Galego

HISTORIA DA LINGUA

  • 802 BCE

    O galego lingua románica

    O galego lingua románica
    O galego, como todas as linguas romances, provén do latín vulgar falado na antiga provincia romana de Gallaecia, que comprendía o territorio da Galicia, Asturias, León e Zamora. Tras a caída do Imperio romano de Occidente, as diferentes variantes do latín consolidáronse. Una delas foi o galego medieval ou galaicoportugués.
  • 801 BCE

    Linguas de substratos

    Linguas de substratos
    As palabras procedentes das linguas prerromanas denomínanse substrato e corresponden ás linguas preceltas e ao celta
  • 800 BCE

    Preceltas

    Preceltas
    LINGUA DE SUBSTRATO: Pobos preceltas (anteriores aos celtas)
    SÉCULO: VIII A.C
    Consérvanse palabras como amorodo, cama, carballo, morea...
  • 600 BCE

    Celtas

    Celtas
    Linguas de substrato
    Século VI a.C
    Do celta conservamos palabras de uso común: beizo, berce, bico, billa...
  • 137 BCE

    Romanos (latín)

    Romanos (latín)
    O galego é unha lingua románica, romance ou neolitina, xa que deriva fundamentalmente do latín traídos polos romanos cando conquistaron o noso país. A conquista do noroeste hispánico iníciase no ano 137 a.C.
  • 137 BCE

    A romanización e o latín

    A romanización e o latín
    Enténdese por romanización de Hispania o proceso polo cal a cultura romana implantouse na península ibérica durante o período de dominio romano sobre esta.
  • 29

    Romanos (latín)

    Romanos (latín)
    Remanta coa conquista definitiva por parte do emperador Augusto entre os anos 29-19 a.C. A partir dese momento, a Galicia romana intergrouse primeiro en Lusitiana, posteriormente na Hispania Citerior, ata quedar finalmente constituída como provincia da Gallaecia.
  • 500

    Linguas de superestrato

    Linguas de superestrato
    As palabras que proceden dos pobos posteriores aos romanos denomínanse superestrato, e corresponde ás linguas xermánicas e á lingua árabe.
  • 501

    XERMÁNICOS ( Visigodos e Suevos)

    XERMÁNICOS ( Visigodos e Suevos)
    A partir do século V producíronse as invasións xermánicas.
    En Gallaecia asentáronse os suevos e, posteriormente os visigodos.
  • 701

    Árabes

    Árabes
    Chegaron a Galicia a principios do século VIII, aínda que a súa estadía foi moito máis breve que no resto da península. Son arabismo: aceite, alcume, alfaina, azucre...
  • 801

    GALEGO-PORTUGUES

    GALEGO-PORTUGUES
    Despois de recibir as influencias das linguas xermánicas e do árabe, a lingua falada no noroeste da península estaba tan evolucionada que, a partir do século IX, era xa un idioma perfectamente diferenciado do latín e das outras linguas románicas. Esta lingua recibe o nome de galego-portugués, por ser o idioma que se falaba en Galicia e no norte do actual Portugal.
  • 900

    Características del gallego-portugués medieval

    Características del gallego-portugués medieval
    Fronte ao galego actual, pero non do portugués, o vocalismo medieval presentaba como característica máis destacada a existencia de vogais nasais, produto da perda dunha /n/ intervocálico: lanam > lãa.
    Fronte ao galego actual, eran bisilábico moitos grupos vocálico que no galego de hoxe constitúen una sílaba (ve-er por ver).
  • 1100

    A literatura medieval galaico-portuguesa

    A literatura medieval galaico-portuguesa
    Desde mediados do século XII ata o século XIV floreceu na zona de Galicia e Portugal principalmente o xénero coñecido como lírica galaico-portuguesa. Estes versos eran cantados por trobadores, segreles e xograres nas cortes dos reis.
    A influencia máis marcada provén de Francia, da rexión de Provenza. Alí, cultivouse a poesía trovadoresca e a súa expansión cara ás costas occidentais da península ibérica se vió altamente favorecida polo camiño de Santiago.
  • 1101

    A literatura medieval galaico-portuguesa (as cantigas)

    A literatura medieval galaico-portuguesa (as cantigas)
    • Cantigas de amor: home que expresa o seu amor hacia unha muller casada. (amor incorrespondido) *Cantigas de amigo muller que recorda ao seu amigo (ao seu marido/mozo) *Cantigas de escarnio e maldicir. o trovador fai críticas a unha persoas
  • 1500

