O nazismo alemán

  • Revolución Espartaquista

    Revolución Espartaquista
    Foron as folgas e as loitas armadas en Berlín, que ao ser sofocadas, deron fin coa Revolución de Novembro.
    A Liga Espartaquista, converteuse mais tarde no Partido Comunista de Alemaña.
  • Period: to

    República de Weimar

    Foi un réxime político, comprendido entre 1919 e 1933 tras a derrota do país na primeira guerra mundial.
  • Fundación NSDAP

    Fundación NSDAP
    Este partido surxiu ao calor da cultura racista, dereitista e ultranacionalista dos grupos paramilitares que combateron os levantamentos comunistas que se produxeron ao rematar a primeira guerra mundial.
  • Hitler ao fronte do partido Nazi.

    Hitler ao fronte do partido Nazi.
    Hitler elaborou unha estratexia para chegar ao poder por vía parlamentaria. Converteu o partido nunha organización de masas e iniciou unha aproximación cara ás mais poderosas organizacións nacionalistas, as clases medias e os grandes capitalistas.
  • Creación das SA

    Creación das SA
    Foi unha organización tipo milicia do NSDAP, foron coñecidos como camisas pardas.
    Foron o primeiro grupo militarizado nazi que creou grupos e rangos xerárquicos. Xogaron un papel importante no ascenso ao poder de Adolf Hitler.
  • Putsch de Múnic

    Putsch de Múnic
    Conócese con este nome ao intento falido de golpe de estado levado a cabo polos membros do Partido Nacionalsocialista dps Traballadores de Alemaña e polo que foron condenados os dirixentes nazis.
  • Creación das SS

    Creación das SS
    As SS foron unha organización militar, policial, política, penitenciaria e de seguridade da Alemaña nazi.
    Establecéronse como a garda persoal de Adolf Hitler.
    Foron os responsables do mantemento e o funcionamento dos campos de concentración e de exterminio despois da guerra, foron acusados de xenocidio e de organización criminal.
  • Hindenburg presidente

    Hindenburg presidente
    Foi un militar de carreira alemá e presidente da República de Weimar, a súa morte o seu sucesor foi Adolf Hitler, creando a Alemaña nazi.
  • Hitler chanceler.

    Hitler chanceler.
    Hitler foi nomeado Chanceler, e xusto despois da morte de Hindenburg autoproclamouse líder e chanceler de imperial asumindo así o mando supremo do Estado Xermano.
    Transformou a República de Weimar no III Reich Alemán e gobernou un partido único basado no totalitarismo e na autocracia da ideoloxía nazi.
  • Period: to

    Ditadura nazi

    Período no que o NSDAP, gobernou o país alemán e no que se transformou nun país fascista que controlaba casi todos os aspectos da vida.
    Era un goberno machista e racista, onde se quería conseguir unha raza, que era a raza aria, e eliminar o resto de razas e culturas,
  • Hirler asume todos os poderes.

    Hirler asume todos os poderes.
    Hitler asume todos os poderes xa que obtén no parlamento uns 288 deputados, aínda que non toda a maioría absoluta.
    Tras chegar a un acordo cos nacionalistas e os membros do partido católico, Hitler aproba unha lei de plenos poderes, no que se lle facultaba para gobernar durante catro anos con poderes absolutos á marxe do parlamento e para anular o contido da Constitución.
    A partir deste intre, calqueira indicio de democracia, podían ser desterrados definitivamente.
  • Noite dos coitelos longos.

    Noite dos coitelos longos.
    Foi unha purga que tivo lugar en Alemaña, cando o réxime nazi levou a cabo unha serie de asasinatos políticos.
    Adolf Hitler opúxose ás SA e ao seu líder, porque o dirixente alemán percibía a independencia das SA e a inclinación dos seus membros cara á violencia nas rúas como unha ameaza contra a súa poder.
    Morreron polo menos 85 persoas durante a purga, aínda que o número total de falecidos puido ascender por centos,e máis de mil opoñentes ao réxime foron arrestados.
  • Morte de Hindenburg

    Morte de Hindenburg
    Coa morte do presidente da república desapareceu o último obstáculo para a posesión total do poder para Hitler. Como Hitler tiña todo o poder, comezou a establecer o résime nazi por todo Alemaña.
  • Leis de Nuremberg.

    Leis de Nuremberg.
    Foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade durante o sétimo congreso anual do NSDAP celebrado na cidade de Núremberg.
    Impedían que o colectivo xudeu relacionásese racialmente co pobo alemán. Estas leis raciais foron o comezo da discriminación e persecución do colectivo xudeu en Alemaña.
    Ditas leis non apuntaban a discriminar á etnia semita debido ás súas crenzas relixiosas propiamente tales (xudaísmo); senón que tiñan relación coa mesma
  • Creación das Gestapo

    Creación das Gestapo
    A Gestapo era a policía secreta da Alemaña nazi, totalmente subordinada polas SS e considerada coma unha organización dual.
    A función da Gestapo era a de investigar e combater «todas as tendencias perigosas para o Estado». Tiña autoridade para investigar os casos de traizón, espionaxe e sabotaxe, ademais dos casos de ataques criminais ao Partido Nazi e ao Estado.
  • Plan cuadrienal.

    Plan cuadrienal.
    Non pretendía "orientar" a economía alemá para a guerra, senón, máis propiamente, tiña como obxectivo que a economía alemá estivese preparada para a guerra nun prazo de catro anos, e igualmente e no mesmo prazo que as forzas armadas alemás estivesen operacionales.
  • Anschluss

    Anschluss
    Foi a incorporación de Austria a Alemaña nazi.
  • Noite de cristais rotos.

    Noite de cristais rotos.
    Foi unha serie de pogromos e ataques combinados ocorridos na Alemaña nazi,durante a noite e levado a cabo polas tropas de asalto das SA conxuntamente coa poboación civil, mentres as autoridades alemás observaban sen intervir.
    Estes pogromos foron dirixidos contra os cidadáns xudeus e as súas propiedades, así como tamén a destrución das sinagogas de todo o país.Os ataques deixaron as rúas cubertas de vidros rotos pertencentes aos escaparates das tendas e ás xanelas dos edificios de xudíos.
  • Invasión de Polonia

    Invasión de Polonia
    A operación técnica, coñecida como «Caso Branco» iniciouse o 1 de setembro de 1939 e as últimas unidades do exército polaco rendéronse o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi o detonante da Segunda Guerra Mundial en Europa e acabou coa Segunda República Polaca.