-
Period: to
REINADO DE CARLOS IV
-
Derrota de Trafalgar
A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval. Dita batalla está considerada como unha das máis importantes do século XIX, onde se enfrontaron os aliados Francia e España contra a armada británica ao mando do vicealmirante Horatio Nelson, quen obtivo a vitoria. -
Tratado de Fontainebleau
O Tratado de Fontainebleau foi asinado entre os respectivos representantes de Manuel Godoy, valido do rei de España Carlos IV de Borbón, e Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal aliada do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da península ibérica e da Guerra da Independencia Española. -
Motín de Aranjuez
O Motín de Aranjuez ocorreu entre o 17 e o 18 de marzo de 1808 polas rúas desta localidade madrileña. Desencadeouse debido a varias causas motivadas pola política de Manuel Godoy, secretario de Estado de Carlos IV. Os contemporáneos mitificaron o suceso, situando o 19 de marzo, que simbolizaba a caída do deostado Godoy, como punto de partida da «Revolución Española». -
Abdicación de Carlos IV
Dous días despois do motín de Aranjuez, Carlos IV abdicou deixando o poder ao seu fillo, Fernando VII. -
Abdicacions de Bayona
As abdicacións de Bayona tiveron lugar o 5 e 6 de maio de 1808 na cidade francesa de Bayona. É o nome polo que se coñecen as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte. O emperador francés, pouco despois, cedeu tales dereitos ao seu irmán José Bonaparte, quen reinou co nome de José I. -
Period: to
Guerra da Independencia
A guerra da Independencia Española foi un conflito bélico que se deu entre o 2 de maio de 1808 e o 17 de abril de 1814 dentro do contexto das guerras napoleónicas, que enfrontou ás potencias aliadas de España, Reino Unido e Portugal contra o Primeiro Imperio francés, cuxa pretensión era a de instalar no trono español ao irmán de Napoleón, José Bonaparte, tras as abdicacións de Bayona. -
Cortes de Cádiz
Coñécese como Cortes de Cádiz á Asemblea constituínte inaugurada en San Fernando o 24 de setembro de 1810 posteriormente trasladada a Cádiz en 1811 durante a Guerra da Independencia Española. -
Period: to
REINADO DE FERNANDO VII
-
Period: to
Sexenio absolutista
O decreto do 4 de maio de 1814 foi o primeiro paso dun proceso destinado a restaurar o Antigo Réxime. A serie de reais decretos desta etapa serán a expresión dunha idea política que non terá maior ambición que devolver ao país unha lexitimidade prerrevolucionaria, desmontando sistematicamente canto levaran a cabo as Cortes de Cádiz. -
Period: to
Trienio liberal
En 1820 Rafael Riego sublevouse eproclamou orestablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se viu obrigado axurala. Os novos gobernos liberais restableceron a constitución e todas as leisreformistas. En 1823, a Santa Alianza enviou a España os Cen mil fillos de SanLuís, un exército que restableceu a Fernando VII como rei absoluto. -
Década absolutista
O rei volveu a derrogar a constitución e perseguiu duramente aos liberais. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamouherdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos MaríaIsidro, orixinándose un grave problema dinástico que desencadeou a primeiraguerra carlista en 1833. -
Period: to
Década absolutista
O rei volveu a derrogar a constitución e perseguiu duramente aos liberais. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamouherdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos MaríaIsidro, orixinándose un grave problema dinástico que desencadeou a primeiraguerra carlista en 1833. -
Period: to
REINADO ISABEL II
-
Period: to
A primeira rexente
A primeira rexente foi súa nai, María Cristina (1833-1840). Deu comezo aprimeira guerra carlista (1833-39), entre os partidarios de Isabel IIe os do seutío Carlos. Os carlistas defendían o absolutismo e as leis forais, polo que contabancon apoios nas provincias vascas, Navarra e Cataluña. A guerrarematou coasinatura do Convenio de Vergara (1839). -
Period: to
A rexencia de Espartero
En 1840, asumiu a rexencia o xeneral Espartero, progresista pero que gobernoude forma autoritaria. A rexencia acabou tras a sublevación de 1843, liderada poloxeneral moderado Narváez -
Period: to
Década moderada
Gobernos do liberais moderados dirixidos porNarváez. Promulgouse a constitución moderada de 1845, que ampliaba ospoderes da raíña (soberanía compartida entre a raíña e as cortes), recortabaliberdades e restrinxía o sufraxio censatario. Para manter a orde pública crearon a Garda Civil (1844). Os progresistasrealizaron diversos pronunciamentos. En1849, a radicalización dun sector dos progresistas deu orixe a unha novafamilia liberal: os demócratas. -
Period: to
Bienio progresista
En 1854 triunfou un pronunciamentoprogresista (pronunciamento de Vicálvaro) e Espartero presidiu novamente ogoberno. Entre as reformas progresistas destacan dúas leis de 1855: a Lei dedesamortización xeral de Madoz (bens da Igrexa, concellos,...) e a Lei deferrocarrís. -
Period: to
Década moderada-unionista e a fin do reinado
Neste períodoalternaron no poder os unionistas (moderados e progresistas de centro) deO’Donnelle os moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popularfoi en aumento pola política autoritaria da raíña. Nese ano progresistas,demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende no que acordaronderrocar a Isabel II. En 1868 a revolución expulsou a Isabel II do trono.