-
Empeza o reinado de Carlos IV
-
Period: to
REINADO DE CARLOS IV
Época de grandes cambios orixinados pola Revolución francesa. Prodúcese a crise progresiva da monarquía tradicional española. -
Revolución francesa
O temor á propagación das ideas revolucionaras fan que o goberno de Carlos IV, dirixido polo conde de Floridablanca, aplique un control da propaganda por medio da Inquisición. -
Detención de Luis XVI
As monarquías europeas saen en defensa do monarca francés e atacan aos revolucionarios, mais non poden vencelos. -
Manuel Godoy é nomeado Secretario de Estado
Grazas á protección e os favores de María Luísa de Parma. Trata de negociar a liberación de Luís XVI. -
Execución de Luis XVI
España entra en guerra (Guerra dos Pirineos) cos revolucionarios. -
Paz de Basilea
Godoy pon fin á guerra dos Pirineos despois das sucesivas derrotas. A política exterior oriéntase a consolidar unha alianza coa Francia revolucionaria. -
Tratado de San Ildefonso
Consolida a alianza cos franceses revolucionarios para facer fronte ás ameazas de Gran Bretaña sobre o comercio colonial. Os enfrontamentos con Iglaterra serán constantes. -
Napoleón chega ao poder en Francia
-
Godoy é nomeado Xeneralísimo
As súas actuacións, a súa orixe fidalga e a acumulación de títulos, honores e poder, provocará críticas e oposición. -
Batalla de Trafalgar
Os ingleses conseguen o dominio absoluto dos mares. España entra nunha crise económica moi grave polos custos da guerra, polo endebedamento da Facenda e pola quebra do comercio colonial. -
Bloqueo continental
Impedía o comercio con Gran Bretaña. Portugal non o cumpre e Napoleón planea a súa conquista. -
CONTEXTO socioeconómico
Crise social e económica. Guerras, fame pola pobreza das colleitas, epidemias… aumento da mortandade, prezos disparados. Comercio colapsado. Estado en bancarrota. Godoy foi culpabilizado da situación e a oposición organizouse en torno a Fernando VII. -
Proceso do Escorial
Conspiración de Fernando VII. -
Tratado de Fontainebleau
A cambio de que tropas francesas atravesasen España, acordouse a repartición do reino de Portugal e a creación do reino dos Algarves para Godoy. -
Motín de Aranxuez
Os partidarios de Fernando VII toman o poder, Godoy é detido e Carlos IV é obrigado a abdicar. -
Period: to
Guerra de Independencia
Fractura o Antigo Réxime e inicia un proceso que culmina coa revolución liberal. O pobo español adquiriu conciencia da entidade nacional e da súa soberanía. As ideas liberais penetraron con forza. A guerra desenvolverase a través das guerrillas e estará dirixida por Xuntas Revolucionarias. -
Abdicacións de Baiona
Carlos IV explica a Napoleón por que tivo que abdicar. Napoleón reúne a familia real española en Baiona para intermediar e consegue que Fernando VII lle devolva a coroa a Carlos IV e este cedeu os dereitos a Napoleón. Foron recompensados con castelos, rendas e privilexios. Napoléon nomeou a Xosé I rei de España. -
Xosé I Bonaparte é nomeado Rei de España
-
Cortes
Xunta Suprema Central —> Consello de Rexencia —> Cortes
Hai dúas tendencias ideolóxicas: liberais e absolutistas. -
Constitución de Cádiz 1812
Soberanía nacional (elixibilidade censitaria), monarquía na que o poder do rei está limitado, separación de poderes, declaración de dereitos e liberdades dos cidadáns, propiedade privada, Milicias Nacionais, unitarismo e centralismo político (elimínanse privilexios forais), catolicismo de Estado. -
Tratado de Valençay
Pon fin á Guerra de Independencia e recoñece a Fernando VII como rei de España. -
Fernando VII chega a España
Recibido con entusiasmo, mais non se sabía se aceptaría as reformas das Cortes de Cádiz. Os liberais esixían que o rei acatase e aprobase os decretos das Cortes. Os absolutistas eran partidarios de que o rei recuperase a plenitude da súa soberanía. -
Period: to
Sexenio Absolutista
-
Period: to
REINADO DE FERNANDO VII
Intento de deter as conquistas liberais e regresar ao absolutismo para manter a monarquía tradicional española. -
Manifesto dos Persas
-
Real Decreto
Golpe de Estado de Fernando VII para restaurar o absolutismo declarando nulas as reformas das Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812.
