Cristobal colon descubrimiento america

OS GRANDES DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS

  • 1482

    Chegada ao cabo de boa esperanza ou das tormentas

    Chegada ao cabo de boa esperanza ou das tormentas
    Bartolomeu Dias chegou ao cabo de Boa Esperanza (1487), deixando aberto o paso cara o océano Índico
  • Apr 17, 1492

    Capitulacións de Santa Fé

    Capitulacións de Santa Fé
    Foi un acordo entre Colón e os Reis Católicos no que se acordaba que as novas terras conquistadas pasarían á coroa de Castela, e que Colón recibiría os titulos de almirante e vicerei das terras que descubrisee e a 10ª parte das riquezas que atopase
  • Oct 12, 1492

    Descubrimento de América

    Descubrimento de América
    Na súa primeira viaxe, Colón e a súa expedición partiron do porto de Palos (Huelva) a bordo de tres naves: a Pinta, a Niña e a Santa María. Fixeron escala nas Illas Canarias, atravesaron o Atlántico aproveitando os ventos alisios e o 12 de outubro de 1492 chegaron á illa de Guanahaní, nas Bahamas. Logo exploraron Cuba e A Española (actuais Haití e República Dominicana).
  • 1494

    Tratado de Tordesillas

    Tratado de Tordesillas
    Para evitar conflitos con Portugal, os Reis Católicos asinaron o Tratado de Tordesillas (1494): Este documento establecía unha liña imaxinaria, a 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde, que dividía as terras que se ían colonizar: aoOeste do meridiano serían para Castela, e ao Leste,para Portugal. Creáronse os dous grandes imperios ultramarinos da Idade Moderna
  • 1498

    Chegada á India

    Chegada á India
    A expedición de Vasco da Gama alcanzou a India en 1498 e abriu o camiño para novas expedicións ás illas das Especias (actual Indonesia).
  • 1513

    Descubrimiento do Océano Pacífico

    Descubrimiento do Océano Pacífico
    En 1513, Vasco Núñez de Balboa atravesou o istmo de Panamá a pé e descubriu un novo océano, o Pacífico. Isto confirmou que América era un novo continente.
  • Period: 1519 to 1522

    Primeira volta ao mundo

    Entre 1519 e 1522 levouse a cabo a primeira volta ao mundo. A expedición, dirixida por Fernando de Magalláns, con Juan Sebastián Elcano como capitán, pretendía atopar un paso marítimo entre os océanos Atlántico e Pacífico. A volta ao mundo demostrou que a Terra é esférica. Chegada ao porto de San Lúcar de Barraneda.