Lenin 2

A REVOLUCIÓN RUSA

  • A revolución de 1905

    A revolución de 1905
    Domingo vermello ou sanguento: unha manifestación pacífica dirixiuse cara ao palacio de inverno para presentar ao tsar unha serie de peticións de carácter social, político e laboral.
    A manifestación, por orde do tsar, foi duramente reprimida polo exército causando un número elevado de mortos. Foi o Domingo vermello ou sanguento
  • Motín do acoirazado Potemkin

    Motín do acoirazado Potemkin
    O descontento tamén chegou ao exército, producíndose motíns das tropas (como o motín dos mariñeiros do acoirazado Potemkin, que se negaron a comer carne con vermes)
  • Duma imperial de Rusia

    Duma imperial de Rusia
    Ante a amplitude das protestas, o tsar viuse obrigado a ceder a unha parte das reivindicacións: concesión de liberdades cívicas e creación da Duma ou Asamblea lexislativa. Estas concesións debilitaron as protestas e o Goberno aproveitou as circunstancias para recuperar o control e recortar os poderes da Duma
  • Inicio da I Guerra Mundial

    Inicio da I Guerra Mundial
    Rusia participou na I Guerra Mundial polo bando dos aliados porque formaba para da Triple Entente
  • Revolución de febreiro 1917

    Revolución de febreiro 1917
    O día 23 de febreiro (8 de marzo) de 1917, a poboación de Petrogrado (San Petesburgo) protestou pola falta de pan. Foi o inicio da Revolución
  • Abdicación do Tsar Nicolás II

    Abdicación do Tsar Nicolás II
    Incapaz de controlar a situación, o tsar abdicou
  • Proclamación da República e establecemento do Goberno Provisional

    Proclamación da República e establecemento do Goberno Provisional
    O poder legal quedaba nas mans dun Goberno provisional, apoiado polas forzas liberais burguesas, os oficiais do exército e o soviet Petrogrado. En poucos días, fóronse constituíndo novos soviets por toda Rusia. Estuvo presidido por Lvov
  • Teses de abril

    Teses de abril
    Na teses de abril, Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da revoluvión burguesa á socialista: saír da I GM, ruptura co Goberno provisional, establecer unha república de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, racionalización da banca e crear o Partido Comunista
  • As xornadas de xullo

    As xornadas de xullo
    A comezos de xullo, as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, aproveitando o empeoramento das condicións de vida e os fracasos das ofensivas fronte aos alemáns, provocaron violentas manifestaciónsen Petrogrado buscando derrubar o Goberno e facerse co poder. A insurrección foi controlada, os bolxeviques perseguidos e Lenin tivo que fuxir a Finlandia
  • Goberno provisional de Kerenski

    Goberno provisional de Kerenski
    Este goberno contaba co apoio dos eseristas e menxeviques
  • O golpe de Estado de Komilov

    O golpe de Estado de Komilov
    O xefe supremo do exercito ruso, o xeneral Komilov, organizou un golpe de Estado que fracasou pola intervención decidida das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques
  • O triunfo da revolución bolxevique

    O triunfo da revolución bolxevique
    Lenin e o Comité central do partido bolxevique, acordan iniciar a insurreción armada.
    Na noite 24, a garda Vermella ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos da cidade; polo mañá case toda a capital estaba en mans dos insurrectoss
  • Creación dun novo goberno

    o II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun Novo Goberno (Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin e do que formaban parte, entre outros Trotski, como Comisario de Exteriores e Stalin para Auntos das NAcionalidades