1991ace014b18

Siniestro Total

  • O colexio alemán...

    O colexio alemán...
    Torrado e Hernández coñécense dende os catro anos por ir xuntos a este centro. Escoitan música por medio do primo de Julián (Luis) e o irmán maior de Alberto -The Beatles, The Shadows, Andrés Dobarro, Slade, T. Rex, Suzi Quatro e Red Bone...
  • A primeira guitarra de Julián...

    A primeira guitarra de Julián...
    Cando Hernández ten doce anos e a súa irmá oito regálanlles unha guitarra NHJ. Torrado usa o baixo do seu irmán. Escoitan grupos coma Pink Floyd, Soft Machine, Jethro Tull e Frank Zappa
  • Morre Franco e estrean guitarra

    Morre Franco e estrean guitarra
    Durante as vacacións por luto nacional pola morte do dictador Alberto chama a Julián para ensinarlle a guitarra imitación Les Paul que lle regala súa nai
  • O instituto do Calvario

    O instituto do Calvario
    Julián comeza a ir a clases no conservatorio e xa toca algunhas cousas con Alberto. Nesa época recibe influencias de Genesis e Pink Floyd. No instituto coñécen tamén a Javier Soto e Miguel Costas
  • Primeiros ensaios

    Primeiros ensaios
    Mentres mercan discos en 'Elepé' e escoitan moito blues ensaian na casa dos pais de Javier na rúa Travesía de Vigo. Desa época son temas coma 'Hace calor', 'Tu abuela siempre saca el brazo por la ventanilla', 'Una gota en el cogote y el instrumental Vigo' ou 'Tennessee'.
  • Confluencia das vangardas

    Confluencia das vangardas
    Non existe un concepto de punk na banda, pero van tendo contacto con el despois de ir a un concerto de Cucharada con Manolo Tena que sae vestido de monxa. Iso inspíralles. Julián amosa interese por John Cage, Pierre Boulez, Stravinski ou Varèse. Lévalle a coñecer ao compositor Enrique Macías que lles presenta a membros de Rompente e Atlántica.
  • O conservatorio en Madrid

    O conservatorio en Madrid
    Ao rematar o bacharelato e axudado polo seu primo Luis Julián marcha a Madrid para estudar filoloxía e seguir os seus estudos no conservatorio.
  • «El Sexteto del Blues»

    «El Sexteto del Blues»
    O verán do 79, nas vacacións de Julián en Vigo, fan un cartel fotocopiado no que aparecen uns negros e fanse chamar 'El Sexteto del Blues' chagando a ter unha actuación organizada polo concello de Vigo na que tocan clásicos de Muddy Waters ou Chuck Berry
  • **Primeira edición da mostra Atlántica en Baiona**

    **Primeira edición da mostra Atlántica en Baiona**
    Entre agosto e setembro de 1980 o grupo formado por Monroy, Huete, Antón Patiño e Menchu Lamas expuxo por primeira vez.
  • Os Ramones e o descubrimento do punk

    Os Ramones e o descubrimento do punk
    Julián leva a Vigo para compartir co grupo o primeiro disco dos Ramones que merca no rastro. Quedan abraiados e van todos ao concerto en Madrid da banda. Decátanse de que non fai falta ser un virtuoso para saír a escea.
  • **Almodóvar estrea a súa primeira película**

    **Almodóvar estrea a súa primeira película**
    Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón. Alaska, icono dos 80 interpreta o papel de Bom, rockeira diabólica. Xunto con Luci, ama de casa abnegada, e Pepi, veciña moderna, forman un trío disparatado que vive ao ritmo da Movida.
  • **5.000 mortos no terremoto de Irpina, en Italia**

    **5.000 mortos no terremoto de Irpina, en Italia**
    Cunha magnitude de momento de 6,9 e unha intensidade máxima de Mercalli de X. Deixou 4.900 mortos, 8.900 feridos e 250.000 sen fogar. Un total de 8 provincias, comprendidas nas rexións centro e sur de Italia
  • 'O cerne da Devoura', contacto con Coppini

    'O cerne da Devoura', contacto con Coppini
    Neste bar de Vigo pónse música de The Specials ou The Clash e o dono do local fálalles de Coppini, da banda 'Coco y los del 1.500'. Máis aló de que cadran nun semellante estilo musical nese momento a amizade non vai a máis
  • Refórmase o pub Satchmo para acoller concertos

    Refórmase o pub Satchmo para acoller concertos
    Será un dos templos da movida. Adáptase aos novos tempos, deixando atrás o seu espíritu inicial de club de jazz
  • **Inaugurado o tramo Pontevedra-Vigo da AP-9**

