-
Fundación do DAP
O Partido Obreiro Alemán foi un partido político de extrema dereita e corta duración, creado por Anton Drexler. Identificábanse coa corrente nacionalista popular e racista.
É coñecido por ser anterior á aparición do NSDAP -
Aparición do NSDAP
O Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán coñecido coloquialmente como Partido Nazi, foi un partido político de extrema dereita en Alemaña dirixido por Hitler entre 1920 e 1945 cuxa ideoloxía foi o nacionalsocialismo ou nazismo.
Fixou as suas bases nos chamados 25 puntos nacionalsocialistas, entre os que destacan: o racismo, a creación dunha grande Alemaña, a derrogación do Tratado de Versalles... entre outros. -
Hitler, lider do NSDAP e a creación das SA
Baixo o mando de Hitler, o Partido Nazi converteuse nun movemento de masas e gobernou Alemaña como un Estado totalitario no período 1933-1945.
Röhm fundou as Seccións de Asalto (SA), unha organización paramilitar, como Servizo de Orde do Partido. A súa misión, no momento da súa fundación, era asegurar a orde nos mitins do Partido, evitar que algunhas persoas tentasen boicotear aos oradores nazis...Máis tarde, empregarán a violencia contra os opositores do partido -
Putsch da Cervexería
O 8 de novembro de 1923, Adolf Hitler xunto a un grupo de membros das SA irromperon nunha cervexaría de Múnic. Entre disparos, Hitler declarou o estalido de "a revolución nacional". Era o golpe do ascendente Partido Nazi contra o Goberno da República de Weimar. O intento de golpe foi coñecido como "o golpe da cervexaría", a noite en que os nazis tentaron tomar o poder.
O golpe fracasou e os principais dirixentes nazis (entre eles Hitler) foron encarcelados. -
Publicación do Mein Kampf
Hitler foi encarcerado e durante ese tempo redactou o seu libro, o Mein Kampf (A miña loita). Nel expuxo as ideas do espazo vital e do racismo:
Ou espazo vital basábase en que a nova Alemaña debía expandirse e reintegrar territorios nos que existise poboación xermánica, e o racismo referíase a que a nova Alemaña tiña que basearse na pureza e na supremacía da raza aria e na eliminación das razas consideradas inferiores, entre as que destacan os xudeus (antisemitismo) -
Triunfo do partido nazi nas eleccións
O partido nazi converteuse nas eleccións de 1932 na primeira forza política, conseguindo o apoio de amplos sectores da poboación, desde os obreiros ata a gran burguesía, e sacaron partido do descontento xeral existente no pobo alemán. -
Hitler foi nomeado chanceler
Ainda que non tiñan a maioría, contando co apoio dos partidos de dereitas, en xaneiro de 1933 Hitler foi nomeado chanceler polo presidente da República, Hindenburg. -
Incendio do Reichstag
En plena campaña electoral, a sede do parlamento alemán foi destruída por mor do lume, que fora provocado polos mesmos nazis. Aproveitaron este suceso para culpar aos comunistas e así conseguir a aprobación dun Decreto para a protección do pobo e do Estado, polo cal podían suspender as liberdades individuais e deter os opositores. -
Lei habilitante
O novo Parlamento, logo da detención dos deputados comunistas, aprobou a concesión a Hitler da Lei Habilitante, pola cal conseguía o poder de aprobar leis sen aprobación do Parlamento. Foi o fin da república de Weimar. -
Noite dos coitelos longos
A noite do 30 de xuño de 1934, o réxime nacionalsocialista levou a cabo unha serie de asasinatos políticos. Hitler vía como unha ameaza para o seu poder absoluto a independencia das SA e do seu líder, Ernst Röhm. A purga, que foi levada a cabo polas SS, o corpo de elite nazi e a Gestapo eliminou a moitos dos críticos co seu réxime e aos xefes das SA. -
Hitler é nomeado Fuhrer de Alemaña
Tras a morte do presidente Hindenburg, Hitler acumulaba as funcións de xefe de Estado e xefe de Goberno; é o Führer. El tiña todo o poder, era o xefe supremo e absoluto -
Leis de Núremberg
As Leis de Núremberg foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita nas que se afirmaba que ninguén que fose xudeu podía ter os mesmos dereitos que un ario e moito menos ser considerado alemán. -
Noite dos cristais rotos
Grupos organizados de nazis causaron estragos nas vidas dos xudeus. Incendiaron sinagogas, esnaquizaron negocios de xudeus, rompendo os vidros, causaron danos en cemiterios e casas de xudeus... centos de xudeus morreron durante a noite dos cristais rotos. Á mañá seguinte, o réxime nazi ordenoulle á policía que arrestase a uns 30,000 xudeus alemáns, simplemente por ser xudeus. Foron enviados a campos de concentración e moitos deles morreron neses campos.