Etapas

ETAPAS DA HISTORIA

  • Period: 3500 BCE to 476

    IDADE ANTIGA

    A historia antiga comprende desde a aparición dos primeiros documentos escritos ata a desaparición do Imperio romano de Occidente (476 d. C.). Inclúe por tanto as grandes civilizacións fluviais desenvolvidas na India, Exipto, Mesopotamia e China, así como as civilizacións grega e romana. Debido á importancia que a escravitude tivo nalgunhas das sociedades da antigüidade, os historiadores marxistas denominárona etapa da escravitude.
  • Period: 476 to 1492

    IDADE MEDIA

    A idade media esténdese aproximadamente desde a caída do Imperio romano de Occidente (476 d. C.) ó descubrimento de América en 1492.
    Nesta fase produciuse unha atomización do poder político e a escravitude foi substituída pola servidume como sistema de explotación do traballo dos campesiños. Divídese en tres períodos: alta idade media (ss. V a X), plena idade media (ss. XI a XIII) e baixa idade media (ss. XIV e XV).
  • Period: 1492 to

    IDADE MODERNA

    A idade moderna esténdese desde a toma de Constantinopla polos turcos (1453) ou o descubrimento de América (1492) ata a revolución francesa de 1789.
  • Period: to

    IDADE CONTEMPORÁNEA

    Ademáis da revolución industrial, son fenómenos característicos desta fase o movemento obreiro e a aparición do socialismo e do anarquismo, a expansión do imperialismo europeo, a revolución científica e tecnolóxica e a creación dun mundo cada vez máis interrelacionado.