-
1642 BCE
Parlamentarismo inglés
En Inglaterra, a dinastía Estuardo intentou gobernar de forma absoluta, pero a burguesía, que dominaba o Parlamento, opúsoxe, dando lugar ás revolucións de 1642 e 1688, triunfando a monarquía parlamentaria. -
A República das Provincias Unidas
Implantouse un sistema de goberno non absolutista.Cando se independizaron de España en 1648, convertéronse nunha república, e o poder era exercido polos burgueses. A república estaba formada por sete provincias, cada unha co seu propio Parlamento. Os representantes de todas elas reuníanse nos Estados Xerais, onde se adoptaban as decisións comúns. -
Declaración dos dereitos
O parlamentarismo inglés basouse na supremacía das leis sobre o monarca, que aceptaba o control. Nesta declaración, no ano 1689, o rei garantía unha serie de dereitos e liberdades, e indic´base que o monarca non podía aprobar leis, crear novos impostos ou cobralos sen a aprobación do Parlamento -
Antigo Réxime
Sistema político, social e económico vixente en Europa no s.XVIII. Ten unha sociedade estamental, unha economía agraria e unha monarquía absoluta. -
A Guerra de sucesión Española
En 1700, a morte de Carlos II de Habsburgo sen descendencia enfrontou a Francia co Sacro Imperio no intento de instalar no trono español os seus candidatos; Felipe de Anjou, da casa de Borbón, e o arquiduque Carlos de Habsburgo. -
A Guerra de Sucesión Española II
Iniciouse así en 1701 a guerra de Sucesión, que foi un conflito internacional na cal se enfrontaron unha coalición de potencias europeas (Sacro Imperio, Países Baixos e Reino Unido) contra Francia e España. Tamén foi unha guerra civil, porque gran parte de Castela apoiou a Filipe de Anjou, mentres que a Coroa de Aragón foi partidaria de Carlos de Habsburgo. -
A Guerra de Sucesión Española III
En 1713 o arquiduque Carlos foi nomeado emperador, feito que supuxo o final da guerra. En 1714 asinouse o Tratado de Utrecht, no que se recoñecía a Filipe V como rei de España. A cambio, España renunciou ás súas posesións en Flandres e Italia, que entregou a Austria, ademáis, cedeu Xibraltar e Menorca a Reino Unido e concedeu aos británicos vantaxes comerciais con América -
Intendencia
Contribuíu ao reforzamento do control político de Galicia por parte do Estado. Cunha nova centralización do poder. -
Carlos III e o motín de Esquilache.
Carlos II foi o máximo expoñente do desotismo ilustrado en España. O monarca nomeu ministros italianos, como Esquilache, que aplicaron reformas que ían en contra dos intereses dos grupos privilexiados. Estes, aproveitando unha crise de subsistenza, promoveron o motín de Esquilache (1766), un levantamento popular contra este ministro. -
A paralización das reformas con Carlos IV e a crise da Facenda Real
Carlos IV accedeu ao trono en 1788. Cando en 1789 comezou a Revolución francesa, en España identificouse Ilusración con Revolución. Por iso, freáronse as reformas e intensificouse a censura para que as ideas revolucionarias non penetrasen es España. Os ministros de Carlos IV (Floridablanca, Aranda e Godoy) tiveron que facer fronte tamén á grave crise de Facenda real. -
1ª Etapa da Revolución Francesa
-1789: convocatoria dos Estados Xerais(asamblea tres estamentos). Presentan cadernos de queixas(reformas). Desacordo na votación(por estamentos ou individual).
-1789: o terceiro estado reúnese na sala de Xogo de Pelota e pasa a formar unha Asemblea Nacional que promete dar a Francia unha constitución, pasando desta forma a chamarse Asemblea Constutinte -
2ª Etapa da Revolución Francesa
-Asemblea Constituinte (1789-1791). Na rúa os campesiños asaltan a Bastilla(cárcere) o 14 de xullo de 1789. Absolución das formas feudais.
-Constitución de 1791: soberanía nacional(poder do pobo). Dereitos fundamentais. Separación de poderes(Montesquieu). Sufraxio censitario. -
3ª Etapa da Revolución Francesa
-Asemblea Lexislativa(1791-1792): oposición da nobreza e do clero para non perder os privilexios. Guerra no esterior contra a Francia Revolucionaria. Dentro de Francia os xacobinos(radicais) piden máis reformas. Derrotas francesas no exterior. O monarca é destituido nas súas funcións. -
4ª Etapa da Revolución Francesa
-Convención (asemblea) xirondina 1792-1793: os xirondinos (moderados) son maioría na asemblea. Proclama a República e condena ao rei por traidor (a familia real intentou fuxir) e gillotinaron. Europa declara unha nova querra contra Francia. Dentro de ésta sucédense numerosos enfrontamentos con grupos contrarrevolucionarios(realistas). A revolución radicalízase. -
5ª Etapa da Revolución Francesa
-Convención xacobina ou montañesa de 1793-1794: un golpe de Estado coloca aaos xacobinos e sans-culottes no poder dirixidos por Robespierre. Constitución democrático con soberanía popular e sufraxio universal masculino. Robespierre implanta unha ditadura. Comeza o Réxime do Terror, onde os que se opoñen á revolución son guillotinados.Fíxanse prezos altos ós artigos básicos e establécense salarios.Robespierre perde apoios e os xirondinos sácano do poder. -
6ª Etapa da Revolución Francesa
Directorio: goberno dos xirondinos con nova Constitución 1795 (ano III); soberanía nacional, sufraxio censitario, separación de poderes. Estableceuse un Directorio(o poder está en 5 persoas, colexiado) Oposició á revolución por parte dos máis radicais (conxura dos iguais) e dos contrarrevolucionarios(realistas). Napoleón frea os enfrontamentos de París. El será enviado a combatir en Italia(menos popularidade). Da un golpe de Estado polo apoio da burguesía e as victorias no exterior. -
7ª Etapa da Revolución Francesa
Consulado: golpe de Estado de Napoleón, Brumario de 1799, inicia o consulado co poder en tres cónsules: Ducos, Sieyès e Napoleón. Napoleón faise co poder e en 1804 proclámase emperador. -
Sociedades Económicas de Amigos do País de Lugo e Santiago
-
Arte Barroca en Galicia: fachada do Obradoiro de Santiago
De Fernando de Casas Novoa, cun efecto escenográfico grande pola abundante decoración e a mobilidade dos muros -
Batalla de Trafalgar
España participou xunto con outros países na loita contra a Francia revolucionaria. A firma da paz de Basilea en 1795, que supuxo a cesión a Francia da parte española da illa de Santo Domingo. Coa firma do Tratado de San Ildefonso en 1796, retomouse a tradicional alianza hispano-francesa que levou ao enfrontamento naval co Reino Unido, entón, a primeira potencia marítima mundial. No curso do conflito a armada española foi destruida na Batalla de Trafalgar en 1805.