-
Guerra civil en Rusia 1917
O gurpo de forzas da oposición desde os menxeviques aos partidarios da volta do tsar organizaron o chamado exército branco contra os bolxeviques.
A organización por Trotski dun exército revolucionario fortemente disciplinado o chamado exército vermello permitiu ao Goberno bolxevique aumentar as zonas e as cidades baixo o seu control e lograr a vitoria da guerra no ano 1921. -
Decretos de outubro 1917
O primeiro dos Decreto era o chamado Decreto sobre a terra, isto quería decir que era abolida a propiedade privada en Rusia. Na industrial, era o Decreto sobre o control obreiro que establecía a autoxestión das empresas polos propios traballadores. Estas medidas complementáronse co Decreto de nacionalización da banca e do comercio exterior. -
Retirada de Rusia da 1ª Guerra Mundial
Co obxectivo de consolidar o partido dos bolxeviques, Lenin proclama en outubro os chamados Decreto en favor da paz, propoñendo unha paz sen anexións nin indemnizacións. pero os alemáns impuxeron as súas condicións de paz no tratado de Brest- Litovsk, unhas condicións que foron moi duras para Rusia isto supuo a perda de enormes territorios en Europa. -
Creación do chamado "Comunismo de Guerra"
Foron unha serie de medidas que o Goberno bolxevique puxo en marcha durante a Guerra Civil para garantir o abastecemento das cidades e do exército vermello: decretouse o control estatal de todos os sectores económicos, a obrigatoriedade do traballo , a derrogación parcial dos cartos como medio de pago e a requisa forzosa das colleitas a os campesiños. -
Fundación do estado soviético
A Declaración dos dereitos de todos os Pobos de Rusia recoñecía o dereito á igualdade en eles e o dereito a autodeterminación.
O congreso dos soviets de 1918 aprobou a primeira Constitución soviética. Ao mesmo tempo, establece un novo nome para o país a chamada: República Socialista Federativa Soviética de Rusia (RSFSR). -
A creación da 3ª internacional
Tamén foi chamada como a Internacional Comunista. O seu principal obxectivo foi derrocar o capitalismo no mundo e extender a revolución comunista. -
A Nova Política Económica (NEP)
Para evitar o descontento popular e a propagación das insurreccións, o Goberno de Lenin adoptou unha serie de medidas: liberalización das actividades económicas, o estado conserva o control dos sectores clave, estabilizouse a moeda e había unha maior liberdade no comercio interior, desapareceron as requisas obrigatorias a os campesiños. Isto serviu para reactivar a economía en Rusia.