-
Estados Xerais
Abertura dos estados xerais en Versalles. -
O Terceiro Estado abandona os Estados Xerais
Os representantes do Terceiro Estado ao completo, acompañados dalgúns membros da nobreza e o clero (entre este o sacerdote Siéyes) abandonan os Estados Xerais fronte ao bloqueo dos mesmos e a negativa ao voto por cabeza. -
Xuramento do "Xogo de Pelota"
Os representantes do Terceiro Estado, co apoio de cregos e baixa nobreza liberal, xuran non disolverse ata dotar a Francia dunha constitución. -
Asemblea Nacional Constituínte
Os Estados Xerais tranfórmanse en asemblea constituínte coa aprobación de Luís XVI. O obxectivo é dotar a Francia da primeira constitución da súa historia. -
Period: to
ASEMBLEA NACIONAL CONSTITUÍNTE
-
Destitución de Necker
Luís XVI, aconsellado polos grandes nobres do reino, destitúe ao ministro Necker. O acto foi visto coma un golpe de man do monarca para demostrar o seu poder. -
Asalto á Bastilla
O pobo armado asalta a fortaleza da Bastilla, cárcere e símbolo da represión de Luís XVI. -
Period: to
O Gran Medo
Fronte ao descontrol, a inseguridade e os rumores, algunhas áreas rurais vense envoltas en revoltas e episodios espontáneos de violencia anti-señorial. -
Abolición do réxime feudal
A Asemblea Nacional Constituínte abole mediante decreto os dereitos e privilexios feudais do clero e a nobreza. -
Declaración de Dereitos do Home e do cidadán
A Asemblea Constituínte aproba a Declaración de Dereitos, con vocación de universalidade, na que se recollen os dereitos naturais do home, entre os que destacan a liberdade, a igualdade legal, a propiedade ou a resistencia á opresión. -
Marcha do pobo sobre Versalles
O pobo de París, animado por un numeroso grupo de mulleres que protesta pola carestía dos produtos básicos, asalta os arsenais e marcha a Versalles a enfrontarse cos rexementos reais. -
Constitución civil do clero
A Asemblea constituínte aproba a lei sobre constitución civil do clero, pola cal os bens e os membros da Igrexa pasan a ser controlados e mantidos polo Estado francés. -
Fuga de Varennes
Luís XVI e parte da familia real son detidos en Varennes tras un intento de fuga cara Austria. -
Primeira Constitución de Francia
Apróbase a primeira Constitución de Francia, na que se recolle a forma de Estado monárquica, a división de poderes, o conepto de Soberanía Nacional e se fixa un tipo de sufraxio censatario. -
Period: to
MONARQUÍA CONSTITUCIONAL
-
Reúnese a Asemblea Lexislativa francesa
Reúnense por primeira vez a Asemblea Lexislativa ou Nacional. Entre os deputados destacaban os clubes dos xirondinos (Brissot), os cordeliers (Marat) e os xacobinos (Robespierre). -
Inicio da guerra contra Austria
A Asemblea Lexislativa decide declarar a guerra a Austria, gobernada pola dinastía Habsburgo á que pertencía Maria Antonieta. -
Asalto ao Palacio das Tullerías
As tropas voluntarias e as clases populares de París, apoiadas polos deputados máis progresistas, asaltan o palacio da Tullerías e deteñen á familia real. -
Primeira República francesa
Unha nova asembla, a Convención Nacional, elixida por sufraxio universal masculino, declara a república francesa. -
Batalla de Valmy
As tropas francesas partidarias da revolución deteñen o avance do exercito prusiano na localidade de Valmy. -
Period: to
CONVENCIÓN NACIONAL
-
Execución de Luís XVI
A Convención Nacional condena a Luís XVI a morrer na guillotina. A sentencia levouse a cabo fronte a unha multitude na praza da Concorde. -
Period: to
Guerra da Vendée
Levantamento contrarrevolucionario de base labrega e dirección nobiliar que tivo o seu centro na rexión da Vendée. -
Creación do Comite de Saúde Pública
O Comite de Saúde (salvación) Pública creouse baixo a dirección de Robespierre. O seu obxectivo era a consecución dunha nova Francia, radicalmente humanista e revolucionaria. -
Os xacobinos no poder
Apoiados polos sans-culottes os deputados radicais, liderados polo clube xacobino, asaltan a Convención Nacional e toman o poder. -
Constitución do ano I
Apróbase a segunda Constitución francesa, na que se recolle a Soberanía Popular e o sufraxio universal masculino. -
Asasinato de Marat
Jean- Paul Marat, figura pública próxima aos xacobinos é asasinado por unha simpatizante xirondina. -
Period: to
O Terror
Durante este periodo, o goberno xacobino concentrou os poderes do Estado e perseguiu ferozmente aos seus inimigos políticos. As execucións públicas contáronse por miles. -
Lei de Sospeitosos
A Lei de Sospeitosos pretendía rematar cos inimigos da revolución: nobres, especuladores, funcionarios,... -
Lei de Máximum
A Lei de Maximum Xeral estableceu límites a prezos e salarios co obxectivo de reducir as diferencias sociais e garantir o acceso popular aos produtos básicos. -
Execución de María Antonieta
A antiga raíña foi xulgada, condenada e executada en nome da República francesa. -
Golpe contra Robespierre
Un numeroso grupo de opositores a Robespierre protagoniza un golpe de Estado contra o Comite de Saúde Pública. Robespierre e outros líderes xacobinos serán guillotinados ao día seguinte. -
Period: to
DIRECTORIO
-
Period: to
CONSULADO
-
Period: to
PRIMEIRO IMPERIO FRANCÉS