-
Period: to
Contextualización
Movemento obreiro policéntrico: Coruña, Vigo, Ferrol, Santiago, Pontevedra. -
Period: to
Composición do movemento obreiro
-Valores que defendían: pragmatismo político, centrándose na reclamación e extensión de dereitos e deberes da cidadanía.
- O PSOE era o único partido “moderno” que funcionaba, polo que era a reprensentación política da República.
-Reivindicacións: a descentralización, o recoñecemento das nacionalidades históricas, os dereitos culturais e lingüísticas como elemento de xustiza social cara aos máis humildes, a estrutura federal ou confederal, a igualdade de oportunidades. -
Movementos
Créase unha identidade política en contra da monarquía: o Republicanismo. Xunto con este movemento xurden tamén: agrarismo, asociacionismo da emigración, o nacionalismo ou, dende logo, o catolicismo social e a dereita antiliberal.
-Agrarismo: movemento do campesiñado en defensa dunhas condicións dignas para o seu traballo agrario.
- Rexionalismo: crítica das eivas do sistema político da Restauración, especialmente o centralismo, o caciquismo e a orientación económica de Galicia -
Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala son o xérmolo do nacionalismo político en Galicia. O PG terá un programa político moi semellante, sendo un acordo de compromiso no que coubesen as diferentes correntes ideolóxicas que o conformaban.