-
"Os novísimos da poesía galega"
Publícase "Os novísimos da poesía galega", antoloxía poética de María Victoria Moreno Márquez onde recollía poemas de importantes literatos galegos que naceron despois da Guerra Civil. -
Accidente de avión en Oleiros
En agosto de 1973, o avión do voo 118 de Aviaco que cubría a ruta Baraxas (Madrid) - Alvedro (A Coruña) estrelou na localidade de Montrove (Oleiros), falecendo os pasaxeiros e tripulación do avión. -
25 aniversario da Editorial Galaxia
Celébrase en 1975 con motivo do 25º aniversario da Editorial Galaxia, un concurso para premiar á mellor novela en galego. O gañador termina sendo Carlos Casares con "Xoguetes para un tempo prohibido" -
Period: to
Actividade do GRAPO
O grupo terrorista GRAPO (Grupo de Resistencia Antifascista Primero de Octubre), de ideoloxía marxista-leninista, cometeu asasinatos e atentados en prol da instauración dun Estado socialista en España -
Morte de Franco
A morte de Franco marcou o fin da ditadura, entrando España nunha etapa de Transición Democrática. -
Coroación de Juan Carlos I
Tras ser designado por Franco para o cargo de Xefe de Estado, Juan Carlos foi coroado rei tras a morte do ditador. Xogaría un papel político importante no proceso de Transición Democrática. -
Eclosión do folk galego
Tras o fin do réxime, os primeiros grupos musicales de folk galegos empezaron a gañar popularidade e a abarcar temas de denuncia social e políticos. -
Publicación de "Con pólvora e magnolias"
En 1976 públicase a obra "Con pólvora e magnolias" de Xose Luis Méndez Ferrín, o que marcou un antes e un despois no referente á temática da poesía nese momento. -
Desastre do Urquiola
O petrolero "Urquiola" naufraxia na costa coruñesa e ennegrece as augas de Galicia, en especial de Betanzos, Ferrol e Ares, provocando unha auténtica catástrofe na fauna marina. -
Xeración dos 80
Xorde a coñecida como "Xeración dos 80", grupo poético que nace coa democracia e destacan autores como Román Raña e Xosé Rodríguez Baixeras. -
Golpe de Estado 23F
O teniente coronel Antonio Tejero irrompe no Palacio de Cortes ao grito de "Quieto todo el mundo!" para derrocar o goberno democrático. -
Estatuto de Autonomía de Galicia
A promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia recoñeceu a súa condición de nacionalidade histórica e definiu a súa política, símbolos e organización -
Aprobación da Lei do divorcio
A aprobación da Lei do divorcio en 1981 supuxo un importante triunfo feminista e rompeu co costume franquista. -
Cambio da capitalidade de A Coruña a Santiago de Compostela
Este feito provocou un brote de cantonalismo na Cidade de Cristal, así como unha intensa axitación social. -
Fundación dos primeiros partidos galeguistas (BNGA)
A fundación dos primeiros partidos nacionalistas galegos: dado que todas as ideoloxías que foron reprimidas polo réxime franquista, empezaron a entrar na vida política e social. -
Mundial España 1982
Celébrase o Mundial de fútbol organizado pola FIFA en España. Foi unha das primeiras aperturas de España ó mundo tras o franquismo. -
Lei de normalización lingüística do galego
Promúlgase a "Lei de Normalización Lingüística", que regula e desenvolve o dereito dos cidadáns de empregar o galego, facendo especial fincapié nas zonas onde a lingua está máis desfavorecida. -
Publicación de "Todo ben"
Manuel Rivas publica a súa obra "Todo ben", que marca o comezo da súa traxectoria literaria. -
Desastre do Casón
O afundimento do carguero "Casón" provocou que toda a súa carga de produtos químicos inflamables se liberara ó mar, contaminando as augas e o aire de Galicia. -
Caída do muro de Berlín
A caída do muro de Berlín supuxo o colapso dun símbolo que representaba un mundo dividido en dúas grandes potencias, a comunista da URRS, e a capitalista dos EEUU. -
Operación Necora
Iníciase a investigación policial e xudicial contra unha das maiores redes de narcotráfico de Galicia. Este proceso non coñecería a súa resolución ata 1994. -
Fundación do Paseo Marítimo de A Coruña
En septembro de 1990, o ministro Javier Sáenz de Cosculluela, colocou a primeira pedra do que sería o paseo marítimo máis longo de toda Europa. -
Naufraxio do "Mar Egeo"
O naufraxio do petrolero "Mar Egeo" provocó a contaminación e ennegrecemento das augas da costa coruñesa e provocou a presenza dun humo negro na cidade. Este feito atraeu moito voluntariado para limpiar as praias e augas. -
Avalancha no vertedoiro de Bens
A avalancha do vertedoiro de Bens, en A Coruña, foi unha das maiores catástrofes ecolóxicas de Galicia. 200.000 toneladas de refugallos vertéronse sobre a ladera do monte, sepultando a un home no proceso. -
Atentados do 11 S
Os atentados contra as Torres Xemelgas, en Nova York, Estados Unidos, foron perpetrados polo grupo terrorista islámico Al Qaeda. Supuxeron un trauma en todo o mundo, o que levou á imposición dun maior control de seguridade nas aduanas e aeroportos a nivel mundial -
Cambio da peseta ó euro
No Ano Novo de 2002 cámbiase a divisa española vixente durante todo o franquismo (peseta) polo euro, cambio que se estaba a producir en toda Europa. -
Desastre do Prestige
O afundimento do "Presitge", provocou o derrame de grandes cantidades de petróleo fronte a Costa da Morte, en A Coruña, tinguindo as augas da costa de España, Francia e Portugal de negro, constituíndo un auténtico desastre para a ecoloxía de Galicia. Isto chamou a moito voluntariado ás costas galegas. -
Atentados do 11 M de Madrid
Os atentados do 11 M en Madrid foron unha serie de atentados de grupos terroristas islámicos contra a rede ferroviaria madrileña. Isto supuxo o endurecemento das medidas de seguridade nas estacións de trens en todo o país. -
Nacemento de Lucas Paz
Comezo a acumular experiencias propias.