-
711
Galicia Na Alta Idade Media
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo. Desaparición da estrutura política da monarquía visigoda.
Gallaecia fica durante o s. VIII á marxe do control dos reinos veciños.
A economía altomedieval galega caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos.
O descubrimento do sepulcro do Apóstolo vai converter a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares -
1037
A Plena Idade Media
Século XII(Era Compostelá), Galicia xogará un papel
político e cultural moi destacado nos conxuntos dos reinos de León, Asturias e Galicia.
Unión das coroas de Castela, León e Galicia. O que resta importancia a Galicia.
Transformacións que van marcarar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias...
A nobreza eclesiástica, principal propietaria de terras en Galicia. -
1284
A Baixa Idade Media
Galicia entra no s. XIV sumida en medio de conflitos xeneralizados. A segunda metade do século vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara.
O levantamento Irmandiño é a máis importante revolta antifeudal da Idade Media.
Profunda crise demográfica.
O levantamento Irmandiño pon fin a un século caracterizado por unha grande conflitividade social. -
1474
Galicia e os Reis Católicos
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír.
Desaparición da clase dirixente galega.
A creación da “Santa Hermandad”.
O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra.
Transformación da aristocracia galega, que de guerreira convértese en cortesá.
Execución de pardo de Cela (1483)