-
711
Galicia incorporase ao reino asturiano
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños, mais vaise ir integrando progresivamente no reino asturiano nos reinados de Ramiro I e, fundamentalmente, Ordoño I. -
711
Economía
A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. -
711
Sociedade altomedieval
A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder. -
711
Descuberta sepulcro
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
711
Alta Edad Media
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Mais a conquista islámica de Hispania non tivo outra consecuencia en Galicia que facer desaparecer a estrutura política da monarquía visigoda na que se encontraba integrada. Non se constata nin un fenómeno de despoboación e de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá. -
1037
Transformacións
Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural. -
1037
A PLENA IDADE MEDIA
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal. -
1037
Era Compostelá
No século XII, coñecido coma a Era Compostelá, Galicia xogará un papel político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia. -
1037
Afastamento de Galicia da política
Coa unión das coroas de Castela, León e Galicia na persoa de Fernando III vai significar o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. -
1037
Crecemento demográfico
O crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. -
1037
Nobreza eclesiástica
A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia.