218px flag of galicia.svg

Recuperación da lingua galega (século XIX)

  • Invasión francesa

    Invasión francesa
    Xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas soltas ou en xornais, con fins propagandísticos.
  • A Casamenteira (Antonio Benito Fandiño)

    A Casamenteira (Antonio Benito Fandiño)
    Unha das poucas mostras de teatro en lingua galega da época.
  • Primeira Guerra Carlista (1833- 1840)

    Primeira Guerra Carlista (1833- 1840)
    Tras esta guerra, que finaliza no 1840, Galicia pasou de ser un reino con sete provincias estruturadas en parroquias a unha rexión con catro provincias e trescentos concellos.
  • Provincialismo

    Provincialismo
    Nace o Provincialismo. Suceden os fusilamentos dos Mártires de Carral.
  • Xogos Florais

    Xogos Florais
    Celébranse na Coruña os primeiros Xogos Florais. As composicións premiadas, xunto con mostras da poesía contemporánea, recóllense un ano máis tarde no Álbum de la Caridad.
  • Cantares gallegos. Rexurdimento.

    Cantares gallegos. Rexurdimento.
    A publicación de Cantares gallegos, da man de Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno.
  • Gramática Gallega (Saco y Arce)

    Gramática Gallega (Saco y Arce)
    Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas.
  • Rexionalismo (1875- 1907)

    Rexionalismo (1875- 1907)
    Este período dura entre 1875 e 1907 (aproximadamente). É unha fase intermedia entre o Provincialismo e o Nacionalismo.
  • O Tío Marcos da Portela

    O Tío Marcos da Portela
    No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro dos xornais integramente en galego,
  • Aires da miña terra (Curros Enríquez)

    Aires da miña terra (Curros Enríquez)
    Este libro, e o seu autor, forman parte do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.
  • Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares)

    Maxina ou a filla espúrea (Marcial Valladares)
    Considerada a primeira novela en lingua galega.
  • Queixumes dos pinos (Eduardo Pondal)

    Queixumes dos pinos (Eduardo Pondal)
    Este libro, e o seu autor, forman parte do Rexurdimento, xunto con Rosalía de Castro e Curros Enríquez.
  • O xornalismo en Galicia (1886- 1888)

    O xornalismo en Galicia (1886- 1888)
    Durante estes anos consolídase grazas a aparición de novas iniciativas monolingües.
  • O catecismo do labrego (Lamas Carvajal)

    O catecismo do labrego (Lamas Carvajal)
    Obra de grande éxito.
  • Asociación Regionalista Gallega

    Asociación Regionalista Gallega
    O movemento rexionalista organizarase nunha forza política propia denominada Asociación Regionalista Gallega (1891), a primeira do galeguismo.