España no século XIX

  • Period: to

    REINADO DE CARLOS IV

  • Derrota de Trafalgar

    Derrota de Trafalgar
    Ocurrida no Cabo Trafalgar enfrontou a unha frota franco-española contra a Royal Navy británica comandada por Horatio Nelson. A coalición franco-española foi derrotada, perdendo boa parte dos seus barcos.
  • Tratado de Fontainebleau

    Tratado de Fontainebleau
    Firmado por Manuel Godoy e Napoleón Bonaparte, neste tratado Godoy en nome de España permitiu aos franceses o paso das súas tropas para invadir e repartir posteriormente Portugal, aliado do Reino Unido.
  • Motín de Aranjuez

    Motín de Aranjuez
    O Motín de Aranjuez estalou o 17 de marzo de 1808 na cidade de Aranjuez, cando un grupo de nobles encabezado por Fernado, príncipe de Asturias, se rebelou e esixiu a abdicación de Carlos IV e a destitución de Godoy.
  • Period: to

    INVASIÓN FRANCESA DE ESPAÑA

  • Period: to

    INDEPENDENCIA DA AMÉRICA ESPAÑOLA

  • Abdicación de Carlos IV

    Dous días despois do Motín de Aranjuez, Carlos IV decidiu abdicar e deixar a Coroa de España no seu fillo, o príncipe Fernando, que pasou a ser Fernando VII.
  • Levantamento do pobo de Madrid contra as forzas de invasión francesas. Inicio da Guerra da Independencia.

    Levantamento do pobo de Madrid contra as forzas de invasión francesas. Inicio da Guerra da Independencia.
    O 2 de Maio de 1808 as tropas francesas de ocupación en Madrid comezaron a transladar á familia real española a Francia. O pobo de Madrid, ao ver esto, rebelouse contra os franceses. O alzamento fracasou, xa que as tropas francesas reduciron aos rebeldes, que foron fusilados ás aforas de Madrid ao amencer do día seguinte, 3 de Maio. Porén, o 2 de Maio en Madrid prendeu a chispa da Guerra da Independencia, xa que aos poucos días estalaron motíns anti-franceses en toda España.
  • Abdicacións de Baionne

    Abdicacións de Baionne
    Napoleón convocou en Baionne a Carlos IV e a Fernando VII e obrigou a este último a abdicar a favor de seu pai, que á súa vez viuse obrigado a deixar a Coroa a Napoleón, que lla deixou ao seu irmán, José I Bonaparte.
  • Aprobación da Constitución de Cádiz.

    Aprobación da Constitución de Cádiz.
    Coñecida como a Pepa, a primeira Constitución da Historia de España foi aprobada na cidade de Cádiz, que resistía aos franceses. Era unha Constitución de corte liberal.
  • Regreso de Fernando VII a España tras a expulsión dos franceses.

    Derrogación da Constitución de Cádiz e volta ao absolutismo.
  • Period: to

    REINADO DE FERNANDO VII

  • Period: to

    Sexenio absolutista

  • Pronunciamento de Riego contra o rei

    Restablecemento da Pepa e novos gobernos liberais e reformistas.
  • Period: to

    Trienio liberal

  • Os Cen Mil Fillos de San Luis

    Os Cen Mil Fillos de San Luis
    A Santa Alianza envía a España un exército francés que busca a restitución de Fernando VII e o absolutismo no país. Execución de Riego e restablecemto do absolutismo.
  • Period: to

    Década ominosa

  • Pragamática Sanción

    Coa Pragmática Sanción Fernando VII derrogou a Lei Sálica de tempos de Felipe V, e nomeu herdeira ao trono á súa única filla, Isabel.
  • Morte de Fernando VII. Inicio da Primeira Guerra Carlista

    Á morte do monarca a súa filla, Isabel II converteuse en raíña. Os partidarios de Carlos María Isidro, seu tío, opuxéronse, polo que comezou a Primeira Guerra Carlista.
  • Period: to

    REINADO ISABEL II

  • Period: to

    Rexencia María Cristina de Borbón

  • Desamortización de Mendizábal

    Foi impulsada co propósito de expropiar e vender as terras pertencentes aos conventos.
  • Convenio de Vergara

    Convenio de Vergara
    Co Convenio de Vergara, en 1839, rematou a Primeira Guerra Carlista.
  • Period: to

    Rexencia de Espartero

  • Creación da Garda Civil

    A Garda Civil creouse para protexer os camiños do país, repletos de bandoleiros e asaltantes.
  • Period: to

    Década moderada

  • Pronunciamento de Vicálvaro

    O xeneral O Donnell encabezou un levantamento progresista que o levou ao poder.
  • Period: to

    Bienio Progresista

  • Desamortización de Madoz

    Coa Desamortización xeral de Madoz, poñíanse en venta bens do Estado e dos concellos, e bens comunais e baldíos.
  • Period: to

    Década Moderada

  • Firma do Pacto de Ostende

    Firma do Pacto de Ostende
    O Pacto de Ostende firmouse na cidade belga do mesmo nome, entre progresistas, demócratas e republicanos, co obxetivo de derrocar a Isabel II do trono.
  • Revolución Gloriosa

    Revolución Gloriosa
    O estalido da Revolución Gloriosa, provocou o derrocamento da raíña Isabel II, quen tivo que fuxir xunto á súa familia (entre os que se atopaba o príncipe Alfonso, futuro rei Alfonso XII) de España.