-
EUGÈNE FRANÇOIS VIDOCQ
Foi un delincuente profesional ata que se converte durante a Revolución Francesa en informador da policía. Posteriormente fundou a primeira axencia de detectives que se coñece.
No final da súa vida publicou varias novelas inspiradas nas súas experiencias (Memorias, Os ladróns e Os verdadeiros misterios de París). -
Period: to
Vidocq
-
ÉMILE GABORIAU
Crearía un dos investigadores de ficción más coñecidos popularmente, o inspector Lecoq, enxeño dos disfraces, extraordinario observador e loitador. Con este protagonista escribe a primeira novela policíaca francesa. -
MAURICE LEBLANC
Un personaxe mítico na literatura francesa do xénero foi o creado por Maurice Leblanc, Arsenio Lupin. Trátase agora dun “ladrón de luva branca”, dotado de extraordinaria intelixencia, astucia e atractivo. Con estes ingredientes pronto se convertiría en obxecto de recreación preferente do cine. -
Period: to
Maurice Leblanc
-
GASTON LEROUX
En Gaston Leroux, famoso pola novela A pantasma da ópera, aparece o relato de investigación de crimes presentado como unha trama de intrigas ás que finalmente se lles dá solución. O seu personaxe, Rouletabille, é un xornalista moi novo, con dotes de detective. A primeira entrega da serie que lle adica foi O misterio do cuarto amarelo. -
Period: to
Gaston Leroux
En Gaston Leroux, famoso pola novela A pantasma da ópera, aparece o relato de investigación de crimes presentado como unha trama de intrigas ás que finalmente se lles dá solución. O seu personaxe, Rouletabille, é un xornalista moi novo, con dotes de detective. A primeira entrega da serie que lle adica foi O misterio do cuarto amarelo. -
GEORGES SIMENON
Nos anos trinta a popularidade da novela policíaca chega á súa máxima expresión co comisario Maigret, creado polo Belga Georges Simenon (O defunto filántropo, Un crime en Holanda, Cécile morreu...)
Con Maigret altéranse as normas do xénero vixentes ata o momento. Diminúe o compoñente da aventura en beneficio da análise psicolóxica dos criminais e o estudo da súa contorna. Desaparecen os personaxes definidamente bos ou malos para matizarse segundo as súas circunstancias. -
Period: to
Georges Simenon
-
JEAN-PATRICK MANCHETTE
É un dos autores máis relevantes do neo-polar. As súas obras están marcadas pola violencia e o contido político, denunciando a complicidade entre delincuentes, servizos secretos e políticos.
Destaca na súa produción Deixade que os cadáveres se bronceen, L'affaire N'Gustro, baseado no secuestro e asasinato do líder da oposición marroquí, e Nada, que relata o secuestro do embaixador nortemericano por unha banda de anarquistas. -
Period: to
Jean-Patrick Manchette
-
A RENOVACIÓN DOS 50
Debido á perda de interese polos relatos policíacos tradicionais que se dá tras a Segunda Guerra Mundial, a editorial Gallimar crea unha nova colección inspirada no modelo anglosaxón. Esta colección chamouse Série Noir, apelativo referido á cor das tapas dos libros que pasou a ser unha das denominacións do xénero. Con elas introdúcese a violencia, a brutalidade e a crítica sociopolítica tomadas dos modos estadoudinenses. -
Period: to
A renovación dos 50
-
PIERRE LEMAITRE
Estudou psicoloxía, creador da perxonaxe Camille Verhoeven, comandante da Brigada Criminal da policía de París. Autor dos libros “Irène”, “Alex”, “Rosy & John”, entre outros. Declárase autor de novela negra, pero moitas veces é acusado de utilizar demasiada violencia explícita nos seus libros. -
Period: to
Pierre Lemaitre
-
FRED VARGAS
Fred Vargas é o seudónimo de Frédérique Audoin, arqueozoóloga e historiadora.
As súas novelas son calificadas como negras, pero rompen con regras básicas do xénero, como o realismo, polo que a súa adscrición é discutible.
Trátase de historias nas que se dá unha ameaza ou perigo que hai que identificar. Independentemente disto, é unha autora enormente valorada, estando entre os dez autores franceses máis lidos. -
Period: to
Fred Vargas
-
A RENOVACIÓN DOS 50
Destacan nesta etapa os nomes de LÉO MALET (creador do detective Nestor Burma), PIERRE BOILEAU e THOMAS NARCEJAC (autores conxuntamente de obras afamadas polas súas adaptacións cinematográficas, como De entre os mortos ou As diabólicas); AUGUSTE LE BRETON (pai de Rififi); FRÉDÉRIC DARD (creador do pouco correcto Antoine de San-Antonio). -
O NEO-POLAR
Desde finais dos sesenta e durante os setenta o xénero negro vai cobrando autonomía en Francia, marcado por un forte compoñente político e carga de denuncia social. Desde entón foise fraguando unha corrente con estilo propio que soe denominarse neo-polar.
A súa marca é a da ruptura coas convencións propias do xénero, apostando pola súa renovación. O éxito desta nova vía pon actualmente os creadores franceses en directa competición co fenómeno da novela negra nórdica. -
Period: to
O Neo-polar
-
O NEO-POLAR
Entre os autores da novela neo-polar destacan: JEAN-FRANÇOIS VILAR (Sempre son os outros os que morren, Bastilla tango); THIERRY JONQUET (autor da obra na que se basea La piel que habito de Pedro Almodóvar); DIDIER DAENINCKX (creador do inspector Cardin); JEAN-CLAUDE IZZO (Triloxía marsellesa). -
JOËL DICKER
A súa segunda novela, “La Verité sur l'affaire Harry Quebert”, publicada en setembro do 2010, obtivo o Gran Premio de novela da Academia francesa nese mesmo ano.