-
1369
Guerra Civil (1366-1369)
Guerra Civil polo trono de Castela entre Pedro I e Henrique de Trastámara. Foi unha das causas do declive da língua galega porque supuxo a morte e o desterro dos nobres que non apoiaron aos vencedores. -
1469
Gran Guerra Irmandiña (1466-1469)
Foi un revolta social. A Cora de Castela aopiou aos Irmandiños, pero non pretendia acabar co rexime señorial senon cos nobres galegos. Anque as revoltas foron sofocadas deu lugar a un control máis férreo por parte da monarquía e da administración castelá en Galicia. Este proceso histórico foi coñecido como “doma e castración” do reino de Galicia, polo cal o poder político galego quedaría sometido á vontade de castelá durante séculos.Isto afectaría tamén á lingua e literatura galega. -
1479
Guerra de Sucesión Castelan (1475-1479)
Derrota de Xoana a Beltranexa fronte a Isabel polo dereito á coroa de Castela (s. XV). Os reis católicos levaron unha política centralizadora que afectou tamén á lingua e a literatura galegas. -
1483
"Pranto da Frouseira"
Anque nestes anos a literatura é basicamente oral, anomina e popular consérvanse algunhas mostras de autor. -
1483
Prosa: Relazón da carta xecutoria
Narra a execución de Pardo de Cela, Indicadno o 23 traidores que o venderon -
1500
Chegada da imprenta -finais S. XV
Foi importante no proceso de castelanización porque a lingua empregada foi o castelan, e tamé o latín. -
Period: 1500 to
SÉCULOS ESCUROS - S.XVI, XVII e XVIII.
É un período de decadencia da língua e literatura galega. Debdio as guerras de sucesión Galicia pasou a depender da Coroa de Castela, que implatou unha política centralista e sustitue á nobreza e ao clero galego por outros casteláns nos postos de poder.O castelan convértese na lingua da administración, da igrexa e no ensino, mentres que o galego quedou relegado ao uso oral e coloquial das clases populares. Iniciouse así o desprestixio social do galego e comezou o proceso desgaleguizador. -
1504
Creación da Universidade de Santiago
Tivo importancia na castelanización porque a língua empregada era o castelán e tamén o latín., ao igual que nas escolas, coa conseguinte perda de peso do galego. -
1530
"Soneto de Monterrei"
-
1562
CONCILIO DE TRENTO - 1562
No Concilio de Trento acórdase o uso das linguas vernáculas no labor pastoral para entender mellor a mensaxe cristiá, mais a Igrexa galega optou polo castelán tanto para lingua interna como para o contacto cos fieis. -
Aracana naçaon
de Isabel e Castro e Andrade, condesa de Altamira, a primeira escritora galega coñecida. -
Exequias da raíña Margarida.
Dous sonetos escritos con motivo da morte da raíña Margarita. -
Décimas ao Apóstolo Santiago
Martín Torrado. -
Entremés famosos sobre a pesca no río Miño
De Gabriel Feixoo de Araúxo, é a peza teatral máis importante das que se conservan. -
Period: to
S.XVIII A ILUSTRACIÓN
Coa chegada da ilustración iniciase unha reacción contra o atraso e marxinación da nosa terra e algúns ilustrados procuran dignificala. estudan a nosa lingua e defende o seu valor como idioma de cultura. recuperan o cultivo literario e preparan o camiño para o Rexurdimento. Así a situación empeza a cambiar. -
Frei Martiño Sarmiento (1695-1772)
Realiza importantes estudos sobre a lingua galega, estuda e recompila léxico e fraseoloxía, denuncia os prexuízos lingüisticos e a marxinación do galego, defende o seu uso escrito e propón a súa introdución na escola e na igrexa. -
Frei Bieito Xerónimo Feixoo (1676-1764)
Demostrou que o noso idioma procede do latín, que non é un dialecto do castelán, e que forma unha unidade co portugués. -
Os Precursorres do Rexurdimento
Xorden cara á medtade do século. Aquí inclúense todos os escritores que teñen obra publicada antes da aparición de "Cantares Gallegos" de Rosalía (1863). Na súa maioría ligados á xeración do 1846, a primeira xeración galeguista. O rexurdir da literatura galega vai moi unido ao nacemento da ideoloxía galeguista. -
Primeiros Xogos Florais.
Era un concurso literario que gañou Añon co seu poema "A Galicia". Ao seguinte ano publicouse o Álbum de la caridad, no que se recollían composicións premiadas e tamán dooutros autores da época coma Rosalía, Pintos e Pondal. -
Eduardo Pondal (1835-1917)
Publicou o seu primeiro poema en 1862 no "Album da Caridad", pero a súa primeira creación foi "Queixumes dos pinos" en 1886. O himno galego creouno por petición de Pascual Veiga en 1890. -
1863 -Publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro
Esta obra marca o inicio do Rexurdimento.
Anque na lingua falada ten máis peso o castelán, o galego reaparece como línga escrita e retoma o seu cultivo literario, que se consolida no Rexurdimento, que foi protagonizado por Rosalía de Castro, Curros e Pondal, sobre todo. -
Period: to
O REXURDIMENTO
O galego segue sendo unha lingua falada pola maior parte da poboación, pero o galego segue medrando porque as clases medias se van castelanizando debido aos xornais, á educación, empresarios casteláns,... que usaban o castelan, que estaba mellor visto. Un dos obxectivos dos escritores deste tempo foi dignificar socialmente a lingua galega. -
Aparición da prensa en galego
o primeiro xoranl escrito integramente no noso idioma foi O tío Marcos da Portela, creado en 1876 en Ourense por Valentín Lamas Carvajal. -
Curros Enriquez (1851-1908)
Publicou en 1877 "A Virxe do Cristal". e "Aires da miña terra" en 1880. Foi un dos autores máis destacados do Rexurdimento. A sua obra caracterizase polo seu contido social. -
Primeiros diccionarios
F.X. Rodríguez, 1863
X.Cuveiro, 1876
Marcial Valladares, 1884 -
1885- Biblioteca Gallega
Nesta época nacen as primeiras editoriais. -
Primeiras gramáticas
F. Mirás, 1864
Saco e Arce, 1868
Valladares, 1892 -
CREACIÓN DAS IRMANDADES DA FALA
Marca o fin da etapa do Rexurdimento.