-
500 BCE
S. VIII- VI -- LINGUAS CELTAS E PRECELTAS
S. VIII - VI a.C.
Do celta conservamos palabras de uso común como beizo, berce, bico, billa ou carro; topónimos com Tarascón, Viascón ou Barallobre e hidrónimos como Sar ou Limia.
Dos pobos preceltas consérvanse palabras como amorodo, cama, carballo, morea, parra ou toxo. -
1 BCE
S. I a.C. - S. II d.C LATIN
Do latín temos palabras patrimoniais (lúa, amigo chuvia,
noite ou facer), cultismos ( lácteo, directo ou pleno) ou semicultismo (chaga, cravo ou prata) -
400
S. V -- XERMÁNICOS
S. V d.C. -- Os pobos xermánicos (suevos e os visigodos) deixaron palabras de uso común e referentes á guerra (banco, branco, escuma, esmagar, espía, guerra, roupa, sopa, toalla, xabón,...); topónimos como Allariz, Guitiriz, A Gudiña, Forcarei, Suevos,...; e antropónicos como Afonso Fernando, Gonzalo, Alberte, Elvira, Branca.... -
700
S. VIII -- ÁRABES
S. VIII d. C.
Os árabes deixáronnos palabras como aceite, alcumen, alfaia, alfinete, azucre,,.. e topónimos como A Mezquita ou Rábade -
800
S. IX -- GALEGO - PORTUGUÉS
S. IX d.C. -- A partir deste século a língua falada no noroeste da península era xa un idioma claramente diferenciado do latín e doutras linguas románicas. Chamouse galego- portugués porque se falaba en Galicia e o Norte de Portugal. -
900
S. X -- TEXTOS ESCRITOS EN GALEGO PORTUGUÉS
Os primeiros textos escritos en galego datan do século X e son anotacións sobre outros textos, pero co tempo o seu emprego esténdese a todo tipo de obras en prosa: documentos notariais, crónicas, obras didácticas.... -
1100
LITERATURA
S. XII --P
A finais deste século convértese en lingua literaria e temos a lírica galego- portuguesa medieval. Convértese nun dos idiomas máis prestixiosos da Península en na lingua poética por excelencia na que trobadores e xograres compoñen as cantigas..