Conta co apoio de parte do exército, do clero e da nobreza. -
Pronunciamento de Díaz Porlier
Os liberais son reprimidos e afastados do poder. So poderán recurrir aos pronunciamentos para implantar o seu proxecto de monarquía liberal. Este pronunciamento, que ten lugar na Coruña, fracasa. -
CONTEXTO socioeconómico
Fernando VII gobernou en permanente inestabilidade. A situación económica era desastrosa: o Estado estaba en quebra.
O envío de tropas a América para combater o movemento independentista agravou a situación.
A situación dos campesiños empeorou, a restitución dos privilexios forais xerou tensións.
O afundimento do comercio colonial afectou a burguesía e ao incipiente proletariado (paro).
O exército viuse afectado pola demora nos pagos. -
Pronunciamento de Rafael Riego
Finalmente triunfa porque en Coruña, parte dos oficiais, co apoio da burguesía, detiveron as autoridades realistas, formaron unha Xunta de Goberno de Galicia e restauraron a Constitución.
Despois, houbo procesos similares noutras cidades. -
Period: to
Trienio Liberal
Restablécese a lexislación das Cortes de Cádiz. Diferencia entre liberais moderados e liberais exaltados. -
Intento de Contrarrevolución
Despois da sublevación, os liberais exaltados acceden ao poder para vixiar estreitamente as actuacións do rei. Fernando VII pide axuda internacional para restaurar o absolutismo. -
Cen Mil fillos de San Luís
Dirixido polo duque de Angulema, invade España. Despois da intervención da Santa Alianza, Fernando VII aboliu todas as leis e institucións creadas durante o Trienio Liberal e restaurou o absolutismo. -
Period: to
Década Absolutista
-
CONTEXTO socioeconómico
A volta do absolutismo non foi idéntica a de 1814 porque recortáronse gastos, mantívose a abolición da Inquisición, houbo ministros reformistas… Os grupos máis absolutistas organízanse en torno a Carlos, futuro herdeiro ante a falta de descendencia de Fernando. -
Guerra dos agraviados
Insurrección no Pirineo catalán que reclamaba a entrega do trono a Don Carlos. Inicia o carlismo. -
Abolición da Lei Sálica
Obxectivo: que a súa filla Isabel accedese ao trono.
O seu irmán Carlos considerará esta medida como ilegal. -
Sucesos da Granxa
Fernando VII en estado agonizante firma a supresión da Pragmática (aboliu a abolición da Lei Sálica). Logo volveu a poñela en vigor, relevou aos ministros carlistas e autorizou a María Cristina a presidir o Consello. -
Manifesto de Abrantes
Carlos reivindica desde Portugal os seus dereitos ao trono. -
Period: to
REXENCIA DE MARÍA CRISTINA
- Carlismo: lexitimidade de Carlos, absolutismo, tradicionalismo, foralismo.
- Liberalismo moderado: liberalismo doutrinario, soberanía compartida entre a Coroa e as Cortes, Estado unitario e centralizado, limitación dos dereitos individuais…
- Liberalismo progresista (en etapas anteriores coñecido como liberais exaltados): primacía das Cortes, descentralización municipal, interpretación ampla das liberdades… van a ser excluídos e terán que recorrer á violencia para alzanzar os seus obxectivos.
-
Period: to
Primeira Guerra Carlista
Intensa nas provincias vascas, Navarra e norte de Cataluña.
