-
Primeiros movementos de Hitler
Hitler residía en Múnic, onde frecuentaba os círculos ultranacionalistas da cidade onde entra a formar parte do Partido Obreiro Alemán. -
Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán
O Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán ; abreviado como NSDAP, coñecido coloquialmente como Partido Nazi, foi un partido político activo en Alemaña entre 1920 e 1945 cuxa ideoloxía foi o nacionalsocialismo. O seu predecesor foi o Partido Obreiro Alemán, que existiu entre 1919 e 1920. -
Hitler, xefe indiscutible
Hitler era xa o xefe indiscutible do partido Nazi, é aí cando crea as SA e a bandeira de cruz gambada -
Putsch de Múnic
O putsch de Múnic foi un intento de golpe de estado na Alemaña de 1923 liderado por Adolf Hitler. O seu obxectivo era instaurar un novo Goberno en Baviera desde onde avanzar cara a Berlín. O fracaso, con todo, impulsou ao Partido Nazi, que se beneficiou da crise de posguerra. -
Nazis como primeira forza política
-
Hitler, chanceler alemán
En xaneiro de 1933, Hitler foi nomeado chanceler, o xefe do goberno alemán, e moitos alemáns creron que atoparan ao salvador da nación. -
Acta de habilitación
Aprobada polo Reichstag o 23 de marzo de 1933 que cedeu de facto todo o poder lexislativo a Adolf Hitler crebando a separación de poderes da República de Weimar. Foi o principal soporte xurídico sobre o que se construíu a transición dunha república parlamentaria á Alemaña nazi. -
Noite dos coitelos longos
A noite dos coitelos longos ou Operación Colibrí foi unha purga política que tivo lugar en Alemaña entre o 30 de xuño e o 1 de xullo de 1934, cando o réxime nazi, dirixido por Adolf Hitler, levou a cabo unha serie de asasinatos políticos -
Hitler, xefe supremo
Tras a morte de Hindenburg, hitler acumula as función de xefe de estado e de goberno, días máis tarde convértese no fürer de Alemaña. -
Leis de Nuremberg
As Leis de Núremberg ( Nürnberger Gesetze en alemán) foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade o 15 de setembro de 1935 durante o sétimo congreso anual do NSDAP ( Reichsparteitag) celebrado na cidade de Núremberg (Alemaña). -
Noite dos cristais rotos
Na noite do 9 de novembro de 1938 houbo un estalido de violencia contra os xudeus en todo o Reich.