-
Cátedra Caixanova de Estudos Feministas
-
Área de Igualdade
Anterior á obriga por lei, a Universidade creo este servizo e introduciu no seu plan estratéxico o obxectivo de desenvolver unha política propia en materia de igualdade -
Informe diagnose da igualdade de xénero na U. de Vigo
Informe elaborado para coñecer as fortalezas, debilidades e carencias respecto á igualdade. Incluía propostas para a elaboración dun plan de igualdade -
Unidade de Igualdade
O Consello de Goberno aprobou o cambio de denominación por Unidade de Igualdade para axeitarse á lei. -
Comisión de Igualdade
Órgano colexiado encargado de apoiar e asesorar a todos os órganos de goberno e de representación da Universidade en materia de igualdade. -
I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da U. de Vigo (2012-2014)
4 eixes de actuación
• Compromiso da Universidade de Vigo coa igualdade de xénero
• A cultura da igualdade na Universidade de Vigo
• Docencia, investigación e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero
• Relacións sociais e condicións de traballo nun contorno de igualdade. -
Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo
Ten por obxecto a prevención, información sensibilización e formación e asesoramento en materia de acoso sexual.
Establece un procedemento para a tramitación e resolución das
denuncias formuladas polas vítimas ou por unha terceira persoa que teña coñecemento dos feitos. -
Avaliación do I Plan
O informe de avaliación foi acompañado dun Informe de datos da composición de mulleres e homes da Universidade de Vigo (2009-2014) que actualizaba datos xerais cuantitativos da composición da institución. -
II Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes da U. de Vigo (2016-19)
Estrutura
Eixe 1. Cultura da igualdade na Universidade de Vigo
Eixe 2. Proxección social da Universidade con perspectiva de xénero
Eixe 3. Docencia, investigación e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero
Eixe 4. Condicións sociolaborais con perspectiva de xénero