-
Cambio do nome do Partido Obreiro Alemán
A partir de 1919 residiu en Munic, onde frecuentaba os circulos ultranacionalistas da cidade e entrou a formar parde do Partido Obreiro Alemán. A comezos de 1920, baixo a influencia de Hitler, este partido mudou o nome polo de Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán e fixou as súas bases nos chamdos 25 puntos nacionalsocialistas. -
Formación das Seccións de Asalto (SA)
Funcionaron como unha organización voluntaria tipo milicia vinculada ao NSDAP, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán. Aos membros das SA coñecíaselles como «camisas pardas», pola cor da súa camisa e uniforme, para distinguilos das « SS», que levaban uniformes negros e camisa branca (ás veces tamén parda), a diferenza dos camisas negras italianos. -
Creación da bandeira da cruz gamada
En 1920, Adolf Hitler decidiu que o partido nazi necesitaba a súa propia insignia e bandeira. Para Hitler, a nova bandeira tiña que ser «un símbolo de nosa propia loita», así como «altamente eficaz como estandarte». O 7 de agosto de 1920, no Congreso de Salzburgo, esta bandeira converteuse no emblema oficial do Partido Nazi. A esvástica pronto se converteu nun símbolo do odio, o antisemitismo, a violencia, a morte e asasinato -
Golpe de Estado en Múnic
O golpe de estado de Hitler de 1923 en Munich, chamado tamén " Putsch de Munich ou da cervexaría", foi un intento errado golpe de estado polos Nazis, organizado e executado por Adolfo Hitler entre 8 Novembro e o 9 de novembro de 1923 xunto a outros lideres políticos, incluído o xeneral Eric Ludendorff. -
De ser un partido político minoritario a ser a primeira forza política
Ata 1929 os nazis contaron con escasos apoios, desenvolveron unha dobre estratexia nas rúas, as SA enfrontáronse a socialistas e comunistas e nas sucesivas eleccións o partido nazi convérteuse na primeira forza política, conseguinte o apoio de amplos sectores da poboación, desde obreiros á gran burguesía. -
Hitler é nomeado chanceler
Aínda que non tiñan a maioría, contaban co apoio de partidos de dereitas en xaneiro de 1933 Hitler foi nomeado chanceler por Heinderburg, presidente da República. -
Incendio do Reichstag
A campaña electoral estivo chea de violencia e os nazis aprobeitaron o incendio do Reichstag (provocado por eles mesmos) para acusar os comunistas e conseguir a aprobacion dun Decreto para a protección do pobo e do Estado polo que podían suspender a liberdade individual e deter os opositores. -
Noite dos coitelos longos
O partido nazi para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército e ordenou a execución e asasinato de xefes da SA e de todos aqueles que criticaban n asúa política na coñecida como noite dos coitelos longos. -
Leis de Nurenberg
Foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935 durante o sétimo congreso anual do NSDAP ( Reichsparteitag) celebrado na cidade de Núremberg (Alemaña). -
Noite dos cristais rotos
A noite dos cristais rotos (en alemán, Novemberpogrome 1938 ou Kristallnacht) foi unha serie de linchamentos e ataques combinados ocorridos na Alemaña nazi, e comprendendo Austria tamén, durante a noite do 9 ao 10 de novembro de 1938 e levado a cabo contra cidadáns xudeus polas tropas de asalto das SA xunto coa poboación civil, mentres as autoridades alemás observaban sen intervir, sendo así o maior pogromo na historia.