-
A revolución de 1905
Domingo vermello ou sanguento: unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral. Por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos. -
Motín do acoirazado Potemkin
O descontento tamén chegou ao exército, producíndose motíns das tropas (como o amotinamento dos mariñeiros do acoirazado Potemkin, que se negan a comer carne con vermes). -
Duma Imperial de Rusia
O tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesións de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asamblea lexislativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control, incrementar as detencións e acabar pola forza coas desordes públicas; despois, os escasos poderes da Duma foron recortados paultinamente. -
Inicio da Pimeira Guerra Mundial
Rusia formou parte da Primeira Guerra Mundial no bando dos aliados porque formou parte da Triple Entente. -
Revolución de febreiro de 1917
A poboación de Petrogrado (San Petersburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución. -
Abdicación do tsar Nicolás II
O 27 de febreiro organizouse de novo o Soviet de Petrogrado, formado por representantes dos obreiros e dos soldados, e dirixido por menxevique e eseristas. Incapaz de controlar a situación, o tsar abdicou. -
Proclamación da República e establecemento do Goberno Provisional
O poder legal quedaba nas mans dun Goberno Provisional que estaba dirixido polo principe Lvov, apoiado polas forzas liberais burguesas. -
Teses de abril
Nas teses de abril Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da revolución burguesa a socialista: saír da Primeira Guerra Mundial, ruptura do Goberno provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, necionalización da banca e crear o Partido Comunista. -
As xornadas de xullo
En xullo, a situación desesperada das masa populares, as ofensivas alemáns na fronte de guerra e as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado contra o Goberno. A insurreción foi controlada polo exército e os bolxeviques foron perseguidos, e Lenin tivo que fuxir a Finlandia. -
Goberno Provisional de Kerenski
Este goberno contaba co apoio dos eseristas e dos menxeviques. -
O golpe de Estado de Kornilov
O xefe supremo do exército ruso, o xeneral Kornilov, organizou un golpe de estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras movilizadas polos bolxeviques. -
O triunfo da revolución bolxevique
Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a resurrección armada.
Na noite do 24, a Garda Vermella ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos da cidade; pola mañá case toda a capital estaba en mans dos insurrectos. -
A creación dun novo Goberno
O II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun novo Goberno (Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaba parte, entre otros Trotski, como Comisario de Exteriores, e Stalin para Asuntos das Nacionalidades.