Galicia

A EVOLUCIÓN POLÍTICA DA GALICIA AUTONÓMICA

  • FERNÁNDEZ ALBOR (1982-1987)

    FERNÁNDEZ ALBOR (1982-1987)
    X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Neles púxose en marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis fundamentais para o desenvolvemento da Autonomía.
  • GONZÁLEZ LAXE (1987-1990)

    GONZÁLEZ LAXE (1987-1990)
    Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do novo proceso electoral.
  • MANUELFRAGA (1990-2005)

    MANUELFRAGA (1990-2005)
    A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese momento.
  • MANUEL FRAGA (1990-2005)

    MANUEL FRAGA (1990-2005)
    Por outra banda, a decisión unilateral do PP de elevar até o 5% a porcentaxe mínima de votos para obter representación parlamentaria e a adopción por parte do BNG dun discurso máis moderado, acollendo no seu seo a todas as correntes do nacionalismo agás o independentismo, motivaron que non se puidese consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro.
  • MANUEL FRAGA (1990-2005)

    MANUEL FRAGA (1990-2005)
    Deste xeito, fronte a pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG, PsdeG-PSOE e BNG.