-
711
Galicia na alta idade media
A chegada dos musulmáns á península Ibérica pon fin o reino visigodo.
– A economía caracterízase por unha agricultura moi
primitiva e de baixos rendementos.
– A sociedade caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, pero conservando a existencia de servos; así como dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder.
– Santiago convértese no referente espiritual e ideolóxico dos reinos cristiáns peninsulares -
1284
A plena idade media
– Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes: as aldeas encherán o espazo rural, xurdirán as parroquias, configuraranse os grandes dominios eclesiásticos e as cidades, insignificantes no período altomedieval, nacerán e crecerán integradas perfectamente na súa contorna rural.
– O crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. -
1474
Galicia e os reis católicos (parte 5)
Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde
quedaron restauradas en Galicia.
O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no
1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa
terra.
A Audiencia de Galicia, a institución máis importante e característica de
Galicia en toda a Idade Moderna, nace no 1494, mais non será recoñecida
oficialmente até 1514-1515. O seu obxectivo primordial será impor xustiza e orde. -
1474
A baixa idade media
Galicia asistirá a unha profunda crise demográfica e a
unha lenta recuperación, acompañada dunha contracción da produción agrícola. Pola contra, o s. XV vivirá o auxe do comercio marítimo. O campesiñado foi quen máis sufriu as consecuencias
O levantamento Irmandiño pon fin a un século caracterizado por unha grande
conflitividade social. A base social da Irmandade atopámola en todos os sectores da sociedade galega da época. -
1474
Galicia e os reis católicos (parte 1)
O reinado de Sabela de Castela e Fernando de Aragón en Castela vai supor a
integración de Galicia no estado autoritario que estaban a construír. Durante este
reinado asistimos á desaparición da clase dirixente galega.- O nomeamento de Fernando de Acuña coma Xustiza Maior de Galicia no 1480 marca o punto de partida da imposición do poder por parte dos reis na nosa terra. Trala execución de Pardo de Cela no 1483 pódese dicir que a paz e a orde quedaron restauradas en Galicia.
-
1474
Galicia e os reis católicos (parte 2)
Non se pode manter na actualidade a idea dun fenómeno de despoboación e
de repoboación na Gallaecia altomedieval froito da invasión musulmá.
Santiago convértese na cabeza espiritual do reino asturiano, non será até os reinados de Ramiro I e, fundamentalmente de Ordoño I (850-866) cando se profundena integración de Gallaecia no reino astur.
Polo que respecta á poboación a villa configúrase como o lugar de habitación e célula básica de
ordenación do territorio. -
1474
Galicia e os reis católicos (parte 3)
A economía caracterízase por unha agricultura moi primitiva e de baixos rendementos. Na paisaxe agraria dominaría as zonas non cultivadas sobre as cultivadas. Xunto aos cereais tería un grande peso o cultivo de árbores froiteiras (maceira) e o viñedo, que non para de expandirse.
O campesiñado era o grupo social maioritario na sociedade galega altomedieval. Atendendo a súa situación xurídica debemos diferenciar entre os campesiños libres ou inxenuos e os servi ou non libres. -
1474
Galicia e os reis católicos (parte 4)
O nomeamento de Afonso Reimúndez coma rei de Galicia , contra as pretensións de Afonso I o Batallador
A partir do s. XI, os monarcas van instaurar unhas novas demarcacións territoriais, os comitatus ou tenencias. Estas demarcacións van estar rexidas por membros da nobreza laica, que constitúen a elite da sociedade galega da época. Até o
s. XII a dignidade de conde, que parece ser foi vitalicia, recaeu en membros da familia Traba.