-
Primeiros anos de Autonomía
X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros anos da Autonomía. Neles púxose en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento da Autonomía. -
Tripartito con González Laxe
Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral. -
Manuel Fraga
A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese momento. -
PP, PSOE E BNG: as tres forzas políticas de Galicia
A decisión unilateral do PP de elevar de votos para obter representación parlamentaria e a adopción por parte do BNG dun discurso máis moderado motivaron que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro. Deste xeito, fronte a pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdG, PsdeG-PSOE e BNG.