    **Inaugurado o tramo Pontevedra-Vigo da AP-9**
    Inaugúrase a ponte de Rande, rematado en 1978, coa posta en servizo dos tramos Pontevedra Sur-Rande e Rande-Vigo
  • **Intento de golpe de Estado de Tejero**

    **Intento de golpe de Estado de Tejero**
    En Madrid, ás 18.23 horas, un grupo de gardas civís comandados polo tenente coronel asaltou o Palacio de las Cortes durante a votación para a investidura do candidato á presidencia Leopoldo Calvo-Sotelo. Segundo o historiado Juan Francisco Fuentes: «el estrepitoso fracaso del golpe trajo consigo la consolidación de una democracia tambaleante y la derrota definitiva del golpismo, del que puede decirse que ya nunca levantó cabeza».
  • **Morre en Vigo Álvaro Cunqueiro**

    **Morre en Vigo Álvaro Cunqueiro**
    Novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo. Membro da Real Academia Galega é unha das figuras galegas máis relevantes do século XX
  • **O aeroporto de Peinador ábrese a voos internacionais**

    **O aeroporto de Peinador ábrese a voos internacionais**
    Amplíase a pista do aeroporto vigués, inaugurado nos anos 50. Permite a aterraxe de avións reactores, moito máis rápidos. O primeiro voo internacional chegaría en novembro dese ano. Un chárter procedente de Suiza con xornaleiros galegos.
  • **Primeira vítima do aceite colza**

    **Primeira vítima do aceite colza**
    Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios de España, 5.000 persoas morreron e polo menos 20.000 quedaron con secuelas para sempre tras consumir aceite industrial que se vendía como apto para o consumo humano.
    A chamada 'Síndrome de Aceite Tóxico (SAT)' converteuse nunha nova enfermidade e esnaquizou a vida de miles de familias no país.
  • **Detectados os primeiros casos de SIDA**

    **Detectados os primeiros casos de SIDA**
    Foron detectados en 1981 en Nova York e California. Non sería bautizado coma SIDA ata un ano máis tarde. O 5 de xuño de 1981, apareceu un curioso informe no resumo semanal de saúde pública do Centro de Control de Enfermidades (CDC): a cinco mozos homosexuais de Los Ángeles diagnosticóuselles unha inusual infección pulmonar coñecida como pneumonía por Pneumocystis carinii (PCP), e dous deles morreron. 32 millóns de persoas morreron posteriormente en todo o mundo por esta causa.
  • **Voda de Carlos de Gales e Diana Spencer**

    **Voda de Carlos de Gales e Diana Spencer**
    Na catedral de San Pablo, en Londres. Logo da cerimonia fixeron a tradicional aparición no balcón de Buckingham Palace. Foi día de festa nacional no Reino Unido. Separaríanse en 1992 e divorciaríanse en 1996.
  • O accidente do Renault 12

    O accidente do Renault 12
    Julián volve de Madrid, Javier ten un permiso na mili e para celebralo os membros do grupo saen de copas. Saen de Samil e na avenida Beiramar, pola espesa néboa, Julián non ve unha valla que delimita unhas obras. Entre a area e a humidade perden o control do coche. Os que van no coche son: Julián, José Manuel Barros, Miguel, Javier, Alberto e Manolo Romón, que perde o bazo. Só Julián, Alberto e Miguel seguirán adicados á música.
  • Nace 'Siniestro Total'

    Nace 'Siniestro Total'
    A Julián regalánlle un sintetizador e un magnetófono. Gravan os temas: 'Las tetas de mi novia' (versión de I'm Rocket) e 'Matar jipis en las cíes' (baseada nun tema de The Jam). Engaden outro tema gravado con Coppini. Ían chamarse despois de ver nun bar na tele a Mari Cruz Soriano 'Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano'. É entón cando Julián lles di que a compañía declarou o coche accidentado como 'Siniestro Total': «Joder, es un buen nombre para un grupo», sentencia Costas.
  • **Inaugurado en Vigo o primeiro hipermercado de Galicia**

    **Inaugurado en Vigo o primeiro hipermercado de Galicia**
    Alcampo de Avenida Castelao, en Coia
  • **Becerril, primeira muller ministra dende a República**

    **Becerril, primeira muller ministra dende a República**
    Durante a primeira lexislatura foi nomeada Soledad Becerril por Leopoldo Calvo-Sotelo ministra de Cultura en decembro de 1981, sendo a primeira muller que accedía ao Consello de Ministros desde a Segunda República, cando o foron a anarquista Federica Montseny e, xa no exilio, a republicana Victoria Kent. Permaneceu neste cargo ata decembro de 1982, cando tomou posesión o primeiro goberno de Felipe González.
  • Concerto no cine Salesianos

