Carabela

OS GRANDES DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

By Shessx
  • 1487

    Chegada ao cabo de Boa Esperanda ou ( da Tormentas)

    Chegada ao cabo de Boa Esperanda ou ( da Tormentas)
    Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza deixando aberto o paso cara
    o océano Índico.
  • Apr 17, 1492

    Capitulacións de Santa Fe

    Capitulacións de Santa Fe
    Foi un tratado entre Os Reis Católicos e Colon Nelas establecíase que as novas terras conquistadas pasarían á Coroa de Castela e que Colón
    recibiría os títulos de almirante e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte das riquezas que atopase.
  • May 20, 1492

    Expedición a India

    Expedición a India
    Expedición á India: a expedición de Vasco da Gama alcanzou a India abriu o camiño
    para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia).
  • Oct 12, 1492

    Descubrimento de América

    Descubrimento de América
    Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves:
    a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os
    ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron
    Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
  • Jun 7, 1494

    Tratado de Tordesillas

    Tratado de Tordesillas
    Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas : Este
    documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as
    terras que se ían colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal. Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna
  • 1513

    O descubrimento Océano Pacífico

    O descubrimento Océano Pacífico
    Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o
    Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
  • Period: 1519 to 1522

    Primeira volta ao mundo

    Levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de
    Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos
    Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica.