-
711
HISTORIA DE GALICIA NA IDADE MEDIA (711-1037)
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo.
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños.
Durante o s. X a nobreza galega terá un
importante protagonismo político no reino.
A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi
primitiva e de baixos rendementos.
A descuberta do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente
espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
1037
A PLENA IDADE MEDIA (1037-1284)
É nestes séculos centrais da Idade Media cando Galicia fixe a grandes trazos o
territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala
independencia de Portugal.
No s.XII, Galicia xogará un papel
político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes.
A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia. -
1284
A BAIXA IDADE MEDIA (1284-1474)
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da monarquía.
Na Baixa Idade Media Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. Pola contra, o s. XV vivirá o auxe do comercio marítimo.
O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias das fames e os efectos dos andazos de peste ao longo do s. XIV.
O levantamento Irmandiño pon fin a un s. caracterizado por unha conflitividade social. -
1474
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS (PARTE 1)
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír.
A creación da “Santa Hermandad” é unha boa mostra de como os Reis Católicos van aproveitar todos os resortes á súa disposición para consolidar e reforzar o seu poder nos diferentes reinos da Coroa.
O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra. -
1474
GALICIA E OS REIS CATÓLICOS (PARTE 2)
Coa descuberta da tumba do Apóstolo (813), Santiago vaise converter na cabeza espiritual do reino asturiano, substituíndo a Oviedo.
A villa configúrase como o lugar de habitación e célula básica de
ordenación do territorio.
Economía primitiva e de baixos rendementos.
Campesiñado: grupo social maioritario.
A partir s. XI, os monarcas instauran novas demarcacións territoriais, os comitatus ou tenencias.
Crecemento demográfico obrigou a intensificar a produción agrícola.
Guerra e peste negra.