    Concerto no cine Salesianos
    Acto «fundacional» do grupo no 'Nadal Rock'. Organizado por Bibiano Morón (ex Voces Ceives e fundador da sala Kremlin). Tocan tamén Nacha Pop, Trabalhadores do Comercio, Bar, Cardalda e Novoa. Preséntaos Reixa, Manolo Romón reparte panfletos e gravan esta actuación que conta co enxeñeiro de son Ricardo Gómez Viso e na que tocan tamén unhas versións de 'The life and soul of the party' de Petula Clark co nome de 'Hoy voy a asesinarte' e outra de 'Little bitch' como '¡Un, dos!'
  • Nace en Radio 3 'Diario Pop', onde soou Siniestro

    Nace en Radio 3 'Diario Pop', onde soou Siniestro
    Presentado polo ferrolán Jesús Ordovás o programa foi testemuña musical da movida. Tamén presentou 'Esto no es Hawaii', un programa primeiro, sección de 'Diario Pop' despois e fanzine a continuación.
  • **Papuchi, pai de Julio Iglesias, secuestrado por ETA**

    **Papuchi, pai de Julio Iglesias, secuestrado por ETA**
    O doutor Iglesias Puga foi secuestrado en Madrid o 29 de decembro de 1981 e pasou un total de 20 días de cativerio ata a súa liberación, o 17 de xaneiro de 1982. Aconsellado polas autoridades, Julio Iglesias non abandonou Miami durante eses difíciles días
  • Primeira maqueta e éxito en Radio3

    Primeira maqueta e éxito en Radio3
    Ademais dos temas que xa teñen engaden 'Ponte en mi lugar', 'Ayatolah!', 'Mario (Encima del armario)' e Purdey. Empregan xa a batería de Antón Reixa na percusión. A maqueta chega a mans de Jesús Ordovás, condutor de 'Esto no es Hawai' en Radio 3 coa mediación do ilustrador Pepo Fuentes. A pesares da dureza das letras as peticións dos oíntes medran para escoitar os temas.
  • Concerto no Marquee, o primeiro en Madrid

    Concerto no Marquee, o primeiro en Madrid
    A súa intención era tocar no RockOla, pero está pechado por reformas así que mediante o promotor musical Kike Turmix contacta co dono, que leva outro local, o Marquee. Alberto, Miguel e Germán viaxan a Vigo para este primeiro concerto. Derribos Arias actúan coma teloneiros.
  • O primeiro EP

    O primeiro EP
    Despois dun concerto de Derribos Arias Julián coñece a Servando Carballar, director da discográfica Dro. Logo de ensinarlle a maqueta acordan regrabala de xeito máis profesional. En Semana Santa o grupo viaxa a Madrid e gravan catro temas para un EP. Siguen soando algo mal e Servando difunde a gravación dicindo que está feita no inexistente Club Botafumeiro de Vigo. O título: Ayudando a los enfermos, baseado nunha foto dunhas enfermeiras dunha revista que tiña o seu pai
  • **Partido do Mundial 82 en Balaídos**

    **Partido do Mundial 82 en Balaídos**
    «No hubo goles en Balaídos» entre Italia y Polonia.
  • Concurso de «Rock» cidade da Coruña

    Concurso de «Rock» cidade da Coruña
    Partían coma favoritos pero como unha das condicións era non ter disco publicado non puideron ser os gañadores (o fillo do crítico coruñés Nonito Pereira, membro máis novo do xurado aportou a proba)
  • 'Ayatollah!', canción do verán para 'Diario Pop'

    'Ayatollah!', canción do verán para 'Diario Pop'
    Unha enquisa no icónico programa de Radio 3 convirte en éxito o tema
  • **Vigo acolle a Cutty Sark por primeira vez**

    **Vigo acolle a Cutty Sark por primeira vez**
    75 veleiros chegados dende diferentes puntos do mundo festexan un dos máis grandes espectáculos náuticos
  • O primeiro disco '¿Cuándo se come aquí?'

