-
PRIMEIRO PRESIDENTE
X. Fernández Albor presidiu os dous primeiros da Autonomía. Neles púxose en
marcha as principais institucións da Autonomía, negociouse o proceso de
transferencias co Estado central e aprobáronse unha serie de Leis
fundamentais para o desenvolvemento da Autonomía. -
Tripartito
• Os continuos tirapuxas dentro do goberno levou á escisión do CP e a unha
moción de censura coa que F. González Laxe, do PsdeG-PSOE, pasou a ser
presidente dun goberno que sería coñecido como Tripartito. Este goberno non
tivo tempo para desenvolver unha acción de goberno ante a proximidade do
novo proceso electoral. -
FRAGA
A etapa do PP de M. Fraga, durante catro lexislaturas, marcaron un cambio
radical no panorama político galego. O seu indiscutible liderado no centrodereita
acabou coa pluralidade de siglas e escisións frecuentes até ese
momento.
Non se puido consolidar en Galicia unha forza política nacionalista de centro.
Deste xeito, fronte a pluralidade parlamentaria do principio da autonomía, o
Parlamento galego quedaría reducido a tres forzas políticas no s. XXI: PpdeG,
PsdeG-PSOE E BNG