-
Period: 1400 to
Antiguo Réxime
Sistema político absolutista cunha economía agraria e sociedade estamental ademáis da influencia da relixión. -
Period: to
Nacionalismo
Sostiña que o marco fundamental da vida fas persoas é a nación, ou comunidade con trazos propios derivados dunha historia, unha lingua ou unha cultura comúns. O seu obxectivo era que cada nación tivese o seu propio Estado (estado nación); e reclamaba que as fronteiras das nacións coincidisen coas dos Estados.
A ideoloxía nacionalista estendeuse polos territorios sometidos a un poder estranxeiro, como Grecia; ou polos que aspiraban a formar un Estado unificado, caso de Italia e Alemaña. -
Period: to
Adam Smith
Adam Smith é un dos economistas máis famosos da historia e é considerado o pai da economía moderna. Nas súas teorías económicas combina historia, filosofía, desenvolvemento económico, psicoloxía e ética. -
Period: to
Revolución Industrial Británica (sociedade)
O principal cambio xerado por esta sociedade foi que a produtividade pasou a ser o principal. A agricultura perdeu importancia e os avances técnicos fixeron pasar o peso económico ás fábricas.
É por iso que naceron novas clases sociais, especialmente a burguesía industrial, propietaria dos medios de produción; e a clase obreira ou proletariado. -
Period: to
Revolución Industrial Británica (proletariado e burguesía)
A burguesía e o proletariado xorden como dúas novas clases sociais dentro da revolución industrial. Entre eles había unha gran desigualdade económica que sumiu a boa parte da poboación na pobreza e unha minoría en riqueza. Esta desigualdade provocou grandes inxustizas sociais como a explotación de traballadores e nenos. A situación das mulleres non foi mellor xa que houbo discriminación contra as mulleres nos dous grupos sociais. -
Period: to
Revolución Industrial Británica (motores)
Sector téxtil: A industria téxtil é esa área da economía que se dedica á produción de tecidos, fibras, fíos e inclúe tamén produtos derivados deles.
Siderurxia: sector da industria metálica que se ocupa de extraer ferro e traballalo.
Máquina de vapor: motor de combustión externa que transforma a enerxía térmica dunha cantidade de auga en enerxía mecánica.
Ferrocarril: sistema de transporte de persoas e mercadorías guiadas nun ferrocarril. -
Period: to
Maximilien Robespierre
Político da Revolución francesa que estableceu o réxime do terror. Procedente da pequena nobreza do norte de Francia, fíxose avogado e frecuentou os círculos literarios e filosóficos da súa cidade na década de 1780; os seus escritos daquela época amosan a influencia das ideas democráticas de Rousseau. -
Period: to
Revolución Industrial
cambio fundamental que se produce nunha sociedade cando a súa economía deixa de depender da agricultura e a atesía para depender da industria. Isto xorde en Gran Bretaña e despois se espalla no resto de esuropa. -
Period: to
Napoleón Bonaparte
Foi o primeiro cónsul e emperador de Francia, gobernou os destinos de Europa durante tres lustros. Xenio indiscutible da arte militar e estadista capaz de construír un imperio baixo mecenas franceses, Bonaparte foi, para os seus admiradores, o home providencial que fixou as grandes conquistas da Revolución francesa (1789-1799), dándolle ao seu país unhas estruturas de poder. sólido e estable co que rematou o caos político precedente. -
Period: to
Revolucións Burguesas
Protagonizadas pola burguesía. Este grupo social foi o máis beneficiado polos cambios pero tamén beneficiáronse outros grupos socias.
Os revolucionarios defenden o liberalismo, propugnado por Adam Smith. Este movemento opóñese ao absolutismo e defende que a riqueza dun país baséase no traballo individual. -
Period: to
George Washington
Washington foi o primeiro presidente dos EEUU. Na guerra da Independencia os reveldes organizaron un exército baixo a súa dirección. Considerado un dos padres fundadores dos Estados Unidos. -
Period: to
Príncipe Klemens de Metternich
Político e diplomático austríaco, arquitecto do balance europeo de 1815. Nado nunha familia nobre de Renania, estudou en Estrasburgo e Maguncia. O seu cosmopolitismo aristocrático e a súa mentalidade reaccionaria levárono a poñerse ao servizo dos Habsburgo cando, despois do estalido en 1789 da Revolución francesa, a expansión da Francia revolucionaria ameazou directamente os intereses materiais da súa familia na Alemaña occidental. -
Period: to
Revolución Americana
A causa da Revolución foi a carencia de representación dos colonos no Parlamento británico, e o intento británico de implantar novos impostos. O acto revolucionario máis iportante foi o motín do Té (1773, Bostón) a represión británica ocasionou a guerra da Independencia. O 4 de xullo de 1776, as treces colonias firmaron a Declaración de Independencia. Os británicos foron derrotados en Yorktowon, e na Paz de Versalles (1783) reconeceron a independencia das colonias. -
Period: to
Comezo da Revolución Francesa
O principal motivo da Revolución foi o descontento de todas a clases socias. Os nobres e o clero perderon poder, a burguesía carecía de influencia política e o campesiñado e os cgrupos populares urbanos vivían na miseria. A chispa foi unha crise alimentaria e financeira. A única solución era que os privilexiados pagasen impostos. Para decidir, Luís XVI convocou os Estados Xerais. Ao non ser escoitados o Terceiro Estado proclamouse Asamblea Nacional. Comezou asi a Revolución. -
Period: to
Liberalismo
O liberalismo defendía a liberdade individual, plasmada no recoñecemento de dereitos aos cidadaáns; a igualdade ante a lei, suprimindo os privilexios; e a implantación de réximes constitucionais, baseados na soberanía nacional e a división de poderes.
A ideoloxía liberal estendeuse entre os burgueses enas clases populares das grandes cidades. -
Period: to
Socialismo
Doutrina socio-política e económica baseada na propiedade e na administración colectiva dos medios de produción para conseguir unha distribución máis equitativa da riqueza. -
Period: to
Anarquismo
Sistema filosófico e teoría política que corresponde á ausencia de goberno. A palabra anarquismo é de orixe grega "anarkhos", que significa sen goberno nin poder. -
Period: to
Sindicalismo
Movemento e sistema que permite a
representación de traballadores a través dunha institución coñecida como sindicato (organización que reúne traballadores para defender os seus intereses). -
Period: to
Imperio Napoleónico (I)
Napoleon decidió estender a revolución creando un gran imperio europeo baixo a autoridade de Francia. Sucederon diferentes batallas, como: Austerlizt, Ulm, Jena, Eylau, Friendland e Wagram. Asi logrou dominar gran parte de Europa occidental, excepto Reino Unido, que derrotou a frota napoleónica en Trafalgar e resistiu o bloqueo económico decretado por Napoleón. -
Period: to
Imperio napoleónico (II)
Nos paises conquistados Napoleón confioulles o goberno a familiares ou xenerais franceses. Estes difundiron as ideas revolucionarias, promulgaron institucións, implantaron o Código Civil napoleónico e aboliron os impostos señoriais e o décimo. -
Period: to
O Congreso de Viena
O seu obxetivo foi proceder ó reaxuste territorial de Europa.
Participaron nel as principais potencias, como Austria (Metternich) e Gran Bretaña (Castlereagh). España interveu superficialmente como poder de segunda orde.
Claves ideoloxicas do sistema de restauración: intento por restaurar o Antigo Réxime.
A idea de degitimismo que reafirmaba a orixe divina do poder dos reis.
Solidariedade entre estados.
A busca dun equilibrio entre as cinco grandes potencias. -
Period: to
Otto von Bismarck
Político prusiano, artífice da unidade alemán. Procedente dunha familia nobre prusa, Bismarck viviu unha xuventude indisciplinada, autodidacta e chea de dúbidas relixiosas e políticas. -
Period: to
Revolución Burguesa de 1820
Centráronse na área mediterránea e en Rusia. Nelas tuveron un destacado papel os oficiais di exército e as sociedades secretas. Así, os liberais protagonizaron levantamentos antiabsolutistas en España, Portugal, Nápiles, Piemonte e Rusia. Inicialmente slgúns monarcas tiveron que aceptar constitucións, pero impuxéronse ao absolutismo. -
Period: to
Víctor Manuel II
Último rei de Cerdeña-Piamonte e primer rei de Italia. Accedeu ó trono sardo-piemontés en 1849, ao abdicando seu pai Carlos Alberto despois de fracasar no intento de eliminar a influencia austríaca en Italia e abrir o camiño para a unificación peninsular. -
Period: to
Industrialización
A industrialización refírese á produción de bens en grandes proporcións e tamén fai referencia ao proceso polo que unha sociedade ou Estado pasa dunha economía agrícola a unha economía industrializada. -
Period: to
Revolución Burguesa de 1830
Afectaron a case toda Europa, e levaron os liberais ao poder en moitos Estados. iniciáronse en Francia, coa destitución de Carols X e a implantación da monarquía constitucional de Luís Felipe de Orleans. Despois, a revolución estendeuse. Non obstante, unha vez conquistado o poder, o liberalismo limitou os dereitos e as liberdades e implantou o sufraxio censatario ou restrinxido, excluíndo así aos grupos populares da política e do poder. -
Period: to
Revolución Burguesa de 1848
Tiveron maior extensión e participación popular e foron mais radicais. Partiron de Francia, onde Luís Felipe se viu obrigadi a abandonar o trono, deuse a Segunda República, e implantouse unha constitución que establecía o sufraxio universal masculino. -
Period: to
Capitalismo
sistema económico que se basea na propiedade privada dos medios de produción, así como o principio de liberdade de mercado, cuxo obxectivo é a acumulación de capital.