Desenvólvese a través de guerrillas debido a superioridade do exército isabelino. Foi longa pola resistencia dos carlistas e as divisóns internas no exército isabelino. -
Estatuto Real
María Cristina nomea xefe de goberno a Martínez de la Rosa e, debido ás presións dos liberais, promulga un Estatuto Real. En realidade é unha convocatoria de Cortes. -
Revolución de 1835
Os progresistas están instatisfeitos e crean Xuntas Revolucionarias apoiándose na Milicia Nacional. Mendizábal é nomeado xefe de goberno e inicia medidas para acabar cos fundamentos do Antigo Réxime: restablecemento das deputacións provinciais, supresión dos conventos que non prestasen servizo social, expropiación dos bens deses conventos, reforma do recrutamento militar… -
Revolución de 1836 - Pronunciamento dos sarxentos da Garda Real no Palacio da Granxa
As políticas de Mendizábal fan que a raíña desconfíe del e o destitúe. A parálise das reformas aumentou as protestas dos liberais progresistas e volveron ao poder. A rexente xurou a Constitución de Cádiz e celebráronse eleccións. -
Constitución de 1837
De carácter progresista, garantía a estabilidade política e alternancia no poder. Soberanía compartida (predominio das Cortes), Cortes bicamerais, elección popular nos Concellos, Milicia Nacional, declaración de dereitos e liberdades, certa tolerancia relixiosa. -
Convenio de Vergara
Algúns carlistas, dirixidos por Maroto, chegan a un acordo con Espartero (xeneral do exército isabelino). Recomendaban ao goberno o mantemento dos foros e o recoñecemento dos empregos e graos militares do exército carlista. A cambio aceptarían a Constitución de 1837.
Carlos de Borbón non aceptou e a guerra continuou dirixida por Cabrera. -
Period: to
REXENCIA DE ESPARTERO
Os modernos volven ao poder tras unhas eleccións e desvirtúan as reformas progresistas. Hai un movemento insurreccional e María Cristina marcha ao exilio. Espartero viuse obrigado a marchar porque os seu autoritarismo causara conspiracións militares entre os seus iniciais defensores. -
Isabel II maior de idade
Tiña 13 anos nese momento. Querían evitar unha nova rexencia. -
Period: to
REINADO DE ISABEL II
Conservador, regulado pola Constitución de 1845. Gobernos autoritarios, limitación das liberdades… -
Goberno de Narváez
Isabel II encomenda a Narváez a formación dun goberno moderado. -
Period: to
Década Moderada
-
Constitución de 1845
De carácter moderado, soberanía compartida, supremacía da Coroa, sufraxio censatario, restrición das liberdades, confesionalidade católica do Estado… Garda Civil -
Period: to
Segunda Guerra Carlista
Protagonizada por campesiños que protestaban pola crise agraria, os impostos e o recrutamento do exército. Non conseguen os seus obxectivos e a represión foi dura. -
Concordato con Roma
A Igrexa aceptaba a venda do seu patrimonio realizadas polas desamortizacións a cambio de que se mantivese a relixión católica como oficial e única, que a educación estivese conforme á doutrina católica, dotar economicamente ao clero. -
Pronunciamento, a Vicalvarada
Progesistas e moderados descontentos protagonizan este pronunciamento liderado por O’Donnell.
Días despois fórmanse xuntas nas cidades. -
Period: to
Bienio Progresista
A raíña nomea a Espartero xefe de Goberno e a O’Donnell ministro de Guerra.
Lei de desamortización, lei de ferrocarrís… -
Golpe de O’Donnell
Aproveitando as divisións entre progresistas, oposición dos moderados, falta de apoio popular, autoritarismo de Espartero, a gran inestabilidade… deu un novo golpe e derrotou a Milicia Nacional e afastou do poder aos progresistas (Espartero). -
Period: to
Década Moderada
Altérnanse no poder Narváez e O’Donnell. Restauran a Constitución de 1845. -
Pacto de Ostende
No exilio, progresistas, demócratas e republicanos acordaron derrocar a Isabel. O obxectivo era establecer un goberno provisional que asumise os principios do liberalismo democrático e convocase eleccións para constituír unhas Cortes por sufraxio universal masculino que decidirían o modelo de Estad. PRIM -
Period: to
Bienio Ultramoderado
Discrepancias entre a raíña e O’Donnell provocan unha crise política. Narváez asume a presidencia gobernando de forma ditatorial. Os sectores máis radicais organizaron accións fracasadas. -
Morte de O’Donnell e Narváez
A raíña queda sen apoios. (fecha orientativa) -
Revolución Gloriosa