    O primeiro disco '¿Cuándo se come aquí?'
    Coppini propón musicar a letra de 'Malos tiempos para la lírica' e o grupo négase (farao un ano despois con Golpes Bajos). Veñen de participar nunha festa na sala RockOla con grupos da súa disqueira. Manteñen actividade dispar na sala Satchmo de Vigo. Julián en 'Los Minusválidos del Ritmo' e Costas en 'Los Ratones'. Dado o éxito do EP graban 15 cancións para un LP en Estudios Colores, en Mejorada del Campo. O nome do disco é porque non había sitios onde comer preto e despois de días tiñan fame.
  • **Remata en Santiago a visita de Xoán Paulo II**

    **Remata en Santiago a visita de Xoán Paulo II**
    O 9 de novembro de 1982 a viaxe de Xoán Paulo II a España concluíuse en Santiago de Compostela. Por primeira vez na historia, o Papa chegou a Compostela en son de peregrinación. O voo de Wojtyla aterrou ás 10:30h na o aeroporto de Lavacolla.
  • Pecha o Satchmo... E chega o Kremlin

    Pecha o Satchmo... E chega o Kremlin
    O Satchmo pecha cunha actuación de Aerolíneas Federales. Daquela eran un trío: Silvino Díaz. Juan Dotras (Flechi) e Costas. Por alí pasaran Siniestro, Golpes, Bar, Los Coyotes... En 1983, Aviador Dro e Aerolíneas Federales inauguraban a Sala Kremlin.
  • Presentación na Rock⧫Ola e Festa 'Diario Pop'

    Presentación na Rock⧫Ola e Festa 'Diario Pop'
    A presentación do disco convírtese nunha tolería. Julián proclama: «¡Hemos llegado a la gloria más alta a la que podríamos llegar cuatro desgraciados como nosotros!». Choiva de cuspiduras e posta en escea de Coppini cun polo de goma colgando. O Diario Pop outórgaññes o premio 4ª maqueta de ouro. Paralelamente a estas aparicións en Madrid comezan tamén a popularizarse en Vigo. Javier Soto, rematada a mili, incorpórase como baixo a Os Resentidos.
  • Actuación frustrada en 'Caja de ritmos' pola censura

    Actuación frustrada en 'Caja de ritmos' pola censura
    Actúan nas festas do barrio madrileño de Hortaleza. As festas acaban en altercados. Carlos Tena convócaos para 'Caja de ritmos' en TVE. Compoñen para a ocasión 'Me pica un huevo' (Julián) e 'Sexo chungo' (Miguel). Non poderán interpretalos porque un día antes emitiuse o tema 'Me gusta ser una zorra' de Las Vulpes. As cancións edítanse en 'El sencillo del gaitero'. Miguel Ríos chega a dicir: «¿A dónde habrá llegado a parar el rock español cuando se cantan cosas como “me pica un huevo”?»
  • **Catro leóns escaparon dun circo en Vigo**

    **Catro leóns escaparon dun circo en Vigo**
    «Catro dos sete leóns adultos do domador Luigi Devos, do 'Circo Jumbo', pelexaban entre sí de forma violenta (...). Segundo explicou o director do zoo municipal os animais atopábanse en celo e botaban de menos unha compañeira».
  • Botellazo a Germán e Cinceirazo a Costas

    Botellazo a Germán e Cinceirazo a Costas
    Na sala Zeleste de Barcelona alguén lle da un botellazo na perna a Germán e teñen que actuar posteriormente na discoteca La Mandrágora de León asumindo Miguel Costas o papel de cantante. Unha rapaza bébeda lanzaralle a Costas un cinceiro mancándolle a orella.
  • O adeus de Coppini

    O adeus de Coppini
    Despois do disco máis laureado do punk en España Germán contacta co el multiinstrumentista Teo Cardalda para formar un dúo. Compaxínao con Siniestro pero gañan o concurso de maquetas Rock Espezial (hoxe Rockdelux) e aparecen en TVE no programa 'La Edad de Oro' de TVE. Todos os membros de Siniestro quedan na cafetería Flamingo e Julián déixalle claro que os camiños son moi diferentes. Coppini vaise e convoca a Pablo Novoa e Luis García para formar con Teo Golpes Bajos.
  • **Multitudinaria manifestación do naval en Vigo**

    **Multitudinaria manifestación do naval en Vigo**
    «Vigo se paralizó ayer en demanda de soluciones para la crisis industrial» titularía La Voz
  • **Folga xeral en España -e Vigo-**

    Primeira folga xeral en España, que en Vigo congrega a milleiros de personas
  • Siniestro Total II: El Regreso

    Siniestro Total II: El Regreso
    Coa marcha do vocalista Coppini, un dos que maior fama tiña na banda, parecían acabados. Pero o produtor Paco Trinidad proponlles a volta de Costas á voz e a grabación dun disco. Non se limitan ao punk e introducen toda clase de instrumentos. Regraban temas que xa adiantaran con Germán coma 'La caca de colores' ou 'Opera tu fimosis'. As letras son grotescas pero musicalmente ábrense ao new age, folk, rock. O 20 de outubro participan en 'La Edad de Oro' de TVE con Paloma Chamorro.
  • **81 persoas morren en 'Alcalá 20'**

