-
A REVOLUCIÓN DE 1905
O domingo 9 de xaneiro segundo o calendario soviético xuntouse unha multitude diante do palacio de inverno do tsar reclamando melloras socias, laborais e políticas. Esta foi reprimida duramente polo tsar facendo que o exercito atacase aos manifestantes provocando varias decenas de mortes e feridos. -
MOTÍN DO ACOIRAZADO POTEMKIN
Os efectos da crise e a falta de alimentos en bon estado tamén afectaban ao exército, e un grupo de mariñeiros do acoirazado Potemkin decidiron sublevarse e tomar o barco. -
DUMA IMPERIAL DE RUSIA
Ante as protestas do pobo o tsar viuse obrigado a ceder unha parte do poder concedendo liberdades cívicas e creando a primeira duma -
INICIO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
Rusia entrou na primeira guerra mundial do bando aliado porque formaba parte da Triple Entente -
REVOLUCIÓN DE FEBREIRO DE 1917
O 23 de febreiro de 1917 logo dunha larga espera diante das panaderias, as mulleres organizaron unha manifestación espontánea polas rúas da cidade en protesta pola falta de pan. -
ABDICACIÓN DO TSAR NICOLÁS II
Incapaz de controlar a situación o Tsar Nicolás II abdicou. -
PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA E ESTABLECEMENTO DO GOBERNO PROVISIONAL
Rusia converteuse nunha república. O poder legal quedaba en mans dun Goberno Provisional, apoiado polas forzas liberais burguesas e os oficias do exército. O Goberno Provisional estivo presidido por Lvov. -
TESES DE ABRIL DE LENIN
Nas Teses de Abril Lenin expuxo a estratexia que debían seguir os bolxeviques para pasar da Revolución burguesa á socialista: Saír da IGM, ruptura co Goberno Provisional, establecer unha República de soviets, eliminación da propiedade privada das terras, nacionalización da banca e crear o Partido Comunista. -
AS XORNADAS DE XULLO
A comezos de xullo, as chamadas dos bolxeviques e anarquistas, aproveitando o empeoramento das condicións de vida e os fracasos das ofensivas fronte aos alemáns, provocaron violentas manifestacións en Petrogrado buscando derrubar o Goberno e facerse con el. A insurrección foi controlada, os bolxeviques e Lenin tiveron que fuxir a Finlandia. -
O GOLPE DE ESTADO DE KORNILOV
O xeneral Kornilov, xefe do exército ruso, organizou un Golpe de Estado, o cal fracasou debido á intervención das masas obreiras mobilizadas polos bolxeviques. -
O TRIUNFO DA REVOLUCIÓN BOLXEVIQUE
Lenin e o Comité central do partido bolxevique acordan iniciar unha insurrección armada.
A noite do 24 de outubro, a Garda Vermella, a cal estaba ás ordes de Trotski tomou os centros neurálxicos da cidade. -
CREACIÓN DUN NOVO GOBERNO
O II Congreso dos Soviets tamén aprobou a creación dun novo Goberno, que estaba presidido por Lenin e do que formaban parte Trotski e Stalin.