-
Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)
Foi fundado o 5 de xaneiro de 1919 porAnton Drexler. O DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista . Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles. Hitler afíliasea este partido. -
Aparición do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán)
O DAP cambiou o seu nome a Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP) e proclamou o programa dos 25 puntos que rexería ao partido nazi ata a súa prohibición. Hitler introduciu en movemento un grupo paramilitar uniformado, o chamado máis tarde Sturmabteilung (SA), similar ao das Camisas negras de Mussolini, así como postulados altamente racistas e antisemitas. -
Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA
En 1921, Hitler convértese no xefe indiscutible do NSDAP, crea a guz gammada e forma as Seccións de Asalto (SA), funcionaron como unha organización voluntaria tipo milicia vinculada ao NSDAP, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán. Aos membros das SA coñecíaselles como «camisas pardas», pola cor da súa camisa e uniforme, para distinguilos das «SS», que levaban uniformes negros e camisa branca (ás veces tamén parda), a diferenza dos camisas negras italianos. -
Putsch de Múnich
O 8 e 9 de novembro de 1923, Adolf Hitler e o Partido Nazi intentaron un golpe de estado que se coñece como o Putsch da Cervexaría. Co fin de tomar o control do goberno estatal, marchar sobre Berlín e derrocar ao goberno federal alemán. No seu lugar, tentaron establecer un novo goberno para supervisar a creación dun Gran Reich Alemán unificado onde a cidadanía basearíase na raza. O putsch fallou. -
Publicación do Mein Kampf
Hitler foi detido debido ao putsch de Múnich de 1923 e durante a súa estancia no cárcere redactou o seu libro-programa Mein Kampf (A miña loita). Nel fixo unha exposición do seu pensamento baseado na exaltación de Alemaña, o desprezo á democracia, a subordinación do individuo fronte ao Estado e a superioridade alemá. -
Triunfo do partido nazi nas eleccións
Nas eleccións de 1932, os nazis convertéronse na principal forza política, conseguindo o apoio de varios de amplos sectores da poboación, desde obreiros ata a gran burguesía, e sacaron partido do descontento xeral existente no pobo alemán. -
Hitler convértese no chanceler de Alemaña
En 1933 Hitler foi nomeado chanceler por Hindenburg, presidente da República de Weimar. -
Incendio do Reichstag
A campaña electoral dos nazis estivo chea de violencia e os nazis aproveitaron o incendio do Reichstag (provocado por eles mesmos) para acusar os comunistas e conseguir a aprobación dun Decreto para a Protección do Pobo e do Estado polo que podían suspender as liberdades individuais e deter os opositores -
Lei Habilitante
Mediante a Lei Habilitante, Hitler conseguía o poder de aprobar as leis sen participación do Parlamento, transformándose así en ditador. Era a fin da República de Weimar -
Noite dos Coitelos Longos
Para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército, descontento co superior tamaño das SA (tres millóns de camisas pardas), Hitler ordenou a execución e asasinato dos xefes das SA e de todos aqueles que criticaban a súa política. Naide podía opoñerse a Hitler. -
Hitler é nomeado Fuhrer de Alemaña
Tras a morte de Hindenburg en 1934, Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e xefe de Goberno, e días máis tarde, foi confirmado como Fuhrer de Alemaña. Todo o poder concentrábase nas súas mans e a súa palabra estaba por riba das leis. -
Leis de Núremberg
As leis de Núremberg foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935, celebrado na cidade de Núremberg (Alemaña)
estas leis impedían que o colectivo xudeu se relacionara racialmente co pobo alemán, restrinxindo así os seus dereitos, dando comezo á discriminación e persecución do colectivo xudeu en Alemaña. -
Noite dos cristais rotos
A noite dos cristais rotos foron unha serie de ataques ocurridos na Alemaña Nazi durante o 9 e o 10 de Novembro de 1938, levados a cabo contra cidadáns xudeus polas tropas de asalto das SA. Destruíronse e saqueáronse sinagogas, casas, negocios e escolas xudeas. Polo menos 91 cidadáns xudeus foron asasinados durante os ataques e outros 30 000 foron detidos