-
Period: to
República de Weimar
-
Fundación do Partido Obreiro Alemán (DAP)
Fundado o 5 de xaneiro de 1919 no hotel Fürstenfelder Hof de Múnic por Anton Drexler, o DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista coñecida como völkisch. Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles, un grupo político pequeno e descoñecido que se reunía en cervexarías da cidade de Múnic. -
O DAP convértese no Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán (NSDAP), e Hitler redacta os "25 puntos nacionalsocialistas"
O 24 de febreiro de 1920 celebrouse, a pedimento de Hitler, o primeiro mitin multitudinario do partido en Múnic, onde o mesmo Hitler leu os 25 puntos do Programa Nacionalsocialista, escritos por el e Anton Drexler e que pretendían, mesturando anticomunismo, pangermanismo e antisemitismo, gañarse ao proletariado para a causa nacionalista. Nesta mesma asemblea decidiuse o cambio de nome do movemento, pasando a denominarse «Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán». -
Adolf Hitler convértese en líder do NSDAP
Nunha reunión do Partido en Múnich, Hitler sale elexido Líder e Secretario Xeneral do NSDAP por votación interna, substituíndo a Anton Drexler, un dos seus fundadores. -
Fundación das SA
Creadas por Hitler e Ermst Röhm, as Sturmabteilung, ou SA (Seccións de Asalto) naceron como unha milicia urbana dependente do Partido Nazi, que se encargaba de reventar folgas e de "manter o orde" nas rúas, combatendo aos comunistas e obreiros contarios á ideoloxía do NSDAP. -
Putsch de Múnich
Ante o descontento xeneral dalgúns sectores da poboación co Goberno da República de Weimar, a crise económica, o aumento da hiperinflacción e a ocupación franco-belga do Ruhr, Hitler e os membros do NSDAP -basándose na Marcha sobre Roma de Mussolini- intentaron dar un Golpe de Estado en Múnich, que ao xestarse nunha cervecería recibiu o nome de "Putsch da Cervecería". O golpe foi un fracaso e Hitler foi arrestado e encarcerado. -
Hitler publica o Mein Kampf
Mentres se atopaba no cárcere, Hitler escribiu a "Biblia" do Nacionalsocialismo, a obra de ensaio Mein Kampf (A miña loita), escrito no que Hitler sentou as bases da teoría de Goberno que levaría a cabo anos despois -antisemitismo, racismo, rearme, conquistas en Europa- ao mesmo tempo que narraba con tintes autobiagráficos a súa vida, o seu papel na Gran Guerra de 1914-1918 e o seu ascenso á presidencia do NSDAP. -
O Partido Nazi consegue a maioría simple nas eleccións, pero convértese na forza política dominante
As eleccións federais de Alemaña de xullo de 1932 celebráronse co propósito de elixir os membros do sétimo Reichstag republicano. Aínda que non conseguiu gañar, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán liderado por Adolf Hitler, logrou posicionarse por primeira vez como a primeira forza política de Alemaña ao obter o 37.27% dos votos e unha primeira minoría de 230 escanos. Con todo, achouse lonxe de obter maioría absoluta, para a que eran necesarios 305 escanos de 608 posibles. -
Eleccións federales alemás de novembro de 1932
Franz von Papen, Canciller da República e líder do Partido de Centro Católico Alemán, buscou pactar con Hitler tras as eleccións de xullo para formar goberno, xa que a maioría simple do Partido de Centro non lle permitía formar o Executivo. Hitler negouse e celebrou unha moción de censura contra Papen, que falto de aopios viuse obrigado a disolver o Parlamento e convocar eleccións. Nas eleccións de novembro o NSAP, pese a perder preto de 2 millóns de votos, consolidouse como forza política. -
Period: to
Nazismo, III Reich