    **81 persoas morren en 'Alcalá 20'**
    Atopábase nos baixos do Teatro Alcázar, foran remodealdas as tres plantas subterráneas para darlle un novo aspecto ao local coñecido como Lido. Estaba decorada con 5.000 kilos de textil, plásticos e cartón pedra. Un curtocircuito prendeu unha das cortinas e propagouse polo material inflamable. Na traxedia faleceron 82 persoas,​ tanto por queimaduras e inhalación de fume como por esmagamento debido ás avalanchas humanas que se produciron contra as saídas do local.
  • *Aerolíneas gaña o II Concurso de Rock da Coruña*

    *Aerolíneas gaña o II Concurso de Rock da Coruña*
    O grupo de Miguel Costas (New Border), Juan Dotras (Federico Flechini), Silvino Díaz Carreras (Bollito Singerman) e Luis Santamarina (Dona Sangre)
  • Surfin' CCCP con Os Resentidos

    Surfin' CCCP con Os Resentidos
    Ao mesmo tempo que existen proxectos paralelos tanto de Costas (Aerolíneas Federales gañaría un concurso na Coruña e grabarían despois un LP homónimo) coma de Hernández (Mili y sus muermos), Siniestro publica un maxi con Os Resentidos chamado: Surfin' CCCP.
  • **Manifestación de traballadores de Vulcano en Vigo**

    **Manifestación de traballadores de Vulcano en Vigo**
    «Trabajadores de Vulcano ocuparon la estación de Ferrocarril y el Ayuntamiento de Vigo». Se producen varios heridos, entre ellos el concejal Carlos Núñez y numerosas detenciones.
  • **«La comarca de Vigo, paralizada por la huelga general»**

    **«La comarca de Vigo, paralizada por la huelga general»**
    «Constituyó el momento culminante de una jornada de huelga general que ayer paralizó la actividad en dieciséis municipios de la comarca viguesa (...) para protestar contra la política industrial del Gobierno y el desmantelamiento de empresas de la zona»
  • **Pleno de Vigo aproba o «top-less»**

    **Pleno de Vigo aproba o «top-less»**
    «El pleno aprobó la liberalización del top-less en las playas viguesas, a propuesta de Carlos Núñez y la acotación para nudistas de la playa de los Alemanes, en las Cíes, tras una moción de Santomé».
  • **Intenso seguimento en Vigo da Folga Xeral**

    **Intenso seguimento en Vigo da Folga Xeral**
    Vigo e Ferrol, cidades máis afectadas polo paro: «unas cien mil personas, según los organizadores -CC.OO E INTG-, se manifestaron en Vigo contra la reconversión industrial».
  • **'Hortensia' golpea Galicia con forza**

    **'Hortensia' golpea Galicia con forza**
    Acádanse ventos de 150km/h, unha baixa presión de 980 Hpa e choivas torrenciais que producen numerosos danos. Tiveron que pasar 25 anos ata que se repetise un fenómeno coma este, o Klaus do ano 2009
  • Menos mal que nos queda Portugal

    Menos mal que nos queda Portugal
    En febreiro do 84 Julián ten escrita '¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿Adónde vamos?'. Mentres o grupo está de xira compón nun hotel da Coruña 'Miña Terra Galega' tomando prestada a música de 'Sweet Home Alabama' de Lynyrd Skynyrd. Miguel aporta 'Assumpta', canción sobre «una chica muy mona que vivía en Barcelona» en homenaxe á actriz Assumpta Serna. Publícase a finais de ano cos sinxelos: 'Tipi, dulce tipi' y 'Te quiero'. A xira realízase a comezos do 85. Soto deixa Resentidos e volve.
  • **Entrada de España na CEE**

    **Entrada de España na CEE**
    Asinada previamente, o 12 de xuño de 1985 coa sinatura do tratado de Adhesión en Madrid.
  • **O tren: Madrid se escribe con V de Vigo**

    **O tren: Madrid se escribe con V de Vigo**
    Para moitos o punto e final...
  • **Desmóntase o 'scalextric' de Vigo**

    **Desmóntase o 'scalextric' de Vigo**
    Elemento icónico do Vigo "gris" e "industrial". Comezou a construírse no 76 e non tivo uso ningún ata a súa desmontaxe. Pasaba a poucos metros das casas en Lepanto e Gran Vía. A foto máis icónica de Siniestro, feita por Víctor de las Heras, é debaixo del.