Obispadoi01d0063osaneis

Os aneis de Santo Estevo de Ribas de Sil

  • 501

    A orixe do mosteiro, probablemente no s. VI

    Probablemente a orixe, como noutros caso similares de mosteiros da Ribeira Sacra, foi un eremitorio creado no século VI, ao comezo da chegada do cristianismo que penetrou seguindo a calzada Vía nova que unía as cidades de Austurica Augusta (Astorga) e Bracara Augusta (Braga) e outras que enlazaban o que hoxe é Galicia coa meseta, e abandonado tras a invasión musulmá.
  • Period: Jan 1, 900 to Jan 1, 1000

    Os nove bispos dos séculos X e XI

    Segundo o libro de Emilio Duro (antigo arquiveiro da catedral de Ourense) e a autora María Oruña, acredítase que nove bispos medievais escolleron morrer no mosteiro de Santo Estevo. Cada un tiña un anel episcopal e a súa mitra. Trátase de ANSURIO, VIMARASIO, GONZALO, FROALENGO, SERVANDO, VILIULFO, PELAYO, ALFONSO y PEDRO
  • Jan 1, 921

    Ano 921: Primeiro documento que fala do mosteiro

    Ano 921: Primeiro documento que fala do mosteiro
    Cunha orixe anterior ao século x, a primeira documentación escrita en que se nomea o mosteiro está datada o o 12 de outubro do ano 921, na que o rei Ordoño II autoriza ao abade Franquila a realizar a reconstrución das dependencia monacales e concédelle numerosas posesións grazas á intercesión do influente conde Gutier Menéndez, o pai de san Rosendo, fundador do mosteiro de San Salvador de Celanova, que o describe como un lugar sacro abandonado e arruinado desde antigo.
  • Jan 1, 1220

    Alfonso IX acredita a existencia dos bispos

    Alfonso IX acredita a existencia dos bispos
    Segundo un documento asinado polo rei sinálase: «Doy y concedo al monasterio de Santo Estevo, y de los nueve obispos que allí están enterrados, por quienes Dios hace infinitos milagros, todo lo que pertenence y debe pertenecer al derecho real en todo el coto del monasterio citado».
  • Jan 1, 1463

    Primeiro traslado dos corpos

    Primeiro traslado dos corpos
    Os nove corpos son levados dende o claustro do Bispos ata o altar da igrexa, ao retablo antigo. (3 a nivel do chan e 6 alzados). Foron colocados nunha única caixa.
  • Jan 1, 1562

    Grave incendio en 1562

    Grave incendio en 1562
    En 1562 hai un incendio que destrúe parte das instalacións. A mediados do século XVI, tras o incendio de 1562, reconstrúese o claustro e dótaselle dun piso máis, este de estilo tardogótico con arcos campanales e columnas pequenas, onde se situarían as celas dos monxes no lado este. Tras o incendio de 1562, que destruíu toda a documentación do mosteiro, construíuse no ángulo nordeste do Claustro Pequeno un torreón para o arquivo monasterial
  • Segundo traslado dos corpos

    Segundo traslado dos corpos
    Cando se fai o actual retablo sepáranse os restos dos bispos, unha vez construidos os dous armarios relicarios de madeira de castaño -hai facturas de carpinteiros que acreditan este punto-. Un tería cinco ocos e outro catro -alí apareceu a bolsa cos aneis- e estaban situados a ámbolos dous lados do retablo.
  • Documento notarial acredita "milagro"

    Documento notarial acredita "milagro"
    Documento certificado ante notario en 1594: ... Niña ciega de nacimiento... recupera de forma íntegra la visión (...) Pedro Rodríguez... tullido con un año en cama recupera la movilidad. Juan Carballo y Pedro Algueira, que sanaron de asombramiento y pasmo tras quince días sin habla (...) Doncella Polonia del Prado, sanó de calenturas muy peligrosas (...) Alonso Carballo, que estaba para morir con hinchazón muy grande en la garganta SANÓ TRAS TOCAR LOS ANILLOS
  • Última pista dos aneis: Canonización dos bispos

    Última pista dos aneis: Canonización dos bispos
    Tense constancia dun arquivo notarial (ENTENDO QUE O DE 1594) que recolle que se pretendía santificalos para que o fluxo de peregrinos na zona sexa superior. Ese documento recolle mesmo o feito de que unha nena deixaba de ser cega grazas aos «aneis sanadores». O abade promotor morre e o asunto é arquivado.
  • Escudo na Casa do Médico

    Datada en 1687. Conta co emblema coas 9 mitras.
  • Escudo coas nove mitras na Casa de Audiencias

    Tamén chamada Casa da Inquisición ou xuízos, de 1752, conta con un
  • Ocupación durante a Guerra da Independencia

    Ocupación durante a Guerra da Independencia
    Os franceses ocuparon en 1810 o mosteiro, levando xoias e adornos
  • Period: to

    Referencias en inventarios de 1821 e 1836

    Nos documentos do Arquivo Catedralicio coláronse varios inventarios da desamortización do S. XIX: «Ano 1836. Ynventario número 2 del estinguido Monasterio de Santo Estevo de Ribas del Sil... Cáliz, 4 viajeras...». Indica que non está a caixa do inventario número 1. É dicir, constaban tamén en 1821.
  • Desamortización de Mendizábal

    Desamortización de Mendizábal
    Péchanse as portas dos mosteiros e son desvalixados. O pouco que se pode rescatar das bibliotecas dos monacatos ourensáns remata na Biblioteca Provincial. Goberno, veciños e ladróns levaron todo, ata o punto de que as columnas do claustro están nos muros das casas da vila. A desamortización non afectou á igrexa. Os bens foron subastados, agochados polos monxes ou simplemente, desapareceron.
  • Period: to

    Proxecto e rehabilitación do mosteiro

    Convertirase no actual Parador de Turismo
  • Aparecen os cadros dos bispos

    Aparecen os cadros dos bispos
    No ano 2004, por mor das obras do Parador, aparecen os cadros de seis bispos (Faltan tres dos bispos e o de San Franquila, suposto fundador do mosteiro). Un metro de ancho e metro e medio de alto. Cada un nunha actitude diferente e ataviados con túnica negra, luxosa mitra e anel episcopal cunha pedra preciosa.
  • Oruña publica 'El bosque de los cuatro vientos'

    Oruña publica 'El bosque de los cuatro vientos'
    María Oruña (Vigo, 1976) publica unha novela de intriga histórica. Conta a historia dunha muller que a comezos do século XIX enfróntase ás convencións propias da súa época. Está ambientada en Santo Estevo e, de feito, tan só uns meses depois atoparán os aneis os alter ego da súa novela: a restauradora e o crego. Personaxes baseados en Vania López, directora do Centro de Conservación San Martín da diocese de Ourense e o párroco da igrexa, Xosé Xulio Rodríguez Fernández.
  • Aparecen catro dos nove aneis

    Aparecen catro dos nove aneis
    Os traballos de restauración no altar maior da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil provocan a súa aparición. Nunha das furnas, nos relicarios que están a ámabolos dous lados, trátase de catro aneis de prata. Segundo a lenda da igrexa pertencerían a catro dos nove bispos que na Idade Media viviron no mosteiro, hoxe parador de turismo. Na igrexa existen, no escudo e esculpidas no teito, nove mitras, nove referenecias a estes bispos e atribúenselle aos aneis propiedades sanadoras.