Historia de espac3b1a espanya retro

historia 1936-2016

  • Period: to

    SITUACIÓN POLÍTICA EN ESPAÑA

    As transformacións que se viviron no país durante o periodo democrático foron espectaculares. A democracia constitue un grande cambio político, a pluralidade do país na Constitución e as comunidades autónomas constituen unha grande descentralización. A sociedade viviu un proceso de cambio nunca visto en tan corto tempo.coas mulleres españolas como protagonistas dun proceso de liberación sin precedentes no noso país.Neste periodo democrático o máis longo da nosa historia queda moito por escribir.
  • II REPÚBLICA

    II REPÚBLICA
    A Segunda República Española foi o réxime político democrático que existiu en España entre o 14 de abril de 1931, data da súa proclamación, en substitución da monarquía de Alfonso XIII, e o 1 de abril de 1939, data do final da guerra civil, que deu paso ao réxime franquista
  • GUERRA CIVIL 1936-1939

    GUERRA CIVIL 1936-1939
    A Guerra Civil Española foi un conflito social, político e bélico que se desencadeou en España tras o fracaso parcial do golpe de estado do 17 e 18 de xullo de 1936 levado a cabo por unha parte do Exército contra o goberno da Segunda República.Comezou unha guerra civil que concluiría o 1 de abril de 1939 co último parte de guerra asinado por Francisco Franco, declarando a súa vitoria e establecendo unha ditadura.
  • A FALANGE

    A FALANGE
    Foi o partido único do reximen franquista.
    A súa principal función foi o control da vida social e económica do país a través de diversas institucións do réxime: a Fronte de Mocidades, a Sección Feminina, e a Organización Sindical.
    A Falange xogou un rol importante nos primeiros momentos da ditadura. Tras a derrota das potencias fascistas do Eixo en 1945 pasou a ter un papel máis secundario.
  • DICTADURA FRANQUISTA

    DICTADURA FRANQUISTA
    Coñécese como ditadura de Franco ou franquista ao período da historia de España correspondente ao xeneral Francisco Franco como xefe do Estado e co desenvolvemento do franquismo. Desde1939 ata a súa morte e sucesión en 1975.O novo réxime instaurado tivo desde un principio uns fundamentos ideolóxicos moi claros
  • ANOS DA FAME 1940-1951

    ANOS DA FAME 1940-1951
    A autarquía como política económica baseada na busqueda de autosuficiencia e intervención do Estado:
    -Racionamento dos alimentos.
    -Extensión do mercado negro de todo tipo de produtos. O "Estraperlo" converteuse para moitos no único medio para adquirir bens necesarios e para uns poucos na forma de enriquecerse rapidamente.
    -Corrupción xeneralizada. A vida social baseouse na "recomendación", en ter contactos cos burócratas do réxime que facilitasen a dura vida da época.
  • CORTES ESPAÑOLAS

    CORTES ESPAÑOLAS
    Desde 1942 funcionaron as denominadas Cortes Españolas, que deron soporte institucional á ditadura de Franco, especialmente na medida que se abandonaba a retórica totalitaria inicial. O Consello Nacional do Movemento, que se reunía no antigo Palacio do Senado, daba un aspecto bicameral ao sistema político.
  • FIN 2ª GUERRA MUNDIAL

    FIN 2ª GUERRA MUNDIAL
    A Segunda Guerra Mundial foi un conflito militar global que se desenvolveu entre 1939 e 1945. Nel víronse implicadas a maior parte das nacións do mundo, incluídas todas as grandes potencias, agrupadas en dúas alianzas militares enfrontadas: os Aliados da Segunda Guerra Mundial e as Potencias do Eixo. Foi a maior contenda bélica da Historia
  • ANOS 50 FIN DA AUTARQUÍA

    Xiro de política económica, fin ao racionamento en 1952 e liberación parcial dos prezos e do comercio xunto coa circulación de mercadorías. Tamén comeza a chegar a axuda americana. O cambio cambio de política internacional produxo unha forte inflación e un forte malestar social.
    En 1957 entra no goberno un grupo de tecnócratas do Opus Dei que diseñarían o Plan de Estabilizacion de 1959
  • FIN DO AILLAMENTO DIPLOMÁTICO A ESPAÑA

    En 1950, a ONU, a instancias de EEUU, recomendou o fin do illamento diplomático de España. Recibe axuda leite en pó, que se reparte nas escolas...
  • ETA

    ETA
    Grupo terrorista de ideoloxía nacionalista vasca que se proclama independentista, abertzale, socialista e revolucionaria. A través de atentados violentos marcou a sociedade española.
  • DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

    DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
    O desenvolvemento industrial desencadeou unha intensa emigración de man de obra campesiña cara ás cidades e cara a Europa.En definitiva o período 1961-1973 estivo marcado por un gran desenvolvemento económico, dentro dun marco xeral de expansión europea e mundial. Ese contexto exterior favorable permitiu abundantes inversions extranxeiras, unha masiva chegada de turistas e a eliminación do paro mediante a emigración a Europa.
  • CREACIÓN COMISIÓNS OBREIRAS

    As primeiras comisións obreiras foron organizadas durante os estes anos en Asturias
  • ATENTADO CARRERO BLANCO

