-
Entrada de Hitler no DAP
Adolf Hitler a partir de 1919 residiu en Múnic e entrou a formar parte do Partido Obreiro Alemán (DAP) de ideoloxía ultradereitista. -
Do DAP ao NSDAP
A comezos de 1920, baixo a influencia de Hitler, o DAP mudou o seu nome polo de Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán e fixou as súas bases programáticas nos chamados 25 puntos nacionalsocialistas. -
Hitler, xefe do partido
En 1921, Hitler era o xefe indiscutible do NSDAP. Creou a bandeira da cruz gramada e formou as Seccións de Asalto (SA) uniformadas con camisas pardas e especializadas na loita nas rúas. -
Golpe de Estado
En novembro de 1923, Hitler animado polo éxito da marcha de Mussolini sobre Roma e co apoio do exército da un golpe de Estado (putsch alemá) en Múnic que fracasou. Hitler e outros dirixentes nazis foron encarcelados. Durante o seu tempo en prisión Hitler escribiu o Mein Kampf (A miña loita) no que expuxo as súas ideas do espazo vital e do fascismo. -
Eleccións de 1932
De ser un partido minoritario, os nazis convertéronse nas eleccións de 1932 na primeira forza política, conseguindo o apoio de amplos sectores da poboación, desde os obreiros ata a burguesía, e sacaron partido o descontento xeral existente no pobo alemán. -
Hitler, o novo chanceler
Aínda que non tiñan a maioria, contando co apoio dos partidos de dereitas, en xaneiro de 1933 Hitler foi nomeado chanceler por Hindenburg, presidente da República. -
Incendio do Reichtag
A campaña electoral dos nazis estivo chea de violencia e os nazis aproveitaron o incendio do Reichtag (provocado por eles mesmos9 para acusar aos comunistas e conseguir a aprobación dun Decreto para a protección do pobo e do Estado polo que podía suspender as liberdades individuais e deter aos opositores. -
Acta de habilitación
En marzo de 1933, o novo Parlamento, tras as detencións dos deputados comunistas, aprobou a concesión a Hitler da Acta de habilitación pola que conseguía o poder de aprobar as leis sen participación do Parlamento, transformándose así en ditador baixo unha apariencia de legalidade. Era a fin da República de Weimar -
Noite dos coitelos longos
Para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército, descontento co superior tamaña das SA, ordenou a execución e asasinato dos xefes das SA e de todos aqueles que criticaban a súa política na coñecida como noite dos coitelos longos, ninguén podía opoñerse a Hitler. -
Inicio do Terceiro Reich
Tras a morte de Hidenburg o 2 de agosto 1934, Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e de xefe de Goberno, e días máis tarde, mediante referendo, foi confirmado como Führer de Alemaña. Entre as súas realizacións destacan o adoutrinamento, a conformación dunha nova sociedade de pura raza aria e a recuperación económica. -
Leis de Nuremberg
As Leis de Nuremberg restrixían os dereitos dos xudeus , os cales viron como o Goberno e parte da poboación boicoteaba os seus negocios. -
Noite dos cristais rotos
Entre os ataques aos xudeus destacou o coñecido como noite dos cristais rotos (9/10-1-1938), coa destrución e saqueo das súas sinagogas, casas e negocios. -
Holocausto
Durante a Segunda Guerra Mundial produciríase a deportación e exterminio dos xudeus, coñecido como Holocausto.