Hitler

Cronoloxía da Alemaña Nazi

  • Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)

    Fundación do DAP (Partido Obreiro Alemán)
    Foi fundado o 5 de xaneiro de 1919 por Anton Drexler. O DAP identificábase coa corrente nacionalista popular e racista. Durante eses anos de posguerra apareceron moitos grupos deste tipo como resultado da impotencia xerada pola derrota na Primeira Guerra Mundial, sendo o DAP un máis deles. Hitler afíliase a este partido.
  • Aparición do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obrero Alemán)

    Aparición do NSDAP (Partido Nacionalsocialista Obrero Alemán)
    O 24 de febreiro de 1920, durante un mitin , o DAP cambiou o seu nome a Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán (NSDAP) e proclamou o programa dos 25 puntos que rexería ao partido nazi ata a súa prohibición. Hitler introduciu en movemento un grupo paramilitar uniformado, o chamado máis tarde Sturmabteilung (SA), similar ao das Camisas negras de Mussolini, así como postulados altamente racistas e antisemitas.
  • Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA

    Hitler líder do Partido Nazi e creación das SA
    Hitler converteuse no líder indiscutible do NSDAP, crea a cruz gamada e forma as Seccións de Asalto (SA), funcionaron como unha organización voluntaria tipo milicia vinculada ao NSDAP, o Partido Nacionalsocialista Obreiro Alemán. Aos membros das SA coñecíaselles como «camisas pardas», pola cor da súa camisa e uniforme, para distinguilos das «SS», que levaban uniformes negros e camisa branca (ás veces tamén parda), a diferenza dos camisas negras italianos.
  • Putsch da Cervexaría

    Putsch da Cervexaría
    O 8 e 9 de novembro de 1923, Adolf Hitler e o Partido Nazi intentaron dar un golpe de estado que se coñece como o Putsch da Cervexaría. Co fin de tomar o control do goberno estatal, marchar sobre Berlín e derrocar ao goberno federal alemán. No seu lugar, tentaron establecer un novo goberno para supervisar a creación dun Gran Reich Alemán unificado onde a cidadanía basearíase na raza. O putsch fallou.
  • Publicación do Mein Kampf

    Publicación do Mein Kampf
    A miña loita é o primeiro libro escrito por Adolf Hitler, combinando elementos autobiográficos cunha exposición das súas ideas propias e un manifesto da ideoloxía política do nacionalsocialismo. O traballo describe o proceso polo cal Hitler volveuse antisemita e describe os seus plans futuros para Alemaña.
  • Elección de 1932

    Elección de 1932
    Nas elección de 1932 o partido Nazi converteuse na primeira forza política, conseguindo o apoio de amplos sectores da poboación, desde os obreiros ata a gran burguesía, e sacaron partido do descontento xeral existente no pobo alemán.
  • Hitler nomeado chanceler

    Hitler nomeado chanceler
    O 30 de xaneiro de 1933, o presidente alemán Paul von Hindenburg nomeou chanceler de Alemaña a Adolf Hitler, quen era o líder do Partido Nazi. O nome completo do Partido Nazi era Partido Nacional Socialista Alemán dos Traballadores. Con frecuencia, aos seus membros chamábaselles nazis. Os nazis eran radicalmente de dereita, antisemitas, anticomunistas e antidemocráticos.
  • Incendio do Reichstag

    Incendio do Reichstag
    Foi un incendio perpetrado contra o edificio do Reichstag en Berlín, o 27 de febreiro de 1933. A responsabilidade do incendio segue sendo un tema de permanente debate e investigación;​ Marinus van der Lubbe, un mozo comunista neerlandés de 24 anos foi capturado no lugar do incendio e foi culpado do suceso polo Goberno alemán do chanceler Adolf Hitler. Despois de ser torturado admitiu prender lume ao edificio e executado dez meses despois.
  • Acta de habilitación

    Acta de habilitación
    Concesión de Hitler pola que se conseguía o poder de aprobar leis sen participación do Parlamento, transformándose así en ditador baixo unha apariencia de legalidade. Polo tanto levouse a cabo a fin da replública de Weimar.
  • A noite dos coitelos longos

    A noite dos coitelos longos
    Para afianzar o seu poder e conseguir o apoio do exército, Hitler descontento co superior tamaño das SA (3 millóns de camisas pardas fronte a cen mil soldados), ordeou a execución e asesinato dos xefes das SA e todos aqueles que criticaban a súa política na coñecida noite dos coitelos longos. Con esto conseguía que ninguén puidese opoñerse a Hitler.
  • Hitler é nomeado Führer

    Hitler é nomeado Führer
    Tras a morte do presidente Hidemburg ,Hitler acumulou as funcións de xefe de Estado e xefe de Goberno, e días máis tarde, mediante referendo, foi confirmado como Führer de Alemaña, o guía a quen todo alemán debía obedencia absoluta. O Terceiro Reich iniciaba a súa andanza como un Estado totalitario que pretendía controlar todos os aspectos da vida dos alemáns.
  • Leis de Nuremberg

    Leis de Nuremberg
    Foron unha serie de leis de carácter racista e antisemita na Alemaña nazi adoptadas por unanimidade durante o sétimo congreso anual do NSDAP. Estas leis impedían que o colectivo xudeu relacionásese racialmente co pobo alemán e foron o comezo da discriminación e persecución do colectivo xudeu en Alemaña.
  • Noite dos cristais rotos

    Noite dos cristais rotos
    A noite dos cristais rotos foi unha serie de linchamentos e ataques combinados ocorridos na Alemaña nazi durante a noite do 9 ao 10 de novembro de 1938, levados a cabo contra cidadáns xudeus polas tropas de asalto das SA xunto coa poboación civil, mentres as autoridades alemás observaban sen intervir, sendo así o maior pogromo na historia.Polo menos 91 cidadáns xudeus foron asasinados durante os ataques e outros 30 000 foron detidos e posteriormente deportados en masa aos campos de concentración