-
476
Arte Romana
Distínguense tres períodos:
Monarquía: 753 a. C. ao 510 a. C. República: 510 a. C. ao 27 a. C. Imperio: 27 a. C. ao 476 d. C. Este período consta de dúas fases: o alto imperio (as orixes) e o baixo imperio (a decadencia, tetrarquía) -
Period: 600 to 1492
Arte Islámica
Tempo referido á época de dominio musulmán sobre a Peninsula Iberica, que comezou no ano 711 por mor da derrota de Rodrigo na batalla de Guadalete contra o bereber Tarik.
Os musulmáns dominaron toda a Peninsula Iberica fóra das zonas montañosas cantabras e pirenaicas. Isto foi así durante oito séculos, pero no ano 1492 os reis Catolicos ocuparon Granada e expulsáronos.
Durante eses séculos puideron deixar un legado histórico único reflectido na súa arte -
601
Arte Islámica
Comeza co propio inicio da religion islamica.
Esténdese desde o Proximo Oriente, por parte de Asia, de África e da Peninsula Iberica.
É un estilo que se compón de diversas achegas doutros estilos, como o uso de columnas, o arco de medio punto e as bovelas bicolores da arte romano, o uso de bovedas e cupulas da arte bizantino, por parte do Proximo Oriente o uso do arco apuntado e obulado e o uso do arco de ferradura proveniente da arte visigotico -
638
Santuario de Kaaba
Trátase da mesquita máis importante da cidade da Meca e o primeiro lugar santo do islam.
No seu centro atópase a Kaaba (construción que garda a pedra sacra do Islam), na que se incrustada a pedra negra que os musulmáns tratan de tocar no curso das circunvalacións durante a peregrinación ( Hach). É considerada a mezquita máis grande do mundo e tamén máis cara da historia.
Miles de peregrinos visítana ao longo dos anos -
691
Mezquita de Omar ou de la Roca
Trátase dun edificio sgrado construído sobre a roca, que según a tradicion, o profeta Mahoma subiu ao ceo.
Mahoma foi o fundador do Islamismo, ademais de profeta directo con Alá.
Este xurdiu a partir dunha serie de revelacions no monte Hira (onde Mahoma meditaba) por parte do arcanxo Gabriel.
O templo non foi concibido como unha gran superficie ao estilo das outras mezquitas senón como un relicario de tamaño mais reducido.
Destaca a súa gran boveda dourada, onde esta a pedra sagrada. -
707
Gran Mezquita de Damasco
Atópase en Siria e foi construída a poucos anos de que comezase a primeira época da arte islámico, a etapa omeya, polo que supón o prototipo de mezquita: de planta rectangular, unha zona cuberta con dúas arquerías superpostas para obter maior altura, un patio con fonte e unha torre. -
Period: 711 to 1492
Arte islámica na Península Ibérica
Tempo referido á época de dominio musulmán sobre a Península Ibérica, que comezou no ano 711 por mor da derrota de Rodrigo na batalla de Guadalete contra o bereber Tarik.
Os musulmáns dominaron toda a Península Ibérica a excepción das zonas montañosas cantabras e pirenaicas. Isto foi así durante oito séculos, pero no ano 1492 os reis Católicos ocuparon Granada e expulsáronos.
Durante eses séculos puideron deixar un legado histórico único reflectido na súa arte. -
Period: 755 to 1030
Período Omeya e Califal
Primeira etapa na que se divide a arte Islámica
Durante esta etapa ( S.VII- IX), a arte hispana musulmán evolucionou baixo a influencia dos estilos artísticos, por exemplo, a rica decoración xeométrica de tipo vexetal, arabesca ou caligráfica.
Tamén destacables os mozárabes, prismas colocados en posición vertical que colgan do teito, imitando ás estalactitas, embelecendo a cúpulas e bóvedas.
Como elemento ornamental usaban baldosas de cerámica vernizadas decoradas -
822
Castelo de la Suda
Trátase dun castelo que servía para defenderse do ataque dos inimigos e que aproveita ao máximo as irregularidades do terreo.
A súa existencia está documentada desde o ano 882, época en que Lérida estaba ocupada polos sarracenos. Construírona alí porque desde ese emprazamento dominaba un amplo territorio do que poder defender a cidade.