    ATENTADO CARRERO BLANCO
    O asasinato de Carrero Branco, tamén coñecido polo seu nome en clave "Operación Ogro", foi perpetrado polo grupo armado ETA o 20 de decembro de 1973 contra o almirante Luís Carrero Blanco, o entón presidente do goberno de España durante a ditadura franquista
  • ARIAS NAVARRO 1973-1976

    ARIAS NAVARRO 1973-1976
    Persoa notoria no réximen franquista que foi nomeado presidente do goberno en 1973, tras a morte de Carrero Blanco. Foi o encargado de comunicar aos españois que Franco falecera.Primeiro presidente da monarquía de Juan Carlos I
  • FRANQUISMO 1939-1975

    A ditadura baseou o seu sistema político na estrita prohibición dos partidos políticos, unida a unha brutal represión contra os que apoiaran á República.
  • RESTAURACIÓN DA DEMOCRACIA TRANSICIÓN

    RESTAURACIÓN DA DEMOCRACIA TRANSICIÓN
    A Transición española é o período da historia de España no que se levou a cabo un proceso polo que o país deixou atrás o réxime ditatorial de Franco e pasou a rexerse por unha constitución que instauraba un Estado social e democrático de dereito. Dita fase constitúe a primeira etapa do reinado de Juan Carlos I.
  • ADOLFO SUAREZ1976-1981

    ADOLFO SUAREZ1976-1981
    Primeiro presidente da democracia foi figura moi importante na transición. Nun principio non foi moi ben recibido, pero en 1977 a oposición pasa a aceptar con Suarez o inevitable: o fin do franquismo. O novo presidente propónse duas metas:
    -Elaborar unha Constitución que artelle politicamente o novo sistema democrático
    -Facer frente ao terrorismo de ETA
  • CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

    CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
    A Constitución española de 1978 é a norma suprema do ordenamento xurídico español, á que están suxeitos os poderes públicos e os cidadáns de España.
  • GOLPE DE ESTADO DO 23-F

    GOLPE DE ESTADO DO 23-F
    Foi un intento fallido de golpe de estado de algúns militares entre eles Tejero, debido a unha situación politico social complicada entre eles un goberno novo, dificultades económicas, complexidade para articular unha nova organización territorial, accións terroristas de ETA e por último resistencia de certos sectores do exercito a aceptar un sistema democrático.
  • CALVO SOTELO 1981-1982

    CALVO SOTELO 1981-1982
    Gobernou só un ano e medio. Durante a votación da súa investidura irrumpiu o xeneral Tejero o 23F. Marcado pola descomposición do seu partido, logrou aprobar a lei do Divorcio entre outras. Tocoulle sufrir o escándalo do aceite de colza desnaturalizado.
  • FELIPE GONZALEZ 1982-1996

    FELIPE GONZALEZ 1982-1996
    Tras a vitoria obtida polo PSOE nas eleccións do 28 de outubro de 1982, nas que Felipe González obtivo o 48,11% dos sufraxios e 202 deputados, sendo esta a primeira maioría absoluta dun partido na democracia en España, ademais de ocupar a cifra máis alta de deputados ata a data, foi elixido presidente do Goberno español polo Congreso dos Deputados
  • ESPAÑA FIRMA TRATADO ADHESIÓN NA U.E

    ESPAÑA FIRMA TRATADO ADHESIÓN NA U.E
    As aspiracións de España por lograr a súa incorporación ás Comunidades Europeas cobraron impulso coa chegada da democracia e, con tal propósito, o Goberno do presidente Adolfo Suárez solicitou, o 26 de xullo de 1977, oficialmente a adhesión á CEE. En 1986 firma o tratando de adhesión á U.E
  • AZNAR 1996-2004

    AZNAR 1996-2004
    Jose María Aznar non conseguiu a maioría absoluta e viuse obrigado a pactar coas minorías nacionalistas para acceder á presidencia do goberno.
    Aznar centrou os seus esforzos en implementar unha política económica ortodoxa que reducise o déficit público e reactivase a actividade económica privada. O gran obxectivo era cumprir os denominados criterios de converxencia (inflación, débeda, déficit...) establecidos no Tratado de Maastricht de 1991 e que unha vez alcanzados permitirían a España unirse
  • CAMBIO DE PESETAS A EUROS

    CAMBIO DE PESETAS A EUROS
    A peseta foi a moeda de curso legal en España e as súas colonias desde a súa aprobación o 19 de outubro de 1868 ata o 1 de xaneiro de 1999, cando se introduxo o euro. España formaba parte da U.E Acontecemento que marcou a sociedade, o cambio de divisa, novos prezos... produxo un cambio social.
  • ATENTADO TERRORISTA

    ATENTADO TERRORISTA
    Foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede de proximidade de Madrid levados a cabo por unha célula terrorista de tipo yihadista. Produxeron 190 mortos e 1857 feridos/as sendo o maior atentado producido en Europa.
  • ZAPATERO 2004-2012

    ZAPATERO 2004-2012
    José Luis Rodríguez Zapatero será lembrado pola súa política social, con avances como o matrimonio homosexual e a lei de Dependencia e tamén por ser o presidente do Goberno durante unha das peores crises económicas que se lembran.
  • RAJOY 2011-2015

    RAJOY 2011-2015
    É o presidente actual en funcións e as súas políticas basearonse nunha forte redución do gasto público para controlar o déficit orzamentario, a reforma laboral, unha nova lei de educación contraria ao resto de partidos políticos entre outras