-
711
Chegada dos musulmáns á Península
Fin do reino visigodo. -
Period: 711 to 1037
A ALTA IDADE MEDIA
A sociedade altomedieval caracterízase pola presenza do campesiñado coma o grupo maioritario, mais moi heteroxéneo, conservando a existencia de servos; así como a presenza dunha aristocracia laica e dunha nobreza eclesiástica na que se vai apoiar a monarquía para impulsar o seu poder. -
813
Descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago
Convirte a Santiago no referente espiritual e ideolóxico do reinos cristiáns peninsulares. -
850
Integración no reino asturiano
Especialmente significativos os reinados de Ramiro I (842 - 850) e Ordoño I (850 - 866) -
Period: 1037 to 1284
A PLENA IDADE MEDIA
Etapa na que Galicia fixa a grandes trazos o territorio que conserva até a actualidade, que se cristalizará trala independencia de Portugal. Nestes séculos vanse producir unha serie de transformacións que van marcar a paisaxe galega até tempos moi recentes, o crecemento demográfico virá da man dunha intensificación da produción agrícola, así como dunha expansión da actividade comercial e artesanal. A nobreza eclesiástica configúrase coma a principal propietaria de terras en Galicia. -
Period: 1101 to 1200
Era Compostelá (S. XII)
-
1230
Unifiación coroas Castela e León e Galicia
Na persoa de Fernando III. Significa o afastamento de Galicia do primeiro plano político peninsular. -
Period: 1284 to 1474
A BAIXA IDADE MEDIA
Galicia entra no s. XIV cunha situación similar ao resto dos reinos da
monarquía, sumida en medio de conflitos xeneralizados. A segunda metade do século XIV vai vir marcada pola guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara. No século XV, os enfrontamentos continuarán e o poder da nobreza imporase sobre o dos reis. -
1467
Levantamento Irmandiño