-
A revolución de 1905
Domingo vermello ou sanguento: en San Petersburgo,unha manifestación pacífica dirixiuse cara o palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral. A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos. -
Motín do acoirazado Potemkin
O descontento tamén chegou ao exército producíndose motíns das tropas como este nomeado, no que se negaban a comer carne con vermes. -
Duma imperial de Rusia
Ante a amplitude das protestas, o tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesión de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asemblea lexislativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control, incrementar as detencións e acabar pola forza coas desordes públicas; despois,os escasos poderes da Duma foron recortados paulatinamente, -
Inicio da Primeira Guerra Mundial
Rusia entrou na Primeira Guerra Mundial do bando dos aliados porque formaba parte da Triple Entente. -
Revolución de Febreiro de 1917
A poboación de Petrogrado(San Petersburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución. -
Abdicación do Tsar Nicolás II
O 27 de febreiro organizouse de novo o Soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e dos soldados, e dirixido por menxeviques e eseristas. Incapaz de controlar a situación, o Tsar abdicou. -
Proclamación da República e establecemento do Goberno Provisional
Rusia converteuse nunha República, o poder legal quedaba nas mans dun Goberno provisional presidido por Lvov, apoiado polas forzas liberais burguesas e os oficiais do exército. -
Teses de Abril de Lenin
Nas Teses de Abril expuxo a estratexia ue debían seguir os bolxeviques para conseguir unha revolución socialista. -
As xornadas de Xullo
A situación desesperada das masas populares, as ofensivas alemás na fronte de guerra e as chamadas dos bolxeviques e os anarquistas, provocaron violentas manifestacuóns en Petrogrado contra o Goberno. A insurrección foi controlada polo exército e os bolxeviques foron perseguidos, e Lenin tivo que fuxir a Finlandia. -
Goberno Provisional de Kerenski
As xornadas de xullo supuxeron un freo para as tendencias máis radicais da revolución perseguidas polo Goberno presidido por Kerenski (eserista), que contaba co apoio dos eseristas e dos menxeviques. -
O Golpe de Estado no Xeneral Kornilov
O xefe supremo do exército ruso, o xeneral Kornilov, organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques. -
Creación dun novo Goberno
O II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun novo Goberno(Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaban parte, entre outros, Trotski, como Comisario de Exteriores, e Stalin para Asuntos das Nacionalidades. -
Triunfo Bolxevique
Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a insurrección armada. A data fixada foi o día 25.
Na noite do 24, a Garda Vermella ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos dda cidade; pola mañá case toda a capital estaba en mans dos insurrectos.