-
2000 BCE
Forzas políticas do Parlamento galego
A decisión unilateral do PP de elevar até o 5% a porcentaxe mínima de votos para obter representación parlamentaria e a adopción por parte do BNG dun discurso máis moderado, acollendo no seu seo a todas as correntes do nacionalismo agás o independentismo, motivaron que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro.
Deste xeito, o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG, PsdeG-PSOE e BNG. -
1987 BCE
O PsdeG-PSOE chega ao poder
Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral. -
1982 BCE
Primeiros días da autonomía
X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Neles púxose en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leisfundamentais para o desenvolvemento da Autonomía. -
1899 BCE
Chegada de Manuel Fraga ao poder
A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese
momento.