-
Hitler en Múnic
En Múnic frecuentaba os círculos ultranacionalistas da cidade e entrou a formar parte do Partido Obreiro Alemán. -
Influencia de Hitler
O Patido Obreiro Alemán mudou o seu nome polo Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán e fixo as súas bases en 25 puntos nacionalsocialistas: formación da grande Alemaña, derrogación do Tratado de Versalles, ampliación do territorio Alemán, racismo, nacionalización das grades empresas e ampliación do exército... -
Seccións de Asalto
Hitler era o xefe indiscutible e creou a bandeira da cruz gammada e formou as Seccións de Asalto (SA) uniformadas con camisas pardas e especializadas na loita nas rúas e na violencia sistemática contra os seus inimigos políticos -
Terceiro Reich
Entre 1933 e 1945 gobernaron en Alemaña os nacionalsocialistas ( ou nazis), instaurando un modelo de Estado totalitario. -
Salvadores de Alemaña
En 1929 os nazis contaron con escasos apoios, a Gran Depresión afectou duramente a Alemaña. A ruína económica intensificou as protestas sociaise a inestabilidade gobernamental e os nazis desenvolveron unha dobre estratexia: nas rúas, as escuadras das SA enfrontáronse a socialistas e comunistas, nas sucesivas eleccións presentaronse coa propaganda como salvadores de Alemaña. -
Chegando o poder
Nas eleccións de 1932 na primeira forza política, conseguindo o apoio de amplos sectores da poboación, desde obreitos, terratenentes ata a alta burguesía,e sacaron do descontento xeral. -
Hitler chanceler
En xaneiro de 1933 Hitler foi nomeado chanceler por Hindenburg, presidente da República. -
Incendio do Reichstag
ENtre febreiro de 1933 e agosto de 1934 construirase o Estado totalitario alemán que pouco despois convocou novas eleccións coas que pensaba obter a maioría absoluta. A campaña electoral estivo chea de violencia e os nazis aproveitaron o incendio do Reichstag ( provocado por eles) pa culpar os comunistas e conseguir a aprobación dun Decreto para a protección do pobo e do Estado polo que podían suspender as liberdades individuais. -
Acta de habilitación
O novo Parlamento, tras as detencións dos deputados comunistas,aprobou a concesión a Hitler da Acta de habilitación pola que conseguía o poder de aprobar leis sen participación do Parlamento, trasformándose así en dictador baixo unha apariencia de legalidade. Fin da República de Weimar. -
Noite dos coitelos longos
Hitler para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército, descontento superior das SA, ordenou a execución dos xefes das SA e a todos aqueles que criticaban a súa política na coñecida noite dos coitelos longos. -
Hitlet como Führer
Tras a morte do presidente da República, Hindenburg, Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e de xefe do Goberno e días máis tarde foi confirmado como Führer. -
Leis de Nuremberg
Foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi aprobadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935 durante o sétimo congreso anual do NSDAP celebrado na cidade de Nuremberg (Alemaña). -
Noite dos cristais rotos
Foi a destrucción e saqueo das sinagogas dos xudeus, casas e negocios. O que creou unha sociedade de pura raza aria e antisemitismo.