitecto Narciso Pascual Colomer, sendo inaugurado pola raíña Isabel II. -
Bienio Progresista
Breve período no cal o Partido Progresista pretendeu reformar o sistema político de Isabel II, profundando nas características do réxime liberal tras o fracaso dos gobernos moderados da década anterior. -
Goberno da Unión Liberal: O´Donnell
O Xeneral O' Donnell ascendeu ao poder despois de afirmar nas Cortes que estaba decidido a acabar co goberno progresista de Espartero. -
Goberno Provisional
Foi o goberno transitorio que se formou en España tras o triunfo da Gloriosa. Constitúe o primeiro período do Sexenio Democrático. -
A Gloriosa
Foi unha sublevación militar que tivo lugar en España. Supuxo o destronamento e exilio da raíña Isabel II e o inicio do Sexenio Democrático. -
Constitución do 69
Foi abolida tras o pronunciamento de Martínez Campos (1874), que deu paso á Restauración Borbónica en España. -
Reinado de Amadeo de Saboia
O seu reinado estivo marcado pola inestabilidade política. Os seus gabinetes non foron capaces de solucionar a crise, agravada polo conflito independentista en Cuba e unha nova guerra carlista. -
Terceira Guerra Carlista
Foi unha guerra civil entre os partidarios do Duque Carlos de Madrid e os gobernos de Amadeo I, a Primeira República e o Rei Alfonso XII. -
Primeira República Española
Foi o réxime político vixente en España desde a súa proclamación polas Cortes ata o pronunciamento do Xeneral Martínez Campos, que deu lugar á restauración da monarquía borbónica. -
Restauración Borbónica: reinado de Alfonso XII
É a etapa política desenvolvida baixo sistema monárquico que se estendeu ata a proclamación da Segunda República. O nome alude á recuperación do trono por parte dun membro da Casa de Borbón, Alfonso XII, despois da paréntese do Sexenio Democrático. -
Constitución de Cánovas do Castillo
Foi a base da Restauración borbónica. Estivo vixente ata o Golpe de estado de Primo de Rivera, o que a converte na constitución máis lonxeva da historia de España ata este momento (47 anos). -
Creación do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)
Foi fundado polo ferrolán Pablo Iglesias Possé, constituíndo un dos partidos obreiros máis antigos de Europa, só superado polo Partido Socialdemócrata de Alemaña. Desde os seus inicios, aspiraba a agrupar aos obreiros españoles baixo a ideoloxía marxista. -
Falecemento de Alfonso XII
Alfonso XII morreu de tuberculose no Palacio Real do Pardo. -
Rexencia de María Cristina de Habsburgo
É o período do reinado de Alfonso XIII de España no que debido a súa minoría de idade a xefatura do Estado foi desempeñada pola súa nai María Cristina de Habsburgo-Lorena.