Entre os anos 1031 e 1036 serviu de refuxio ao destronado Hisham III, último califa de Córdoba. -
852
Mezquita de Samarra
A mezquita de Samarra foi nun tempo a mesquita máis grande do mundo; o seu minarete, a Torre Malwiya, é un gran cono cunha rampla espiral que ten 52 metros de altura e 33 m de anchura.
A mezquita foi destruída no ano 1278 tras a invasión de Hulagu Khan de Iraq. Só seguen en pé o muro exterior e o seu minarete -
902
Mezquita de Kairuán
É unha mezquita situada en Túnez.
Pódese distinguir o patio no centro ( shan), a sala de oracións ( haram)onde a xente acode a rezar, divida en numerosas naves perpendiculares ao muro ( quibla) o cal debe de estar orientada cara á Meca.
Distínguese o alminar, desde onde se chama para que a xente acuda a rezar.
Tamén se alcanza a ver ao fondo unha hornacina sacra ( mihrab) e o patio o cal se atopa ao descuberto -
936
Palacio de Medina Azahar
Trátase das ruínas dun palacio o cal esta situado en Córdoba.
Está pouco ornamentada por fóra, destinado a servir de residencia , con dúas zonas diferenciadas, unha delas dedicada á vida pública e outra á privada.
O palacio estaba rodeada dunha impoñente muralla. Está disposta en tres terrazas: a superior (a que foi totalmente descuberta), a intermedia e a terceira, parte destinada ao pobo, que aínda permanece sen escavar. -
936
Mezquita de Córdoba
Trátase dunha mezquita situada en Córdoba, de carácter relixioso, cunha sala de oración ( haram) onde destacan o uso de dovelas bicolores (vermellas e brancas) tan característico do monumento.
Tamén é importante resaltar a maqsura, onde os arquitectos idearon solucións arquitectónicas non vistas ata as bóvedas de crucería da arte gótica. -
1050
Palacio-Castelo da Aljafería
Trátase dun híbrido entre palacio e castelo, o cal ademais de cumprir as funcións propias dun palacio, terá as características propias dun castelo islámico.
Destacar por exemplo a distribución das numerosas dependencias do palacio ao redor dun patio interior, onde se atopan belos xardíns que serven de adorno e co elemento da auga, bastante presente neste tipo de construcións islámicas e no propio islam por unha serie de simbolismos que representa -
Period: 1153 to 1212
Período Almohade
Segundo período no que divide a arte Islámica, cunha duración que abarca desde mediados do século XII ata principios do XIII.
Neste tempo, a arte hispanomusulmán impulsou unha arquitectura mais austera e sobria que potenciaba a estrutura arquitectónica, pero que non descoidaba a decoración ornamental -
Period: 1238 to 1492
Período Nazarí
Terceira etapa na que se divide a arte Islámica, cunha duración que abarca desde o século XIII ata finais do século XV.
Neste período de tempo, a arte hispana musulmán definiu unha linguaxe artística propio do excepcional, caracterizado por unha gran riqueza decorativa no interior dos edificios, que disimulaba a pobreza dos materiais utilizados na construción. -
1250
Alhambra de Granada
Gran exemplo de arquitectura islámica, xa que conta cunha dimensión regular, ademais usa ladrillo e madeira como material de construción.
Usa bóvedas e cúpulas na súa cobertura. Úsanse piares e columnas delgadas, soportando un teito lixeiro. Úsase o arco de medio punto, o de ferradura, o apuntado e lobulado.
A decoración exterior é moito menos rica que a interior feita con xeso, cerámica, mármore... -
1301
Palacio de Generalife
Trátase dun espazo arquitectónico, onde se mesturan xardíns ornamentais, hortos e auga.
Servía como a vila habitada polos reis musulmáns de Granada e como o seu lugar de descanso.
Componse do patio da Acequia e de dous pavillóns, un situado ao norte e o outro ao sur, comunicados por un patio percorrido polo curso da auga. -
1495
Arte Renacentista
Período da historia da humanidade que se estende
en Europa durante os séculos XV e XVI. Italia, berce da arte renacentista, ve os inicios desta nova era un século antes: no século XIV, mentres outros países aínda estaban a espertar a un cambio de mentalidade, no período coñecido como “ Ars Nova”.