Época de Lenin

  • 1918 BCE

    Fundación do Estado Soviético

    Fundación do Estado Soviético
    Pola Declaración dos dereitos dos Pobos de Rusia recoñecía o dereito á igualdade de todos os pobos de Rusia e o dereito a autodeterminación.
    O congreso dos soviets de 1918 aprobou a primeira Constitución soviética. Ao mesmo tempo, establece un novo nome para o país: a República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR).
  • Decretos Outubro 1917

    Decretos Outubro 1917
    O primeiro Decreto era o Decreto sobre a terra, polo que era abolida a propiedade privada. No terreo industrial, o Decreto sobre o control obreiro establecía a autoxestión proletaria polos propios traballadores. Estas medidas complementáronse co Decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior.
  • Guerra Civil

    Guerra Civil
    O conxunto de forzas da oposición organizaron o exército branco contra os bolxeviques.
    A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado(o exército vermello)permitiu ao Goberno bolxevique aumentou as zonas baixo o seu control e lograr a vitoria en 1921.
  • Retirada de Rusia da Gran Guerra

    Retirada de Rusia da Gran Guerra
    Lenin proclamou en outubro Decreto en favor da paz co obxectivo de consolidar a posición dos bolxeviques, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. Os alemáns impuxeron as súas condicións no tratado de Brest- Litovsk, unhas condicións moi duras que supuxeron a perda de enormes territorios.
  • Comunismo de Guerra

    Comunismo de Guerra
    Medidas que o Goberno bolxevique puxo en práctica durante a Guerra Civil para garantir o abastecemento das cidades e do exército vermello: decretouse o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo, a derrogación parcial dos cartos como medio de pago e a requisa forzosa das colleitas.
  • Terceira Internacional

    Terceira Internacional
    Denominada como Internacional Comunista. Tiña como principal obxectivo foi derrocar o capitalismo no mundo e extender a revolución.
  • Nova Política Económica

    Nova Política Económica
    O Goberno de Lenin adoptou unha serie de medidas para evitar o descontento popular e a propagación das insurreccións fixo: liberalización das actividades económicas, o estabado tiña o control dos sectores clave, estabilizouse a moeda e había unha maior liberdade no comercio interior, desapareceron as requisas obrigatorias. Isto reactivoi a economía.