    Os séculos oscuros (causas)

    Os séculos oscuros (causas)
    Os séculos XVI, XVII e XVIII constitúen o periodo de decadencia para a lingua galega dando o nome de "Séculos Oscuros" na nosa terra. As causas foron:
    - A guerra civil do trono de Castela
    - A derrota de Xoana no conflicto que enfrenta a Isabel pola derrota de Castela no século XV
    - As guerras irmandiñas dos séculos XIV e XV
  • 1501

    Os séculos oscuros (DOMA E CASTRACIÓN DE GALICIA)

    Os séculos oscuros (DOMA E CASTRACIÓN DE GALICIA)
    As consecuencias desta decadencia para a lingua galega foi:
    - Morte e desterro dos nobres que non apoiaron aos Reis Católicos
    - Substitución da nobreza galega por outra foránea que pasou a ocupar os altos cargos da igrexa e das institucións
    - Chegada a Galicia de nobres castelás que ocupaban os postos de poder A igrexa contribuíu á marxinación do galego ao empregar o castelán, ainda que a lingua predominante era o latín. No ámbito familiar falábase o galego.
  • 1502

    Os séculos oscuros (imaxe de Galicia)

    Os séculos oscuros (imaxe de Galicia)
    Neste século dáse un desprezo por Galicia, os galegos e o noso idioma por parte das clases dominantes. A isto hai que engadirlle tamén a probeza e miseria nestes séculos de fame, pestes e guerras. Comeza así unha lenga negra que envolve Galicia. Neste periodo a literatura era escasa, pois os nobres non escribían en galego.
  • A ilustración

    A ilustración
    Este período dase na segunda metade do século XVIII. Neste periodo comezán a xurdir reclamacións sobre a dignificación da lingua galega e o cambio dunha imaxe pexorativa de Galicia.
    Os ilustrados reivindicaban melloras como a industrialización ou a modernización da agricultura.
    Catro dos ilustrados máis importantes que exixiron estas melloras foron: Frei Martín Sarmiento, Diego Antonio Cernadas e Castro, Xosé Andrés Cornidee Saavedra e Frei Benito Xerónimo Feixoo.
  • O Rexurdimento (parte 1)

    O Rexurdimento (parte 1)
    Coñecemos como Rexurdimento ao século XIV. Este período expresa nítidamente o que foi unha traxectoria de recuperación literaria, política, cultural e histórica.
    O longo do século tralo fin do absolutismo e o inicio da monarquía constitucional nacen os diversos movementos galeguistas, baseados na defensa da singularidade e da personalidade de Galicia
    Ao mesmo tempo a lingua galega reaparece escrita, algúns dos escritores que fixeron esto posible foron Rosalía, Pombal e Curros.
  • O Rexurdimento (parte 2)

    O Rexurdimento (parte 2)
    Tamén ten lugar a aparición da prensa escrita.
    Un dos obxetivos dos escritores deste tempo foi a dignificación social da lingua galega, reixeitando os prexuízos e actitudes despectivas, reinvindicando o seu emprego en todos os ambitos, así como a elaboración de diccionarios galegos e vanse fixando as peculiaridades fonéticas, morfolóxicas e léxicas do galego. Nacen tamén as primeiras editorias (Biblioteca Gallega, 1885)
  • Proceso de modernización

    Proceso de modernización
    Empeza un proceso de modernización. As cidades e a industria medra. Arredor dun millón de galegos emigran cara a países de Latino América.
    Os campesiños non eran os donos das terras, debían pagar moitos impostos.
  • Sociedade Protectora da Academia galega

    Sociedade Protectora da Academia galega
    Creada por Manuel Curros Enriquez e Xosé Fontina Leal.
    Creouse con dous obxectivos ben definidos: facilitar a creación dunha Academia que dese unidade ao idioma galego, entre outros cometidos, e fortalecela dos medios económicos necesarios para a súa supervivencia.
  • Agrarismo

    Agrarismo
    Xorde o Agrarismo, un movemento reinvindicativo que denunciaba as condicións de vida e loitaba polo acceso as terras propias .
  • Real Academia Galega

    Real Academia Galega
    É unha institución creada por Manuel de Murguía onde os seus obxetivos iniciais eran lingüísticos e incluían a elaboración dun diccionario e dunha gramática.
    Os membros da academia son destacadas personalidades do mundo da cultura e da lingua galega. A súa sede central está na Coruña e o seus presindente actual é Victor Fernández Freixanes.
  • Solidaridade Galega

    Solidaridade Galega
    A Solidaderidade Galega axudou a dinamizar o agrarismo.
    No 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega na que conflúen os republicanos José Rodríguez Martínez, os republicanos federais de Moreno Barcia, os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella e os rexionalistas de Manuel Murguía, Galo Salinas e Eugenio Carré. O Manifesto foi redactado polo ferrolán Rodrigo Sanz López, e o primeiro mitin levouse a cabo en Betanzos, o 6 de outubro de 1907
  • 1ª Guerra Mundial

    1ª Guerra Mundial
    Fórmanse dous sistemas contrarios: o capitalismo (o capital pertence ós sectores privados) e o socialismo (propiedade colectiva en contra da propiedade privada)
  • As Irmandades da Fala

    As Irmandades da Fala
    No ano 1916 fúndase as Irmandades da Fala, liderada por Antón Vilar Ponte. O seu propósito era lograr a dignificación e a normalización da nosa lingua.
    Marcáronse diversos obxetivos:
    - Introducir o galego no ensino
    - Promover o galego en diversos ámbitos
    - Crear publicación só en galego
    - Creación de entidades científicas e teatrais en galego
    - Diccioarios e gramática, Potenciaron o teatro, a narrativa e o ensaio, fomentaron o uso literario en galego, etc
  • Bohemia Parisiense

    Bohemia Parisiense
    Despois da guerra a xente busca esquecer e divertirse (Bohemia Parisiense). Cae a bolsa de Nova York, e a economía dos países desenvolvidos mellora co consumismo.
  • Revista "Nós"

    Revista "Nós"
    Créase a revista Nós, publicada entre os anos 1920 e 1963 ,impulsada e dirixida por Vicente Risco. A revista tiña contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político,
    Tiña un carácter nacionalista e prentendía normalizar o uso do galego e convertelo nunha lingua cultura. Ademáis, tentou conseguir esa dignificación mediante o deseño gráfico, sendo Castelao o responsable artístico da revista
  • Primo de Rivera

    Primo de Rivera
    Un golpe de Estado encabezado polo xeneral Primo de Rivera consolida unha ditadura que perseguiu as linguas e culturas non oficiais.
  • Seminario de Estudos Galegos

    Seminario de Estudos Galegos
    Créase o Seminario de Estudos Galegos, unha institución cultural formada por intelectuais universitarios e integrantes das Irmandades da Fala. A intención era estender o galego.
  • Eliminación de Foros

    Eliminación de Foros
    Neste ano consíguese a eliminación dos foros, contratos agrarios que permitían vivir a algúns de rentas, mentres que á maioría da poboación estaba afogada por estas.
  • II República

    II República
    Remata a ditadura e fórmase a II República, na que idiomas como o catalán e o galego son recoñecidos como linguas oficiais. Despois de varios anos apartados do poder central, os partidos galeguistas cobran forza
  • Partido Galeguista

    Partido Galeguista
    Crease o Partido Galeguista. Un partido nacionalista galego e con relevancia na política da II República.
    O seu órgano de prensa foi "A Nosa Terra"
    Os seus obxetivos eran a cooficialización do galego, converter a Galcia nunha nación e lograr un Estatuto de Autonomía.
  • Estatuto de Autonomía

    Estatuto de Autonomía
    O Estatuto de Autonomía do 1936 foi un estatuto que defendía os mesmos obxetivos que o partido galeguista, que foi proposto por este ( a cooficialidade do galego e revindicar o galego no ensino)
    Non foi apoiado maioritariamente as Cortes, e tan só foi admitido a trámite, por medo á Guerra Civil Española.
  • Novo golpe de Estado e Guerra Civil

    Novo golpe de Estado e Guerra Civil
    Un novo golpe de estado provoca a Guerra Civil, na que Franco saíu victorioso, establecendo unha nova dictadura fascista, é dicir, cun sistema político totalitario, nacionalista e militarista
  • 2ª Guerra Mundial

    2ª Guerra Mundial
    Estala a 2ª Guerrra Mundial e, aínda que España se mantivo neutral debido a súa situación xeográfica, esta converteuse nunha zona moi concurrida da flota alemá.
  • Día das Letras Galegas

    Día das Letras Galegas
    O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
  • Lei de Normalización Lingüística

    Lei de Normalización Lingüística
    A Real Academia Galega é recoñecida como entidade normativizadora do galego mediante a Lei de Normalización Lingüística.