-
Period: to
REINADO DE CARLOS IV
-
Batalla de Trafalgar
A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente. -
Tratado de Fontaineblau
O Tratado de Fontainebleau foi asinado o 27 de outubro de 1807[1] na cidade francesa de Fontainebleau entre os respectivos representantes plenipotenciarios de Manuel Godoy, valido do rei español Carlos IV, e Napoleón Bonaparte. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da Península Ibérica e da Guerra da Independencia. -
Motín de Aranjuez
As causas deste levantamento foron varias, entre elas as consecuencias da derrota de Trafalgar,a presenza de tropas francesas en España, en virtude do Tratado de Fontainebleau. Esta situación terminou por alarmar tamén a Godoy. A familia real retirouse a Aranjuez para, en caso de necesidade, seguir camiño cara o sur, cara a Sevilla, e embarcar alí para América. -
Abdicacións de Baiona
As abdicacións de Baiona consistiron nun conxunto de abdicacións consecutivas nas cales Fernando VII cedeu a coroaa a Carlos IV, e este a Napoleón para definitivamente cederllo a o seu irmán José I. -
Period: to
INVASIÓN FRANCESA DE ESPAÑA
-
Period: to
Independencia da América española
-
Abdicación de Carlos IV
Despois do Montín de Aranjuez Carlos IV deciciu abdicar e cederlle a coroa ao seu fillo Fernando, o cal pasaría a comberterse Fernando VII. -
Guerra da independencia (O levantamento do 2 de maio )
A guerra da Independencia española foi a consecuencia da entrada das tropas napoleónicas en España co pretexto de invadir Portugal. O Levantamento do 2 de maio contra os invasores foi espontáneo e popular e iniciouse o 2 de maio de 1808, cando o alcalde de Móstoles, Andrés Torrejón, redacta un bando no que insta á poboación a levantarse en armas para socorrer o rei Fernando VII, que estaba retido por Napoleón Bonaparte. -
Cortes de Cádiz
A comezos da Guerra da Independencia as revoltas populares acompáñanse da creación de Xuntas provinciais e locais de defensa (asumindo a soberanía nacional, coa formación dos seus propios órganos de goberno), pois a pesar de que lexislativamente o traspaso da coroa era irreprochable, moitos españois non recoñecían a figura de José I Bonaparte como o seu rei. -
Constitución 1812
A Constitución de Cádiz, aprobada o 19 de marzo de 1812, festividade de San José, coñecida por iso como a Pepa, é a primeira Constitución propiamente española, xa que o Estatuto de Bayona de 1808 non deixou de ser unha “Carta outorgada” marcada polo selo napoleónico. -
Period: to
Sexenio Absolutista
-
Period: to
REINADO DE FERNANDO VII
-
Period: to
Trienio liberal
-
Os Cen mil fillos de San Luís
A Santa Alianza, unión creada antigamente para protexer o antigo réxime a cal pertencían Austria, Prusia e Rusia, mandou un exército chamado os Cen mil fillos de San Luís para restablecer a Fernando VII e devolver o absolutismo a España. -
Period: to
Década ominosa
-
Pragmática Sanción
Unha pragmática sanción é unha norma ou disposición legal de dereito público promulgada por un rei e que afecta a aspectos fundamentais do estado, na que se regulamentan cuestións como a sucesión ao trono ou outros. Adoitan seren identificadas polas datas na que se decretan. Na pragmática sanción de 1830, Fernando VII derrogou a ley Sálica co motivo de que a súa filla puidese acceder á coroa. -
Primeira guerra carlista
A primeira guerra carlista foi unha guerra civil entre os carlistas, partidarios do infante Carlos María Isidro de Borbón e dun réxime absolutista, e os isabelinos ou cristinos, defensores de Isabel II e da rexente María Cristina de Borbón, cuxo goberno foi orixinalmente absolutista moderado e acabou converténdose en liberal para obter o apoio popular. Antigamente foi coñecida pola historiografía española como guerra dos Sete Anos ou primeira guerra civil -
Period: to
REINADO DE ISABEL II
-
Period: to
Rexencia de María Cristina de Borbón
-
Desamortización de Mendizábal
A desamortización de Mendizábal foi un proceso gobernamental de comercialización de terras e bens propiedade da Igrexa católica e que se produciu a finais do primeiro terzo do século XIX en España -
Constitución de 1837
Foi unha constitución de caŕacter progresista que establecía unha monarquía constituíonal e un sufraxio censatario máis amplo. Foi asinada durante a rexencia de María Cristina. -
Convenio de Vergara
Asinado tras complicadas negociacións. Espartero representaba ao bando isabelino ou liberal, partidario de Isabel II, e Maroto ao bando carlista, partidario do pretendente don Carlos, irmán do pai de Isabel, Fernando VII. Foi decisiva a mediación do almirante John Hai, xefe da escuadra de observación británica con base en Bilbao, comezara a sondar aos xenerais de ambos os bandos para facer frutificar a finalización da guerra carlista. -
Period: to
Rexencia de Espartero
-
Period: to
Reinado persoal de Isabel II
-
Garda Civil
A creación oficial da Garda Civil por Real Decreto, créase un “corpo especial de forza armada de Infantería e Cabalería”, baixo a dependencia do Ministerio da Gobernación e con “a denominación de Gardas Civís” -
Period: to
Década moderada
-
Constitución de 1845
Foi unha constitución de carácter moderado é defendía a soberanía compartida entre o rey/raíña e as cortes e restrinxía o sufraxio censatario. -
Pronunciamento de Vicálvaro
A "Vicalvarada" foi, sen dúbida, o feito histórico máis importante do século XIX en Vicálvaro. Foi un levantamento militar liderado por Ou' Donnell en 1854 contra o goberno nacional e que pasou á historia co nome da Vicalvarada -
Period: to
Bienio progresista
-
Lei de desamortización xeral de Madoz
A lei Madoz supón a fusión das normas desvinculadoras tanto no campo da desamortización civil como no relixioso. -
Period: to
Década moderada-unionista
-
Pacto de Ostense
O Pacto de Ostende asinado na cidade belga de Ostende polo Partido Progresista e polo Partido Demócrata, por iniciativa do xeneral progresista Juan Prim, para derrubar a monarquía de Isabel II de España. -
Revolución gloriosa
A Revolución Gloriosa" destronou á raíña española Isabel II. Os militares que lideraron a rebelión esgrimían razóns políticas e desexos de renovación do Estado, pero no transfondo había unha situación económica moi complicada.