-
Abdicación do tsar Nicolás II
Nikolái Aleksándrovich Románov, foi o último Emperador de Rusia, gobernando desde a morte do seu pai Alejandro III en 1894 ata a súa abdicación en 1917 como resultado da Revolución de Febreiro -
Goberno provisional de Luov e Kerenski
O Goberno provisional ruso formouse en Petrogrado despois da abdicación do tsar durante a Revolución de Febreiro de 1917. -
Period: to
REVOLUCIÓN RUSA
O termo Revolución rusa agrupa todos os sucesos que conduciron ao derrocamento do réxime zarista imperial e á instauración preparada doutro, leninista republicano, entre febreiro e outubro de 1917, que levou á creación da República Socialista Federativa Soviética de Rusia. -
Period: to
Revolución de febreiro
A Revolución de Febreiro de 1917 no Imperio ruso marcou a primeira etapa da Revolución rusa de 1917. Causou a abdicación do tsar Nicolás II, puxo fin á monarquía rusa e levou á formación dun Goberno provisional. -
Teses de abril
A Tese de abril foi unha serie de conceptos que foron expostos polo líder bolxevique, Lenin, nun discurso pronunciado no Palacio Táuride o 4 de abril de 1917, tras o seu regreso o día anterior á entón aínda capital rusa de Petrogrado desde o seu exilio en Suíza. -
Golpe de Estado de Kornilov
O golpe de estado de Kornilov foi un intento de golpe de estado contrarrevolucionario errado levado a cabo polo comandante en xefe do Exército ruso, o xeneral Lavr Kornilov en setembro de 1917. O Goberno Provisional Ruso e os soviets recibiron o apoio maioritario da poboación facendo fracasar o golpe aos poucos días do alzamento militar. -
Insurrección armada de Lenin e a Garda Vermella
A Revolución de outubro foi a segunda fase da Revolución de 1917. Unha insurrección popular armada terminou co goberno provisional dirixido por Kérensky. Produciuse a toma do poder por parte dos @soviet inspirados polo Partido Bolxevique. -
Decretos de outubro
Os decretos de outubro tiñan a finalidade de lograr a socialización dos medios de produción:
-Desaparición da propiedade privada
-As fábricas serán controladas polos obreiros
-Nacionalización da banca e do comercio exterior -
Consello de Comisarios do Pobo
O termo Consellos de Comisarios do Pueblohace referencia aos máximos órganos executivos da Unión Soviética e das súas repúblicas entre 1917 e 1946, que estaban constituídos por comisarios do pobo. -
Formación da República Federativa Soviética
A República Socialista Federativa Soviética de Rusia, abreviado como RSFS de Rusia coñecida comunmente como a Rusia Soviética, Rusia bolxevique ou simplemente Rusia, foi a república constituínte máis grande, máis poboada e economicamente desenvolvida da antiga Unión Soviética. -
Period: to
Guerra civil rusa
A guerra civil rusa foi un conflito armado múltiple que tivo lugar entre 1917 e 1923 entre o novo goberno bolxevique e o seu Exército Vermello e do outro lado os militares do ex exército zarista, agrupados no denominado Movemento Blanco, composto por conservadores e liberais, favorables á monarquía e relacionados estreitamente á Igrexa ortodoxa rusa, así como os socialistas democráticos: os socialistas revolucionarios e os mencheviques contrarios á revolución bolxevique. -
Tratado de Brest-Litovsk
O Tratado de Brest- Litovsk foi un acordo de paz asinado o 3 de marzo de 1918 pola Rusia bolxevique, Alemaña, o Imperio Austrohúngaro, Bulgaria e o Imperio Otomán, na cidade de Brest- Litvosk, na actual Bielorrusia. -
A III Internacional
A Internacional Comunista foi unha organización comunista internacional, fundada en Moscova en marzo de 1919, por iniciativa de Lenin e o Partido Comunista de Rusia (bolxevique), que agrupaba aos partidos comunistas de distintos países, e cuxo obxectivo era loitar pola supresión do sistema capitalista, o establecemento da ditadura do proletariado e da República Internacional dos Soviet, a completa abolición das clases sociais e a realización do socialismo. -
Nova Política Económica (ENP)
A Nova Política Económica foi unha política económica proposta por Lenin, á que denominou «capitalismo de Estado». Foi oficialmente discutida no curso do X Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética. -
Creación da URSS
A Unión Soviética, oficialmente Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas, foi un Estado federal de repúblicas socialistas que existiu de 1922 a 1991 en Eurasia.