-
711
Galicia Medieval
A temática a abordar nesta línea do tempo é a Galicia Medieval, na cal se recollerá información relevante das diferentes etapas da Galicia na Idade Media. -
711
A chegada dos musulmáns
Nun primeiro momento, prodúcese a chegada dos musulmáns á península Ibérica, poñendo fin ó reino visigodo. Conlevando á desaparición da monarquía visigoda. -
900
Descubremento do sepulcro do Apóstolo
O descubremento do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
1000
Reino Asturiano
Gallaecia integrase ó reino Asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I.
Cabe destacar que no o s. X a nobreza galega terá un importante protagonismo político no reino. -
1020
Economía galega medieval
A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. -
1037
Sociedade medieval
A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder. -
1037
Grandes trazos do territorio
Nestes séculos da Idade Media Galicia fixa a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal. -
Period: 1037 to 1284
A PLENA IDADE MEDIA
-
1123
A Era Compostelá
No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia. -
1230
Unión das coroas de Castela
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. -
1260
Transformacións
Prodúcense unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega ata tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades… O crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia. -
1284
Conflictos xeneralizados
Galicia entra no s. XIV sumida en medio de conflitos xeneralizados.
A segunda metade do século vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis.
O levantamento Irmandiño é a máis importante revolta antifeudal da Idade Media. -
Period: 1284 to 1474
A BAIXA IDADE MEDIA (1284-1474)
-
1467
O levantamento Irmandiño
O levantamento Irmandiño finaliza un século cargado de conflitividade social. A base social da Irmandade atopámola nos sectores da sociedade galega da época. Existia unha confluencia entre o campesiñado e as masas urbanas, ambos buscaban unha paz interior durante todo o s. XV., o que está detrás deste levantamento xeral que vivirá Galicia dende o 1467. -
1474
Crise demográfica
O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias das fames e os efectos dos andazos de peste ao longo do s. XIV. Ademais destacando a violencia que sofren dende os castelos e fortalezas, base da revolta Irmandiña. Pola súa banda a nobreza eclesiástica vai sufrir a xeneralización forzada das encomendas por parte dos señores laicos. Pola contra, o s. XV vivirá o auxe do comercio marítimo. -
1474
Reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír. Durante este reinado asistimos á desaparición da clase dirixente galega. -
Period: 1474 to 1500
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS
-
1476
Santa Hermandad
A creación da “Santa Hermandad” é unha boa mostra de reforzamento do poder nos diferentes reinos da Coroa por parte dos Reis Católicos. -
1483
Xustiza Maior de Galicia
O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.Trala execución de Pardo de Cela no 1483 restaurouse a paz en Galicia. -
1500
Proceso de transformación da aristocracia galega
A aristocracia galega convértese de guerreira en cortesá. A pacificación e a fin do bandoleirismo nobiliar vai favorecer ao campesiñado e as cidades, mais estas últimas asistiran á fin das súas liberdades. Galicia quedará integrada no novo Estado autoritario que os Reis Católicos están a construír. Crearanse as institucións de Gobernador e a da Audiencia de Galicia para reforzar o poder real na nosa terra.