Protagonizada polas forzas opositoras a Isabel II. Expulsou aos Borbóns de España, abrindo a posibilidade de configurar un novo sistema político baseado no liberalismo democrático e nos intereses das clases medias. PRIM é o líder da conspiración. -
Goberno provisional de Serrano
-
Pronunciamento das tropas da mariña
Asinado por xenerales de prestixio: Prim, Serrano e Topete. Vencen ás tropas da raíña na batalla de Alcolea. Xurdiron Xuntas Revolucionarias que xunto ás reclamacións democráticas, esixían a abolición dos consumos e a supresión do sistema de quintas. -
Period: to
Guerra de Cuba
Os crioulos ven inaceptable a presenza de comerciantes peninsulares e o monopolio comercial. Céspedes sublevouse contra o goberno colonial. O conflicto hipotecou a Facenda e impide a aplicación das reformas prometidas na Revolución Gloriosa. -
Period: to
SEXENIO REVOLUCIONARIO
-
Constitución de 1869
Inspirada no liberalismo democrático. Soberanía nacional, monarquía como forma de goberno, poder executivo para o rei, poder lexislativo para as Cortes bicamerais, dereitos e liberdades amplas, liberdade de culto. -
Period: to
GOBERNO PROVISIONAL
Serrano convértese en rexente e Prim inicia a búsqueda dun rei. -
Morte de Prim
Amadeo I queda sen o seu principal valedor. -
Period: to
REINADO DE AMADEO I
-
Amadeo I
Tivo escasos apoios. Ten que facer fronte as dificultades de goberno tras a ruptura da coalición e as tensións entre os líderes, o desenvolvemento da Guerra de Cuba, a oposición dos republicanos e a terceira guerra carlista. -
Period: to
Terceira Guerra Carlista
-
Amadeo I renuncia á Coroa
-
Figueras
Republicano moderado, é nomeado como presidente do poder executivo. -
Period: to
PRIMEIRA REPÚBLICA
Nace sen apoios. Os seus partidarios non tiñan unha visión común.
- Unitarios
- Federais
+ Gradualistas dirixidos por Pi i Margall. Desde arriba.
+ Cantonalistas. Desde abaixo. -
Pi i Margall
Nomeado presidente do poder executivo. Elabórase un proxecto de Constitución. -
Revolución Cantonal
Acaba por afundir a República. Proclámase o cantón en Cartaxena e fanse co control da flota e do arsenal. -
Salmerón
Pi i Margall dimite ante a disxuntiva de ter que sufocar polas armas a revolta cantonalista.
Agás en Cartaxena, Salmerón rematou rapidamente co cantonalismo e deulles poder a militares conservadores como Martínez Campos e Pavía. -
Castelar
Salmerón dimite porque non quere firmar penas de morte.
Con Castelar, a república dá un xiro cara a dereita e obtén das Cortes poderes extraordinarios para sufocar definitivamente a revolución. No momento de reabrir as Cortes, un grupo de deputados quere darlle un xiro á esquerda de novo e derrotaron a Castelar. -
Golpe do Xeneral Pavía
Conservador, para impedir que a República dese un xiro á esquerda, invadiu o hemiciclo e disolveu a Asemblea sen atopar resistencia. -
Serrano
Ante o baleiro de poder, Serrano asume o poder e suspende as garantías constitucionais. -
Manifesto de Sandhurst
-
Pronunciamento de Martínez Campos
Cánovas formou un gabinete de rexencia. -
Alfonso XII
Rei pacificador. -
Period: to
RESTAURACIÓN
Intento de articular un sistema político estable que poña fin aos pronunciamentos militares e que garanta os intereses das clases dominantes. -
Constitución de 1876
Centrista e flexible. Monarquía constitucional, poder do rei está limitado polas Cortes. O rei ten o poder executivo, parte do lexislativo, a responsabilidade da política exterior e o mando do exército. Artigos flexibles complementados con leis posteriores sobre os dereitos e liberdades individuais. Cortes bicamerais. Relixión católica oficial pero hai liberdade. -
Paz de Zanjón
Pon fin á guerra de Cuba. Prometía realizar reformas en beneficio da illa e unha ampla amnistía. A tensión non desapareceu e houbo revoltas posteriores. -
Pacto de El Pardo
A morte prematura do rei provoca incerteza. María Cristina, coa que tivera dúas fillas, estaba embarazada. Os partidos dinásticos acordaron continuar o réxime durante a rexencia de María Cristina e agardar para proclamar o herdeiro. -
Partido Liberal - Fusionista
Chega ao poder dirixido por Sagasta. Desenvolven os dereitos da Constitución de 1869. -
Sufraxio universal masculino
Sagasta (Partido Liberal) introduce o sufraxio universal masculino. Ata entón era censatario. (para elexir os representantes do Congreso) -
Desastre de 1898