Españaenelsigloxix

España no século XIX

  • Period: to

    REINADO DE CARLOS IV

  • Batalla de Trafalgar

    Batalla de Trafalgar
    A batalla de Trafalgar foi unha batalla naval que tivo lugar o 21 de outubro de 1805, durante as guerras napoleónicas. Os bandos que participaron no combate foron o británico, comandado por lord Nelson, e unha confederación franco-española, comandada polo francés Villeneuve. Venceu o bando británico aplastantemente, mais, coa importante perda do seu comandante, Horatio Nelson.
  • Tratado de Fontainebleau

    Tratado de Fontainebleau
    O Tratado de Fontainebleau foi asinado o 27 de outubro de 1807 na cidade francesa de Fontainebleau entre os respectivos representantes plenipotenciarios de Manuel Godoy, valido do rei español Carlos IV, e Napoleón Bonaparte. Nel estipulábase a invasión militar conxunta franco-española de Portugal e permitíase para iso o paso das tropas francesas por territorio español, sendo así o antecedente da posterior invasión francesa da Península Ibérica e da Guerra da Independencia.
  • Motín de Aranjuez

    Motín de Aranjuez
    O motín de Aranjuez foi un levantamento ocorrido entre o 17 e o 19 de marzo de 1808 nas rúas da localidade madrileña de Aranjuez, contra o goberno de Manuel Godoy, secretario de estado de Carlos IV e que estivo apoiado polo príncipe de Asturias, futuro Fernando VII.
  • Abdicación de Carlos IV

    Dous días despois do motín de Aranjuez, Carlos IV abdicou deixandolle o trono a seu fillo Fernando que pasou a ser Fernando VII.
  • Comezo da Guerra de Independencia

    Comezo da Guerra de Independencia
    A guerra da Independencia Española foi un conflito bélico que se deu entre 1808 e 1814 dentro do contexto das guerras napoleónicas, que enfrontou ás potencias aliadas de España, Reino Unido e Portugal contra o Primeiro Imperio francés, cuxa pretensión era a de instalar no trono español ao irmán de Napoleón, José Bonaparte, tras as abdicacións de Bayona.
  • Period: to

    INVASIÓN FRANCESA DE ESPAÑA

    Unha guerra de guerrillas. A superioridade militar francesa obrigou aos españoisa enfrontarse a eles con grupos reducidos de paisanos (guerrillas). Algúnsxefes destas partidas, convertéronse en heroes populares. Tras o inicial dominio napoleónico, os españois, contando coa axuda de tropas inglesas ao mando do duque de Wellington, lograron expulsar aos franceses en 1814.
  • Abdicacións de Baiona

    Abdicacións de Baiona
    Co nome de abdicacións de Baiona coñécense as renuncias sucesivas dos reis Carlos IV e o seu fillo Fernando VII ao trono de España en favor de Napoleón Bonaparte quen, a continuación, cedería os dereitos ao seu irmán Xosé Bonaparte, que reinaría co nome de Xosé I. Ditas abdicacións tiveron lugar o 5 de maio de 1808 no castelo de Marracq da cidade francesa de Baiona.
  • Cortes de Cádiz

    Cortes de Cádiz
    Nas zonas sublevadas formáronse Xuntas, institucións que exerceron o goberno no seuterritorio contra o Goberno imposto polos franceses, organizando a defensa e a guerra. Para coordinalas creouse a Xunta Suprema Central que convocou unhas Cortes extraordinarias para que elaborasen novas leis e un novo modelo político para o país reunidas en Cádiz.
  • Constitución de 1812

    Constitución de 1812
    A Constitución Política da Monarquía Española, máis coñecida como Constitución española de 1812 ou Constitución de Cádiz, ​ coñecida popularmente como a Pepa, ​​ foi promulgada polas Cortes Xerais españolas reunidas extraordinariamente en Cádiz o 19 de marzo de 1812.
  • Period: to

    REINADO DE FERNANDO VII

  • Period: to

    Sexenio absoltutista

    A restauración do absolutismo non foiaceptada polos liberais. Dada a súa inferioridade, trataron de restaurar o liberalismo mediante pronunciamentos ou sublevacións que fracasaron. Cabe destacar o de Porlier na Coruña (1815).
  • Period: to

    Trienio liberal

    En 1820 Rafael Riego sublevouse eproclamou orestablecemento da Constitución de 1812, de modo que o rei se viu obrigado axurala. Os novos gobernos liberais restableceron a constitución e todas as leisreformistas. En 1823, a Santa Alianza enviou a España os Cen mil fillos de SanLuís, un exército que restableceu a Fernando VII como rei absoluto.
  • Period: to

    Década absolutista

    O rei volveu a derrogar a constitución e perseguiu duramente aos liberais. En 1830, Fernando VII promulgou a Pragmática sanción que derrogaba a Lei Sálica e proclamou herdeira á súa filla Isabel. Isto non foi aceptado polo seu irmán Carlos María Isidro, orixinándose un grave problema dinástico que desencadeou a primeiraguerra carlista en 1833.
  • Period: to

    Rexencia de María Cristina de Borbón

  • Period: to

    REINADO DE ISABEL II

  • Desamortización de Mendizábal

    Desamortización de Mendizábal
    A desamortización de Mendizábal foi un proceso gobernamental de comercialización de terras e bens propiedade da Igrexa católica e que se produciu a finais do primeiro terzo do século XIX en España, concretamente desde 1836.
  • Convenio de Vergara

    Convenio de Vergara
    O Convenio de Vergara, coñecido popularmente como Abrazo de Vergara foi un tratado que se asinou en Oñate o 31 de agosto de 1839 entre o xeneral isabelino Espartero e trece representantes do xeneral carlista Maroto e que deu fin á Primeira Guerra Carlista no norte de España.
  • Period: to

    Rexencia de Espartero

  • Creación da Garda Civil

    Creación da Garda Civil
    Para manter a orde pública crearon a garda civil.
  • Period: to

    Década moderada

    Gobernos do liberais moderados dirixidos por Narváez. Promulgouse a constitución moderada de 1845, que ampliaba ospoderes da raíña, recortaba liberdades e restrinxía o sufraxio censatario.
  • Pronunciamento de Vicálvaro

    En 1854 triunfou o pronunciamento de Vicálvaro e Espartero presidiu novamente ogoberno.
  • Period: to

    Bienio progresista

    Entre as reformas progresistas destacan dúas leis de 1855: a Lei dedesamortización xeral de Madoz e a Lei deferrocarrís.
  • Desamortización xeral de Madoz

    Poñían en venda bens do Estadoe dos concellos (bens comunais, propios e baldíos).
  • Period: to

    Década moderada-unionista

    Neste período alternaron no poder os unionistas de O’Donnell e os moderados de Narváez. A partir de 1866 o descontento popular foi en aumento pola política autoritaria da raíña. Nese ano progresistas, demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende no que acordaron derrocar a Isabel II. En 1868 a revolución expulsou a Isabel II do trono.
  • Firma do Pacto de Ostende

    Firma do Pacto de Ostende
    O Pacto de Ostende foi o acordo asinado o 16 de agosto de 1866 na cidade belga de Ostende polo Partido Progresista e polo Partido Demócrata, por iniciativa do xeneral progresista Juan Prim, para derrubar a monarquía de Isabel II de España.